Skip to main content

Biocombustibles e fame

Posted in

29/05/08 - Tódalas novas apuntan que hai que deixar de utilizar, e promover ,o coche particular, para que o mundo non morra de fame (e contaminación). Pero as nosas "autoridades" seguen con a fixación das autopistas e esquecen o transporte público. Hai que "crecer", acabar con todo, e que as constructoras sigan gañando cartos.

Xa o denunciamos hai tempo e, como dicimos sempre, gustaríanos non ter acertado pero, infelizmente, tamén se cumpriron as mais pesimistas prediccións. Fame no mundo por culpa dos “bio combustibles”.


Non é novidade que as oligarquías nacionais, sobre todo no terceiro mundo, prefiren plantar productos que se exportan ó primeiro mundo, e os paga mellor, que plantar alimentos para a súa poboación que, a esa oligarquía, pouco lle importa se comparado con a posibilidade de gañar cartos.


Tal premisa é a que, dende hai séculos, ocasionou que países ricos como Brasil, teñan ó seu pobo pasando necesidades, cando se poden plantar colleitas todo los días do ano e unha detrás de outra. Sempre é primavera.

Pero non, prefiren plantar café, cacao ou soia, para exportar ós países ricos, que lles pagan mellor que os seus paisanos carentes. Aínda así, algo se plantaba para alimentos.


Agora, con a moda de utilizar os graos de millo, trigo ou o que sexa, para facer “combustible”, e tendo en conta os prezos que acadaron os combustibles convencionais derivados do petróleo, élles mais rendible vender eses productos, que antes se dedicaban á alimentación, para as fábricas de “bio carburantes”.


Por outra banda, a liberalización do movemento de capitais, está a incentivar a especulación con eses productos, así como o seu almacenamento, para conseguir prezos mais vantaxosos por eles.


É curioso que, os responsables da desfeita, estean agora a se laiar do problema que eles mesmos crearon e a facilitar a súa continuidade mediante as axudas que os Bancos centrais de USA e a UE, así como os bancos centrais dos países ricos, están a dar ós que se entramparon en outras “aventuras” financeiras, como foi ocaso recente da crise inmobiliaria, e antes das punto com.


Bancos e empresas que sempre defenderon a non intervención estatal e a liberdade de mercado, non dubidan agora en esixir axudas ó “pai” Estado que, mediante os nosos cartos, está a sacalas do apuro.
Privatización de beneficios,socialización de perdas e fame.