Skip to main content

MORTES NAS ESTRADAS - Hai moitos culpables

Posted in

As estradas matan, e matan 5000 persoas todos os anos.
Estamos cansos de escoitar que o motivo de que tanta xente morra ó volante é a imprudencia, a bebida,a velocidade,etc. Pois é moi posible que, ainda que en moitos casos iso sexa verdade, o maior responsable sexa quen nos acusa a nós.

Parece como se, quen ten a responsabilidade de determinar a moblidade dos cidadáns, ou sexa, os políticos ou mellor, os gobernos de turno,non tiveran responsabilidade algunha en tantas mortes como acontecen na estrada.Cando son eles os que nos obrigan a andar nelas.

O incomprensible é que as diversas asociacións de vítimas na estrada, nunca dirixan suas críticas e súas acusacións contra a responsabilidade destes persoeiros.

En todo o país, pero en Galicia particularmente, asistimos nos últimos anos a unha febre de construcción de autovías nunca antes vista. Decíannos que con elas melloraría o dato de mortes na estrada, tamén con o carnet por puntos, no entanto ese dato segue a ser enorme. A diferenza é que, algunhas grandes empresas, están a gañar moitos cartos. Cartiños que nos viñan moi ben para outras necesidades mais importantes que temos.

 

Somos o país de Europa con mais autoestradas, mais que a propia Alemaña, e con mais mortos nelas. Parece que a culpa, como din os gobernantes, é nosa. Pero non.

 

Nos países mais avanzados do mundo, os gobernos constroen transporte público e poñeno á disposición dos cidadáns. O transporte público básase, principalmente, na construcción de vías de tren de proximidades,en tranvías, autobuses e microbuses, que unen todos os recunchos do país, e pódese viaxar de un lugar a outro nese transporte.
Maiormente perdomina o tren que é o mais seguro, o de menor impacto medioambiental e o que menos contamina, sobre todo en países, como Suiza, onde as poboazós son pequenas e están moi diseminadas.Basta con se mover un pouco a pé ou en bicicleta e estaremos en unha estación de tren que nos levará a unha cidade, un aeroporto, ou a outra poboazón veciña.


Podemos ir diariamente ó noso traballo botando unha sesta, e chegaremos a él relaxados e seguros.

Aquí temos que coller o coche todos para ir a calquera lado. Básicamente porque non hai transporte público. Se hai un autobús é malo, chega fora de hora,ou non pasa por onde queremos, ademais de ser mais caro que o propio coche.

 

A falta de transporte público fai que todos sexamos "pilotos" obrigatoriamente. E o de pilotos vai con toda a intención.
Imaxinemos que chegamos ó aeroporto e nos mandan coller un avión e facer o viaxe pilotando nós. Evidentemente esto sería un desastre de morte e accidentes.

 

Pois iso é o que acontece cos coches.Calquera, e todos, somos obrigados a ser "pilotos". Xente que non ve ben, que non ten reflexos, que ten problemas de saúde, mentais, con o alcohol, "descerebrados" que conducen de maneira aloucada, etc. incluso hainos que non poden ter carnet de conducir e tamén lles venden uns coches, "sen carnet", para que se incorporen ó mercado do automóvil e "derivados" e teñan o dereito de, tamén, se matar na estrada. Eso sí deixando o correspondente lucro ó negócio.

 

Todos nos atopamos compartindo a estrada ainda que non queiramos, de maneira que, por simple aplicación do cálculo de probabilidaes, cando saen a estrada cinco millóns de coches, o normal é que se maten mais de cen persoas.A única maneira de que así non sexa, é evitando ó máximo o risco de conducir, o que significa transporte público seguro á disposición de quen o desexe, e para os que queiran levar o coche, que paguen os costes medioambientais que tal actitude ocasiona.

 

Pero claro, iso seria meterse con os que mandan no mundo: As grandes corporacións. O que o mismo, constructoras de autovías, o que significa tamén os Bancos, a indústria do petróleo, os fabricantes de automóveis,ITV`s, negócio das multas, concesionarias de autopistas de peaxe,etc. e eses son os que, polo poder económico que teñen, poñen e quitan gobernos para que estexan ó seu servizo