Skip to main content

"POLITICA TERRITORIAL"

Posted in

Infraestructuras...Aí está a noticia/publicidade, “sen complexos”, de política territorial para os investimentos futuros en Vigo. Hai que pensar en cómo interpretala.
Nin un só kilómetro de tren de cercanías. Seguir enchendo Vigo de cemento e chapapote, seguir aumentando a emisión de gases de efecto invernadoiro, seguir promocionando e incentivando o uso do vehículo privado, seguir  destruíndo o territorio, seguir acabando con a calidade de vida dos veciños e, sobre todo, seguir contribuíndo ás mortes nas estradas.
Alguén vai gañar moitos cartos á conta diso.
Solo cabería preguntarnos se realmente é iso o que queren os cidadáns, se son eles que pensan que é iso o que queremos, ou se tratan de tapar o sol con unha peneira e, sabendo que o sabemos, métennos á forza o que a eles lles interesa.

AdjuntoTamaño
Politica Territorial IMAXE.doc430 KB