Skip to main content

Filosofia da asociación

 

Matar por Matar NON, xurdiu como un colectivo cívico co gallo da celebración de diversos campionatos de “caza de raposo”, en diversos lugares da nosa comunidade, mediante os que se pretendía, e pretende, facer desta actividade cruel e depredadora unha actividade “deportiva” na cal o gañador é quen mate mais animais...

A este movemento cívico uníronse e deron apoio, outros colectivos ecoloxistas, sociais e científicos que, co gallo da celebración do IV campionato nacional de caza de raposo o día 18 de febreiro de 2007, no Carballiño, xuntamos mais de 200 voluntarios, procedentes de todo o Estado para saír o monte e tratar de salvar o maior número posible de raposos.

Estivemos presentes onde operaban diversas cuadrillas de “cazadores” e mediante a utilización de aparellos para facer ruído e mesmo con gritos, alertamos ás posibles víctimas, do perigo de os agochaba.

Como resultado destas actividade e mais a lectura atenta da actual Ley de Caza de Galicia e mais das súas modificacións e regulamentos, así como da orden anual de vedas, puidemos comprobar os múltiples abusos que, en nome da caza, se veñen producindo contra os animais, o medio ambiente e os cidadáns que se ven imposibilitados de disfrutar con tranquilidade dos espacios naturais, sen riscos para a súa integridade..

O movemento segue e pretendemos:

Que se regule adecuadamente a caza para que sexa compatible con a conservación da natureza e a utilización pacífica do monte.

Que deixe de ser un causa mais de depredación de especies e degradación da natureza

Que deixe de considerarse un deporte xa que vai contra todos os saudábeis principios que o deporte trata de promover.

Que a súa practica sexa limitada no espacio e no tempo para que os visitantes pacíficos da natureza tamén poidamos saír ó monte sen perigo.

Enviar un comentario nuevo

El contenido de este campo se mantiene como privado y no se muestra públicamente.
CAPTCHA
Copie la imagen o letras en el recuadro antes de enviar
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.