Skip to main content

A DESTRUCCIÓN DE GALICIA

Posted in

Autopistas a todos os lugares, AVE, gasoductos, liñas de alta tensión, muiños de vento en todas as montañas, minas a céo aberto, macropiscifactorías, adosados en primeira liña de praia, ladrillo por todos os lados, muiños de vento agora tamén no mar, recheos nas rías para facer empresas privadas,traen o lixo das cidades para o Ribeiro, etc.

Un desastre que arruina a maior riqueza que ten Galicia: A paisaxe. Pero que os gobernantes de turno nos venden como "progreso".

Todo para que as grandes empresas, as que eles serven, gañen, cada día, mais cartos, ainda que nós teñamos cada vez menos servizos, listas de espera enormes, enfermos nos corredores, falta de transporte público racional, os montes abandonados por falta de fondos, os vellos morrendo solos é abandonados nas aldeas,falta de asistencia social,de residencias da terceira idade, de garderías, falta de todo porque llo dán os ricos.

Porque as grandes empresas,non gañan cartos mirando o verde de Galicia e súas montañas, non, elas gañan quitando da nosa terra o mineral, o peixe, as árbores,a pedra, a pizarra, etc. e facendo autovías para levar esa riqueza pra fora, e para vender o noso litoral os ricos de Madri, e para que poñan seus yates en nosas costas e que veñan a Galicia unha chea de turistas comer tortilla,e que o poidan facer rápido e sen enxergar a Galicia de verdade porque van a 300 kilómetros por hora nun AVE que a nós non nos serve para nada.

A destrucción do rural e do noso medio ambiente, representan unha enorme fonte de ingresos e de medios, pero para o grande capital e as grandes empresas.

Con estas"infraestructuras", como eles lles chaman, nós solo temos molestias. Hoxe en día con estas obras que se están a facer, e no futuro con o ruído é a contaminación que producen as autoestradas, o AVE,a perda do noso mar e do noso litoral,das nosas montañas, etc.

Temos de aturar ademais a destrucción dos nosos lugares tradicionais, a apropiación do noso paisaxe das montañas,de que enchan o rural de postes e liñas de alta tensión,de plantas de tratamento de lixo, de aturar que os do Gas veñan botar herbicida por onde pasa o gasoducto,de que os das eléctricas arrasen as árbores para que non estorben ós cables,é de que boten á xente de súas casas, se non queren vender, para que chegue alí o progreso...

Ademais tiran polo medio e, para aforrar, cada vez que fan algo, destróen mais monte. A ninguén se lle ocorre que aproveiten por onde hai un tendido eléctrico que pase outro, ou por unha autovía,ou pola beira dunha estrada, etc. Non, para cada cousa un monte que se destróe.

Con tanto "crecemento económico" cada día teremos menos medio ambiente, mais contaminación, menos praias, mais ladrillo, menos peixe no mar, mais monte destruído, etc. Se como din os gobernantes de turno crecemos ó 4% anual, dentro de dez anos, que non é nada, un 40 por cento mais de todo o malo e un 40 por cento menos de medio ambiente.Eso sí haberá mais cartos ainda que non se coman.

Está claro que esto non pode continuar, e a única maneira que existe de que aumente a riqueza individual sen acabar con a Terra, é que haxa menos xente, con o que tocarán a mais bens cada un.

Pero o capital precisa "crecer", ter mais ventas, mais consumo, mais traballadores baratos,e así camiñamos para o abismo. Porque, non o esquezamos, é ele quen manda no mundo.