Skip to main content

O LOBO EN PERIGO - Outra vez

Posted in

España, o país que presume de ter mais kilometros de Ave e de autopistas de toda Europa, agora vai permitir que se cace o lobo porque, polo visto, non hai cartos dabondo para indemnizar, con rapidez e como é debido, as catro ovellas que pode comer este animal emblemático ó cabo do ano.


Para empezar,habería que ver cal é o problema. Se hai moitos lobos ou, o que hai, é demasiada xente á que lle acaba estorbando a presencia do lobo porque, esta xente, se mete no seu espacio natural. De feito hai décadas había moitos mais lobos e, sen embargo, molestaban moito menos. Agora o que está pasando é que, en algúns lugares,  hai moitos, mentres en outros hai poucos. A razón é que as novas barreiras artificiais, sobre todo as autopistas e autovías, e a falta de pasos de fauna, están a impedir que se repartan de maneira uniforme. Isto ocasiona que, en certos lugares, e ante a imposibilidade de se desprazar a outros territorios por causa destas barreiras, acaba habendo exceso de individuos,e en consecuencia de alimento, o que ocasiona os ataques ó gando. O contrapunto está na ausencia total deste cánido en outros territorios.


Aproveitando o tema había que preguntar a os responsables da supervisión e impacto ambiental das nosas infraestructuras, onde están os pasos de fauna. Repito pasos de fauna, non pasarelas de peóns que figuran como pasos de fauna, ou túneles de estradas secundarias por baixo de autovías, etc. Parece pouco ariscado asegurar que non se constrúe ningún, a pesar do imprescindible e fundamental de súa utilidade. Morren atropelados 35 millóns de animais a o ano en España, pero non se ve ningún paso específico para fauna. Un paso debe ser un lugar construído en zona totalmente silvestre, lonxe da presencia humana, con ancho suficiente, uns 20 metros, con vexetación no solo e con proteccións laterais cerradas totalmente que impidan a caída ou o acceso dos animais fora do paso. Se alguén coñece algún que diga onde está.


Continuando con o lobo, pensamos que a primeira providencia que habería que tomar, nun país serio en temas de medio ambiente, sería o traslado de parellas e individuos a outros lugares para que os colonicen e combatan o exceso de  presas destes animais, como é o xabarí, que acaban causando problemas por causa da falta de lobos.


Tamén existen países en Europa que non teñen a sorte de contar, no seu medio natural, con este emblemático animal e ben que estarían dispostos a introducilo na lista de especies do seu entorno.
Tamén existe a posibilidade de controlar o seu número por medio da esterilización de algúns e a cría controlada por zoólogos e biólogos. O medio menos recomendado será sempre a caza. A primeira razón e o seu carácter indiscriminado e cruel, pero hai outras.


Sabemos que hai unha grande falta de pezas de caza e hai moitos practicantes desta cruel actividade que están dispostos a buscar víctimas onde sexa. Se a caza se establece como actividade de control vai xerar a lo menos dous problemas novos, o pirmeiro o control da propia caza, e o segundo, no caso de que se estime un día a conveniencia de detela, levar a cabo esta prohibición outra vez, vistas as dificultades e presións que hai sempre que se trata de protexer algunha especie para que non sexa cazada.


Pensamos que debería comezar, desde xa, unha mobilización en todo o país para tentar deter esta nova desfeita contra un animal emblemático e senlleiro do noso territorio. Pensamos que hai cartos de sobra, que se gastan alegremente en barbaridades arquitectónicas, obras faraónicas, feiras universais ou complementos de altos cargos, como para que non nos poidamos permitir, neste país, a conservación e protección total do Lobo Ibérico.