NOVAS SIGNIFICATIVAS…
Tagged:

estorballes...Hai novas que parecen sen importancia pero, en algúns anos, podemos sentir non ter reparado nelas.
No “Campionato Galego de caza menor con can” realizada no Irixo, di a Federación Galega de Caza, que o “campión” matou UNHA PERDIZ” igual que o segundo.Canto a o terceiro matou unha arcea, os demais postos foron adxudicados “por sorteo”.

Esto dá unha idea da “abundancia” de fauna silvestre que hai hoxe en día en Galicia porque o Irixo non se pode dicir que sexa un lugar excesivamente degradado.


Paralelamente, a mesma federación, en un acto de irresponsabilidade extrema, ten programados, algúns xa se realizaron, unha ducia de “Campionatos de caza de raposo”. Din que hai moitos.
Se non hai coellos nin perdices,deberían explicar cómo é posible que haxa moitos raposos, tendo en conta que son precisamente perdices e coellos o que debería ser a súa alimentación.


As poboación de raposo se auto regulan en función do alimento que existe. Cando este escasea o raposo evita de se reproducir. De feito nunca houbo un exceso do poboación deste animal, nin cando o coello e a perdiz abundaban, porque sempre estivo en función do alimento que había . A natureza é sabia.


Fan campionatos de raposo porque no monte xa non hai mais nada que matar e o conto da abundancia deste animal é solo unha desculpa e por ese camiño van acabar tamén con o raposo.
Que agora hai poucos raposos é fácil de comprobar por medio da simple observación entre os que se vían hai algúns anos, simplemente circulando de noite por estradas e camiños, e os que se ven agora.


A causa fundamental é a falta de alimento (seca, destrucción do medio, exceso de caza,..), polo que, a caza excesiva deste animal, sobre todo en forma de “campionatos” (matanzas organizadas) vai causar unha merma tráxica na xa escasa poboación que resta.


Os das escopetas non queren entender que, se un ano non hai coellos, débese agardar a que outro ano sexa propicio, o que non se pode facer, nin con o raposo, nin con o coello é ir buscar os poucos que hai no último recuncho abrindo pistas e facendo “clareiras” para acabar de rematar con todos.


O raposo tamén regula a cantidade de gatos que se asilvestran, cando se elimina, os gatos proliferan e, ademais, teñen a vantaxe de que soben ás árbores acabando con outro tipo de fauna como son os pombos e demais aves.

PROGRAMA DE MATANZAS DE RAPOSO DA FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA:

CAMPIONATOS DE RAPOSO EN GALICIA:

[ 12 Octubre 2007 ] Campionato de Caza de Raposo Zona Sur Lugo
Lugar: Zona Sur Lugo

Modalidade: Raposo

[ 1 Decembro 2007 ] II Liga Popular de Caza do Raposo
Lugar: 1ª Xornada - O Incio (Lugo)

Modalidade: Raposo

[ 15 Decembro 2007 ] II Liga Popular de Caza do Raposo
Lugar: 2ª Xornada - Saviñao-Escairón (Lugo)

Modalidade: Raposo

[ 29 Decembro 2007 ] II Liga Popular de Caza do Raposo
Lugar: 3ª Xornada - Neira de Rei (Lugo)

Modalidade: Raposo

[ 5 Xaneiro 2008 ] II Liga Popular de Caza do Raposo
Lugar: 4ª Xornada - Santa Bárbara Láncara (Lugo)

Modalidade: Raposo

12 Xaneiro 2008 ] Campionato Provincial de Lugo de Caza de Raposo
Lugar:

Modalidade: Raposo

 

[ 12 Xaneiro 2008 ] Campionato Provincial de Ourense de Caza de Raposo
Lugar:

Modalidade: Raposo

 

[12 Xaneiro 2008 ] Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Raposo
Lugar:

Modalidade: Raposo

[19 Xaneiro 2008 ] Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Raposo
Lugar:

Modalidade: Raposo

26 Xaneiro 2008 - III Trofeo Galaico Portugués de San Huberto
Lugar: Macedo de Cavaleiros (Portugal)Modalidade: Raposo

 

[ 27 Xaneiro 2008 ] Campionato Galego de Caza de Raposo
Lugar:
Modalidade: Raposo

Pablo

Engadir información biolóxica falsa non axuda á nosa causa. O raposo é un predador oportunista e, por tanto, non é sensible á falta de coellos e pequenas aves (rara vez a súa presa). Pola contra, o gato bravo, de moito maior valor ecolóxico, si pode prexudicar a estas aves, pero ataca moitas especies, sobre todo pequenas, de maneira que se minimizan os danos. Pero o raposo, por moi oportunista que sexa, segue a ser un predador, polo que a súa reprodución é relativamente lenta e custaralle recuperarse destas crueis matanzas, facendo que prede e compita menos coas ratas perto das cidades, etc. O ecosistema non é sabio nin trivial, o que si é trivial son os efectos destas burradas de matanzas: aumento de oportunistas mamíferos (gatos domésticos, cans asilvestrados, ratas, visóns,...) e aves (pardais, estorniños, gaivotas,...).

Raposo

Pablo agradecemos o teu comentario e parcenos ben fundado. Solo dicir que como todos, podemos cometer algún erro, que non falsidade o que implicaría dolo e como debes supor, nunca sería a nosa intención. Se non me engano parece que dicimos que precisamente a falta do raposo facilita a proliferación do gato que (xunto con a ardilla) predan os niños. En todo caso estamos abertos e agradecemos calquera colaboración de persoas que teñen formación mais intensa en calquera asunto, non podemos saber todo de todo, e nese senso podes enviar calquera comentario a esta páxina ou, se queres publicar algún artigo de mais contido, comunícate con nós a través do correo ( matarpormatarnon@yahoo.es).

Un saúdo.

Agradecido a vós

A verdade é que en conxunto estádelo a facer ben. Só boto en falta (igual non o atopei eu) que ofrezades máis información sobre a evolución da cantidade de raposo cazado nos últimos anos. Estou bastante impresionado pola información gráfica e de actualidade que ofrecedes. Non tiña nin idea que a escala fose tan grande. Antóllaseme bastante preocupante para o equilibrio dos ecosistemas.
Un saúdo, Pablo.