Skip to main content

REDONDELA - (E Mos, e Vigo, e Ourense e...)

Posted in

E veña autopistas...No noso apoio á loita contra a autovía por Redondela, temos que dicir que, posiblemente, nunca antes houbo tal espolio dos recursos xerados polos traballadores en beneficio das grandes empresas do País, posiblemente, nunca antes houbo tal destrucción do noso medio para construír chapa e chapapote, nunca antes o transporte colectivo seguro, de baixo impacto paisaxístico e pouco contaminante estivo tan abandonado sendo tan necesario, nunca antes a subordinación do poder político a o poder económico foi tan evidente en prexuízo dos intereses do pobo, nunca antes serviron con tal empeño a o grande capital mentres nos venden o favor de nos estar dando “progreso”.


Posiblemente nunca antes os partidos de “dereita” se radicalizaron tanto para permitir a os partidos “progresistas” levar a cabo tanta desfeita.


Venderon os nosos ríos e os nosos montes ás eléctricas, o noso territorio ás constructoras, o noso litoral a empresas de peixe plano estranxeiras, as nosos praias as inmobiliarias, as nosas vidas á industria do automóbil e do petróleo. Somos os danos colaterais: 3000 mortos por ano nas estradas, 15.000 mortos por enfermidades respiratorias, o territorio cheo de “infraestructuras”, os nosos cartos nas mans das multinacionais e os nosos carentes morrendo de frío. Os nosos doentes con listas de espera de meses, os nosos servicios sociais os peores de Europa, os nosos salarios os mais baixos e os nosos mortos no traballo os primeiros das listas. Pero somos os primeiros en quilómetros de autopistas e de AVE.

O nosos ríos...Os nosos ríos son, dende o seu mesmo nascente, a cloaca onde verten os depósitos que colocaron no final das "redes de alcantarillado" que puxeron en todas as vilas de Galicia. Están todos mortos.

Non son incompetentes: Saben moi ben o que fan.

http://www.matarpormatarnon.org/node/269 (Morrer no Camiño)
http://www.matarpormatarnon.org/node/309 (Política Territorial)
http://www.matarpormatarnon.org/node/305 (Maraña de viaductos)
http://www.matarpormatarnon.org/node/276 (Solucións “intelixentes”)
http://www.matarpormatarnon.org/node/273 (Moito luxo e pouco pan)
http://www.matarpormatarnon.org/node/241 (Reincidindo no ¿erro?)
http://www.matarpormatarnon.org/node/246 (Maside I) http://www.matarpormatarnon.org/node/286 (Maside II)

O caso de Maside é paradigmático. Hai poucos días saíu na prensa a noticia das posibles e xa previstas, irregularidades na construcción, durante o goberno anterior, de un campo de golf no “Puzo do Lago”. Como en casos similares de edificios en Vigo, xa se está falando das indemnizacións a que terían dereito os constructores e da posibilidade de legalizalo para evitar o gasto.


Nun país serio os supostos delincuentes irían á cadea despois de unha investigación dos posibles delictos de asociación para delinquir, tamén habería a posibilidade de que respondera, penalmente e con os seus bens, quen puidera ter dado licencias ilegais. Aquí xa sabemos, por experiencia, que non acostuma acontecer tal cousa. A final de contas unha man lava á outra e mais día menos día, e no mesmo lugar, alguén vai precisar recalificar terreos rústicos para facer urbanizacións e “hoxe por ti amañan por min”...