Skip to main content

Programa Radio Arenteiro - Tiro ó pombiño

Posted in

100_0921[1] Nova fabulosa, solo falta que sexa verdade. Parece que o "Tiro ó Pombiño", en O Grove, vai rematar de vez.

No pasado ano sumabámonos ás protestas contra o "tiro ó Pombiño" que ano tras ano, para divertimento de catro señoritos, que non podían practicar este "deporte" no resto de Europa e de casi toda España, viñan a Galicia a saciar as suan ansias de sangue. Parece que vai rematar.

15.000 pombiños fusilados impunemente, sen oprtunidade algunha de fuxir e o que é pior, os milleiros deles que conseguían voar 50 ou 100 metros mais, con unha ala tocada, unha pata arrincada ou o pico destrozado, e que morrían lentamente nunha agonía dolorosa e solitaria en calquera cuneta.

Estivemos en O Grove protestando, como se pode ver na galería, en contra da matanza e en contra da inundación de chumbo nos humedais. Xa tiñan unha denuncia porque quixeron enganar a todos dicindo que irian utilizar munición "ecolóxica" e "pantallas" contra o chumbo. Era mentira.

Podes escoitar o programa de radio o bosque animado.