"Matar por matar,NON", xunto con outras asociacións locais e rexionais, presentamos sendas denuncias contra a empresa Urbaser,
na Delegación de Medio Ambiente de Pontevedra e no Concello de Redondela porque, supostamente e según documentación que se nos remitiu, esta empresa está a recoller os cadaveres dos animais atropelados mesturados con os RSU.
Nas imaxes podese ver o cadaver do pastor alemán, que apareceu nunha cuneta, e que foi tirado na tolva do camión, xunto con os
demais residuos.
Tamén recibimos denuncias de veciños de Vigo onde, o que parece, esta práctica por parte das empresas concesionarias da recollida do lixo, está
sendo habitual.
Como este comportamento estaría violando a lei e as condicións da concesión, estamos agardando as medidas das institucións responsables.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Urbaser1-T.doc | 189.5 KB |
| UrbaserC-T.doc | 183.5 KB |
