Skip to main content

In Memoriam

06-03-2009 - Foron moitas as veces que quixemos dedicarvos estas liñas e outras tantas as que tivemos que deixalo porque se nos anubraba a vista e non podiamos continuar.


Para algúns erades un estorbo, lixo que afeaba as rúas, algo politicamente incorrecto e que había que sacar da vista dos votantes.


Pero nos sabemos que erades moito mais que iso. Erades uns bos amigos, que agradeciades a pouca atención que vos podíamos dedicar, aquela caricia lixeira por  falta de tempo e pensando que xa habería outro momento, as poucas horas en que vos podíamos sacar das escuras gaiolas para que tomarades algo de sol, e a ledicia que ruidosamente faciades escoitar cando presentiades a nosa chegada.


Erades esa fonte de lealdade, agradecemento e amizade sincera, multiplicada por vinte, que tamén nos dan os nosos cinco compañeiros que tiveron unha sorte ben diferente da vosa e comparten a nosa casa.


Vos tivestes alguén que non soubo ver o  que lles diciades cos vosos expresivos ollos, e tampouco tiñan o corazón suficiente para saber que non merecían a vosa compañía. Deixouvos abandonados.


Nos desexabamos que, en pouco tempo, atoparades alguén que vos merecera, que vos devolvera unha parte do que vos sodes capaces de regalar e a especie humana non, que vos fixera esquecer un pouco do sofremento que alguén vos ocasionou e vos nunca fostes capaces de entender porque tampouco sodes capaces de o facer. Pero vida é así de cruel e,  esa persoa, non so non apareceu, senón que pagastes coa vosa vida a insensibilidade da nosa especie.


Agora solo desexamos que a vosa cruel morte non teña sido en van e que sirva para que, os que veñan despois de vos, teñan un destino menos inhumano.


Gracias polos días que pasamos xuntos e perdoade o pouco tempo que vos puidemos dedicar e a nosa torpeza para evitar ese destino cruel que tivestes.

Enviar un comentario nuevo

El contenido de este campo se mantiene como privado y no se muestra públicamente.
CAPTCHA
Copie la imagen o letras en el recuadro antes de enviar
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.