Skip to main content

"Mantemento" de estradas.

Posted in

limpeza de estradas2007 - Hoxe incluímos na nosa páxina unha nova galería de imaxes. Denominámola, igual que este artigo, “mantemento de estradas”. Vai do “traballo” que algúns “esforzados” funcionarios do organismo oficial, encargado de limpar as marxes das estradas, están a facer con visión nula e boa vontade cero, no que respecta á conservación do medio natural.
Tiñan cortado tres pequenas carballas, en Listanco na estrada que vai de Barbantes a o Carballiño, fronte á saída das obras da autovía que foi feita recentemente con bandas para limitar a velocidade.

Foron advertidos, da mellor maneira posible, porque xa sabemos como algún paisano acostuma a interpretar calquera opinión que se lles da, de que as carballas non só dificultan a propagación do lume senón que, ademais, impiden que a maleza prolifere, e que sería mellor que limparan só a maleza e deixaran as carballas, con o que non só contribuían para deter os lumes senón que, tamén, aforraban traballo para vindeiros anos.

Parece ser que lles incomodou que os “molestaran” na hora do “bocata” e do cigarro e, en lugar de aprender o que e bo e malo para o medio ambiente seguindo o consello, decidiron facelo o peor posible. Arrasaron con todas as carballas que había no lugar, algunha con mais de douscentos anos,deixando o “bocado” que se pode ver nas imaxes, na magnífica carballeira que linda con a estrada. Eso si, as silvas e toxos que se poden ver nas imaxes 75, 78 e 86, deixáronas.

Parece que a cousa non foi a maiores porque o alcalde do lugar tamén pasou por alí e detivo a desfeita.

Cabe preguntarse a razón que de que, funcionarios públicos, con bos salarios e un posto de traballo fixo, cando hai tanta xente ben intencionada e desempregada disposta a facer o mesmo traballo ben, poden carrexar tanto resentimento,prepotencia e ganas de amolar no exercicio do seu labor diario.

Tentaremos que, quen corresponda, tome nota e poña alguén, con mais sentidiño, a dirixir e supervisar estas actuacións. Mesmo porque, din as malas linguas, que hai algún destes grupos que ofrece a leña a os veciños a cambio de algunha propina.