Skip to main content

O timo do AVE

Posted in

11-08-2009 - O que mal comeza mal acaba.
O flamante e carísimo AVE, que vai de Madrid a Sevilla, queda fora de servicio debido ás choivas en Toledo, que causaron o derrube de ladeiras e a inundación das vías.


Non é de estrañar tendo en conta que, o que se pagou, foi moito, pero o que fixeron os “listos” que construíron o monstro, vale moito menos que os cartos que cobraron.


E todo para gañar mais. Estamos cansos de denuncialo e a sorte foi que non morrera ninguén, cousa que, cos continuos derrubes que xa ten habido, é case un milagre que aínda non acontecera unha desgracia.


Tapan a orografía para levar menos traballo e gañar mais cartos. Non deixan pasos para as persoas e menos aínda para os animais. Solo queren acabar pronto, cobrar moito e facer demagoxia cos resultados deses cartos malgastados.


Pero a auga non entende de barreiras. Pouco a pouco irá tirando con tódalas barbaridades, ladeiras, terrapléns e obstáculos anti naturais, que estes demagogos están deixando no seu camiño e colocando as cousas no seu lugar.


O peor do caso e que Renfe di que a culpa é dos elementos naturais e da meteoroloxía, e que non paga os atrasos. Así, con toda a cara dura do mundo, como se eles non foran responsables de colocar unha desfeita desa envergadura no camiño da auga,  sen respectar as leis naturais e alterando o que a natureza fixo, de maneira estable, en millóns de anos.


As empresas constructoras, con enorme poder sobre as decisións dos gobernantes, atoparon un sistema, altamente eficaz, para levar a cabo esas “infraestructuras” co mínimo traballo posible, empregar cantos menos traballadores mellor, así como aforrar en proxectos de enxeñaría, man de obra cualificada, etc.


Con tal sistema o aforro de cartos é monstruoso, aínda que o remate da obra ten un enorme impacto medio ambiental e paisaxístico, así como serias implicacións na seguridade dos usuarios.
Trátase, nin mais nin menos e como xa foi dito, de retirar enormes cantidades de terra das ladeiras e montes que se atopan no trazado da autoestrada, tamén no caso do AVE pero menos, e levar esa terra para encher os vales que tamén están nese trazado.


Como se pode observar nos artigos que trataron deste asunto, non hai gastos en proxectos para túneles, viaductos, etc. moito menos ter que empregar traballadores cualificados como encofradores e outros, que leven a cabo este tipo de construcción, pensadas e utilizadas desde sempre, para salvar os accidentes xeográficos.


O traballo limítase a contratar algúns camións e grandes escavadoras que retiran a terra de un lugar onde , conforme o seu proxecto, sobra, e levala para onde compre.


Hai lugares onde se fixeron trincheiras solo para sacar terra coa que levantar un terraplén que debería salvar un vale. Vale que acaba tapado por ese terraplén.


O perigo, como denunciamos noutros artigos é que, autovías recen estreadas, como a de Ourense a Santiago, xa nacen co risco de desprendementos, debido á altura e inestabilidade das enormes ladeiras que quedan aos lados da calzada.


Para cando a xente abra os ollos, os actuais políticos xa estarán xubilados e os constructores que levaron os cartos por facer obras de mala calidade, fora do alcance da lei  ou coa desfeita “regularizada” mediante un acordo urbanístico ou de outro tipo.


Teremos que pagar, outra vez, para colocar túneles e viaductos que permitan a permeabilidade destas chapuzas.

Mais información sobre o asunto:

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=89940

A quen beneficia o AVE

http://matarpormatarnon.org/node/862
O Timo da autovía

http://matarpormatarnon.org/node/815
Autovías mal feitas

http://matarpormatarnon.org/node/535
A inmoralidade das constructoras de autovías

http://matarpormatarnon.org/node/497
Destrucción e cobiza

Enviar un comentario nuevo

El contenido de este campo se mantiene como privado y no se muestra públicamente.
CAPTCHA
Copie la imagen o letras en el recuadro antes de enviar
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.