O noso apoio ao alcalde de A Veiga
Tagged:

28-11-2009 - Acábase de consumar a desfeita. Haberá que vixiar aos novos "administradoes", porque nos imaxinamos que non solo pretenden "recuperar" a feira da caza, hai intereses doutro tipo.

17-11-2009 - Lea aquí as declaracións do alcalde.  E reportaxe de VIEIROS.

17-11-2009 - ADEGA tamén apoia ao actual alcalde. 

15-11-2009 - Con motivo da noticia aparecida na prensa sobre a moción de censura, que se vai presentar no Concello de “A Veiga”, contra o alcalde (por "ecoloxista") que suprimiu unha festa de caza, este é o correo que enviamos ao actual alcalde Fernando Fernández, solidarizándonos coas súa postura progresista e ecolóxica, xa que, pensamos, é a maneira de valorizar, cara ao futuro, as nosas terras.
Os lugares que se manteñan sen “merdallas” de falso progreso, serán as que, en poucos anos, mais estean valoradas.

Este é o correo que lle mandamos:

O noso apoio na súa valente decisión de suprimir a feira de caza e substituíla por unha festa gastronómica.Tamén pensamos que certas empresas procuran "parques industriais" no rural para ter espacio barato e man de obra escrava e sen cualificación, porque non se pode transformar a tódolos labregos en profesionais especializados. O agro debe ser valorado como o que é: rural el productor de alimentos, desa maneira as fincas e as casas valerán cada día mais, mentres que cos parques industriais, barullentos e contaminadores, o que se fai é desvalorizar as propiedades de todos para que gañen uns poucos. Sobre todo os corruptos.
Un saúdo e o noso desexo de que, nas próximas eleccións, se valore as súas prioridades.

Na páxina web do Concello de A Veiga hai unha declaración de intencións do actual alcalde que dificilmente se atopa noutros concellos, sobre transparencia e participación veciñal. Destacan os seguintes méritos, dos que tamén poucos concellos poden presumir. Pódese ler neste enlace:

..."Fomos declarados Municipio Turístico Gallego en 2001.
Fomos galardoados co Premio BANDEIRA VERDE 2002 á mellor acción na conservación da biodiversidade.
Premio Agader 2003 ó embelecemento do medio rural galego, polo noso proxecto: “Rehabilitación de elementos arquitectónicos de carácter etnográfico e actividades tradicionais”.
Tenemos espazos na Rede Natura 2000. Somos lugar de importancia Comunitaria (LIC) e imos a ter unha zona ZEPA (Zona Especial de Protección para as Aves).
A Natureza é o noso principal patrimonio e temos por diante o reto apaixoante de protexela e promocionala, para convertirnos no Concello de referencia do rural galego, onde poidamos vivir na natureza e da natureza.
A través desta gran fiestra poderedes entrar no PARAÍSO PERDIDO que alguén dixo que estaba na VEIGA..."

Por algo será...e en poucos anos, estas cualificacións, van representar moita riqueza.