Skip to main content

ENVELENAMENTO DE CANS

Posted in

cadela morta con críaTerrible a noticia sobre a morte, por envelenamento, de mais de 16 cans en un tecor de Moaña, unha consecuencia mais dos problemas asociados á caza que acaban pagando os mais indefensos e menos culpables.
É un absurdo e un acto inxustificable e covarde que algún desalmado pague as súas diferencias, do tipo que sexan, vingándose nos seres mais nobres e leais que nos fan compaña, aínda que seus donos sexan da índole que sexan.
Sabemos que ningunha persoa con sensibilidade sería capaz de tan repugnante acto pero, en casos como este convén non perder de vista a problemática que da lugar a que noticias como esta e as que comentamos en artigos anteriores, orixinadas pola práctica do “deporte” da caza.


Pelexas entre socios de tecores, envexas na práctica da actividade cinexética, invasión de fincas privadas para uso de cazadores, problemas á hora de impedir que estraños circulen por propiedades privadas, danos nas propiedades, sentimento de inseguridade dos cidadáns pacíficos que frecuentan o monte, discriminación entre o trato dado as asociación de caza e o que receben os non cazadores, etc.Tampouco estaría de mais que desen oídos ás reformas, cada vez mais necesarias e urxentes, que propuxemos para a lei de caza e da orde de vedas é que aínda están pendentes. Como se ninguén cobrase para,a lo menos, telas en conta e estudialas.


Hora vai sendo de que as autoridades competentes estean ó día das inquedanzas e prioridades da cidadanía. Que comprendan que hoxe a matanza de animais por diversión está mal vista e de que o electoralismo ou os intereses económicos non poden prevalecer sobre a sensibilidade medioambiental do pobo.


Aínda que estamos seguros de que ningunha persoa de ben sería capaz de un acto desta índole, aproveitamos para recomendar a todas as persoas que teñan problemas con as actividades cinexéticas, ou as que se sintan prexudicadas pola caza, que lean atentamente a sección “información ó cidadán e leis” da nosa páxina, para se informar dos seus dereitos e da maneira que teñen para eliminar de súas propiedades esta molesta e cruel actividade. Esa é a maneira legal e mais efectiva de reivindicar os dereitos dos non cazadores.