Skip to main content

Exterminio de cans na Medela

03-03-2009 - O cans acollidos na canceira da Medela están sendo exterminados. (Vexa o vídeo aquí).
Non sabemos si intencionalmente ou non, si é por non levar traballo ou por falta de iniciativa, si se fai para xustificar outras posturas ou por falta de atendemento, si é para non ter que alimentalos ou por simple accidente, si é co coñecemento dos responsables ou por falta de unha mínima supervisión.


Os motivos non os sabemos pero, na canceira do Carballiño, desapareceron ducias de cans. Calculamos que por volta de un cento deles, había case 300 e hai puco mais de 100.
Na verdade, non desapareceron, sabemos perfectamente onde se atopan, porque o vimos.


Cando decidimos dar un tempo, para “non entorpecer” as medidas que se ían tomar, había un foso de enterramento onde se botaban os animais que ían morrendo por diversos motivos. Algúns por pelexas nos fins de semana, cando pasaban tres días sen comer, e outros por morte natural ou doenza. Podería ser que morrera un can por semana.


No día de onte atopámonos con que había tres fosas de enterramento cheas e cubertas con terra, e outra mais aberta, case chea e con ducias de cans mortos recentemente. Moitos deles con graves feridas por pelexas.


Non eran cans que morreron hai un par de semanas e xa se atoparían en estado de descomposición, non, eran animais que morreran hai pouco tempo, algún deles aínda co sangue fresco. Incluso había algún can morto aínda sen retirar da gaiola.


Xa foramos avisados de que os cans non tiñan atendemento veterinario. Un servicio que, por outra banda, lle saía gratis á canceira, mediante un acordo con unha acreditada clínica veterinaria.
Tamén de que non se estaban recollendo cans, que sempre foron recollidos polos propios traballadores da canceira.


Faláronnos de que solo se atendía a canceira polas mañás, cando ese problema xa estaba resolto con un traballador contratado a horario partido.


Que non se atendia ós animais os fins de semana, cando eso estaba arranxado co cambio do día libre de un dos traballadores, e por turnos, do domingo para o xoves ou outro día da semana.


Sabíamos que había ordes de “non gastar nada” cos cans, aínda que se segue a recibir a comida gratis de Coren.


A pesares de todo o que sabíamos, onte, cando subimos á canceira para levar algúns compañeiros que a querían ver, nunca esperabamos atoparnos coa macabra imaxe de fosos cheos de cans mortos e gaiolas baleiras.

Cando sempre estabamos co problema de colocar os cans, pola falta de espacio e a precaución de que non houbera pelexas ente eles, agora resulta que hai moitas destas gaiolas totalmente baleiras. Cantas, non o puidemos saber, porque seca hai ordes de que non entre ninguén, pero as cinco primeiras do lado dereito están pulcras de limpas e... sen can algún dentro.


Semella que se atopou o modo mais radical de resolver os problemas da canceira, para non ter que gastar cartos, non ter que comprar penso, non ter que limpar, nin ter que procurar quen queira ir traballar nun lugar sen servicios e inhóspito, para que os traballadores se poidan ir ás 12 da mañá para a casa,  para que non teñan que facer nada, etc.


Tampouco hai que gastar cartos pagando os servicios de recollida de animais mortos, nin ter que arranxar a instalación eléctrica, que segue sen funcionar e en consecuencia tampouco funciona o frigorífico grande, onde se podería almacenar comida, nin un conxelador pequeno, no que se poderían almacenar os cans mortos pendentes de recollida.


Eso si, o teito do polideportivo, e a piscina, van quedar “preciosos” cos 2 millóns e medio de euros e así, igual lle poden botar a culpa a quen se moveu para mellorar a vida dos animais.


Hasta ese punto podería chegar a maldade humana e, polo si e polo non, presentouse a correspondente denuncia.