26/02/08 - Recente nova sobre os últimos estudos que falan dos problemas con os agrocombustibles.
-------------------------------------------------
OS COCHES TAMÉN MATAN DE FAME.
Sabemos que destróen o medio ambiente e a paisaxe, que matan a cotío traballadores a camiño do seu emprego por falta de transporte público, que matan por contaminación (lea), que acaban con a fauna por atropelos (estas mortes ó goberno non lle importan).
Agora tamén sabemos que nos van matar de fame, porque o aumento de precios por causa dos "biocombustibles" (que xá se está vendo que son unha peste mais) non está afectando só ó leite, tamén ós ovos, ó pan, ó azúcar, etc. (vexa interesante artigo aquí)
Nin que decir que as consecuencias no terceiro mundo son moito peores, porque aló é onde sementan mais xá que, a terra e a man de obra valen menos.
Moi mal ten que estar a cousa para que a prensa "oficial" comenze a falar do asunto.
Parece que habería que ir pensando en racionar os combustíbles, limitar o transporte individual, crear transporte público e acabar con o coche símbolo de "estatus", e a quen queira un coche para lucir, que o pague ó precio (medioambiental) que realmente costa. Ainda que estes asuntos requeren valentía e independencia dos poderes públicos para se enfrentar ós fabricantes, ás petroleiras, ás constructoras, etc. cousa que estamos moi lonxe de acadar...
