Skip to main content

TOUROS EN PONTEVEDRA - Outra Masacre

Posted in

Xá non é de hoxe, pero Pontevedra está a ser unha das poucas cidades que ainda ten catro "aficcionados" a sangue é a ver o maltrato e tortura de animais, pública e legal.  Ainda que cada vez mais contestada.

Esperamos que rematen en pouco tempo barbaridades como os "Campionatos de raposo" e "Tiro al vuelo" como os que se fixeron en Carballiño e na Toxa respectivamente. Pero o asunto dos touros é unha patoloxía que ten oríxens no centralismo de Madri.

Grandes interese e grandes gandeiros, que herdamos do franquismo, están a manter viva esta "tradición" como eles lles chaman, ainda que sexamos o escarnio do resto do mundo e cada día menos os que, neste País, se interesan por tal barbaridade totalmente minoritaria.

Matar un touro, toruturándo-o, sen posibilidade de defensa, asustado, fora do seu hábitat, rodeado de xente e encerrado nun lugar do que non pode fuxir é unha cobardía.

Asistir a todo eso é sintoma de sadismo. Unha persoa sensible non aguanta ver tanto sofrimento e tanta sangue sen vomitar. O sádico non somente non vomita, senon que se cree mais valente e disfruta con o sofrimento dos outros, eso sí, sentado nun banco detrás da barreira. Quen arrisca, se algo de risco hai nestes profisionais, son aqueles que din que "más cornadas dá el hambre".


Enlaces sobre o que se está a facer neste asunto:

www.geocities.com/gazapon/

www.ecologistasenaccion.org/article.php3