Skip to main content

CARBALLEDA DE AVIA - Almacén de Residuos Urbanos

Posted in

Como podemos comprobar últimamente, o rural galego, tras o seu abandono pola administración, agora é terreo propicio para todo tipo de agresións ecolóxicas.

O rural ven sendo a lixeira das cidades e das industrias. Na consideración das "autoridades", é o lugar a destruir ou utilizar para que pasen autovías, AVE, liñas de alta tensión, muiños de vento, gasoductos, empresas contaminantes, etc.

Todo o que sobra e estorba nas cidades lévano para o campo, contando con o apoio de alguns "opositores" ós "magníficos" postos de traballo e desenrolo que se vai crear no lugar. 

Se é así como pensan valorizar o medio rural imos apañados. Pensamos que cada cidadán, cada idustria, cada comunidade e cada cidade debe ser responsable dos refugallos que produce xá que ,doutra maneira, créase a falsa sensación de que estes desaparecen por ensalmo e isso xenera irresponsabilidade á hora de crear lixo.