Skip to main content

Modificacion da lei de caza

A finales del año 2013 el gobierno del PP, con mayoría absoluta, decidió cambiar la ley de caza (iniciativa que, como siempre, los partidos progresistas nunca se atrevieron a tomar) y como era de suponer, en la nueva norma no tuvo el mínimo reparo en atender todas y cada una de las temerariaias y peligrosas reivindicaciones dela Federación Galega de Caza. Mientras, los sensatas, progresistas y benéficas propuestas, tanto para la seguridad de terceros, como para el medio ambiente y para al fauna, presentadas por los grupos ecologistas a través de los diversos grupos de la oposición fueron rechazados en su totalidad.

Resumimos la serie de artículos con los cuales hemos acompañado la tramitación de la nueva ley de caza de Galicia:

 

http://matarpormatarnon.org/search/node/nueva%20ley%20%20caza

 

 

Lo que seimpre hemos defendido que se inclyuera en una modificación de la ley de caza. Infleizmente la modificación se llevó a cabo por un partido con ideas reaccionarias en el mismo momento que obtuvo la mayoría absoluta. Cosa que los partidos de "izquierda" nunca tuvieron el coraje de siquiera intentar, suponemos que por el miedo a perde unos votos del conjunto de cazadores que, estamos convencidos, nunca les han votado:

_ Queremos un cambio na lei de caza e na Orden de Vedas, para que se acabe cos abusos da caza e co poder que ten o lobby dos cazadores nas Consellerías, sobre todo na de Medio Rural da que depende.

_ Cambios para que sexan tidos en conta, por parte dos políticos, os sentimentos das persoas que consideramos aos animais seres que tamén sofren e deben ser respectados, e non son cousas que se matan para divertimento duns poucos. NÓS TAMÉN VOTAMOS.

_ Tamén queremos ese cambio para que os propietarios de fincas non vexan usurpados os seus dereitos durante décadas, por señores que van cazar e pisotear as súas fincas, tirar os muros, etc. de balde.

_Este cambio deberá ter en conta os dereitos das persoas que van ao monte pacificamente e que son coaccionados e postos en perigo por aqueles que andan dando tiros e que poden causar un accidente, como de feito xa ten acontecido. Para que o monte sexa para o lecer de todos.

 

_¿Qué cambios consideramos que deben ser introducidos na lei de caza?.

 

1_ Respecto aos dereitos dos propietarios de terras.

_ Esixir que os organizadores de cotos ou “tecores”, teñan a autorización expresa dos donos de tódalas fincas afectadas polo terreo de caza que pretendan solicitar. Un respecto absoluto ao dereito de propiedade.

_ Que se proceda a unha auditoría detallada de todos os “tecores” con verificación de outorgamento de dereitos cinexéticos, da súa actualización e vixencia, así como da comprobación dos porcentaxes de propietarios que outorgaron os dereitos de maneira explícita. Sabemos que a maioría non cumplen cos requisitos que manda a lei. 

_Que estas autorizacións expresas sexan renovadas cando caduquen as anteriores, con aviso escrito e certificado aos propietarios, xa que os terreos poden ter cambiado de dono ou o interesado ignorar que caducou a concesión e a autorización. Nulidade total das renovacións automáticas de cotos e “tecores”, e das concesións de dereitos cinexéticos.

_Que se informe obrigatoriamente, aos donos de fincas, do dereito que teñen de cobrar por conceder eses dereitos de caza.

1-b  Da riqueza para o rural:

_ Cada Tecor destinará alo menos 200€ anuais por cada socio e 10€ anuais por cada hectárea para formar un fondo de compensación destinado aos propietarios de terras e agricultores. Socios con tierras recibirán diñero de volta como propietarios.

_ Haberá unha comisión de propietarios, non cazadores, de alo menos 2 por concello, para xestionar os fondos derivados do Tecor. Esta comisión poderá delegarse nas asociacións de veciños.

Este fondo funcionará ao marxe do outro que visa compensar os “danos” da fauna, os cais son aboados pola administración. Este fondo destinase a compartir a riqueza que xera a caza, entre as xentes do rural, seu destino e compensalos pola alimentación diaria e normal da fauna, sen considerar os danos, así como pola utilización das suas terras.

También poderán destinalo a crear “plantacions disuasorias” para que os animaís se alimenten nelas e non danen os cultivos.

Este tipo de plantacións deberían ser realizadas polos Tecores, pero para eles a situación actual e moi cómoda xa que os animais que eles cazan, e levan para a casa gratis, alimentanse do esforzo e das propiedades das xentes do rural, mentres que os danos pagaos a administración, motivos polos que non se preocupan en crear este tipo de plantacións.

 

2_ Períodos de caza claros.

_Que o período de caza se limite os meses de novembro e decembro, sen excepcións e con prohibición total de practicas cinexéticas, de calquera tipo, fora deses meses, unha vez que este tipo de "vedas parciais" nunca son selectivas e inevitablemente afectan as demais especies e aos demais cidadáns.

_ Non se deberá permitir a caza os xoves porque hay labradores no monte, nin aos domingos porque o monte é frecuentado por outro tipo de persoas como senderistas, micólogos, etc. Deberíase permitir a caza únicamente aos sábados. A merma de especies tampouco soporta tanta caza nen tantos cazadores.

_Pensamos que a caza debe limitarse a unha época do ano ben definida (novembro e decembro) na que todos saibamos cando é, e non que nos atopemos con batidas, ganchos ou o que sexa, de sorpresa, e fora da época normal de caza.

_Estas batidas son as que máis accidentes causan entre persoas alleas á caza e que non saben nada da batida.

_Tamén acontece que as batidas fora de tempada, facilitan que certos desaprensivos con licencia de caza aproveiten a batida para cazar outros animais que se poñan por diante.

_As batidas fora da tempada,tamén rompen o sosego necesario para que os animais críen con tranquilidade os seus fillos.

_Esixencia de que os organizadores de batidas avisen, os veciños, das batidas que se van realizar, sempre que estas sexan fora dos días normais de caza.

 

3_ Limitar os días de caza aos sábados de cada semana.

_ Os domingos e festivos, que agora tamén son hábiles para a caza, son días nos que outras persoas tamén van ao monte, pacificamente, e sen risco para terceiros, a gozar da natureza. Micólogos, sendeiristas, escolares,observadores das plantas e dos animais, tamén teñen dereito a ir ó monte sen medo de levar un tiro. Por outra banda os xoves hay labradores e agricultores trabllando no monte.

 

4_ Eliminación das vedas parciais.

_ As vedas parciais para certas especies, teñen exactamente os mesmos inconvenientes que as batidas. Estas vedas permiten cazar certas especies en diferentes épocas do ano ,o que somado os diversos campionatos, e festivais de caza, fan que os cazadores anden no monte, dando tiros, o ano enteiro.

 

5_ A caza non debe ser considerada un deporte.

_ En primeiro lugar porque os principios e valores que o deporte pretende inculcar, nada teñen que ver con o que se fai na caza: Matar animais de maneira violenta, con acoso e aterrorizándoos antes por pura diversión. En realidade, xunto con as corridas de touros, debería estar incluída nas prohibicións previstas na lei de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

_ Ao “deporte” da caza a Consellería de Cultura e Deporte dedica cuantiosos fondos (por ser un grupo de presión numeroso – aínda que menos que os “non cazadores”), que a federación galega de caza xustifica organizando “campionatos” como o do raposo, etc..

_ Pensamos que estes campionatos teñen como único fin acceder a estas subvencións, xa que antes non existían e de feito algúns son organizados sempre en Galicia, como é o caso do campionato de raposo, ao que veñen cazadores de toda España a matar animais gratis.

_ Por outra banda, parécenos inmoral que se dedique tal volume de fondos á caza, por parte da Consellería de Cultura e Deporte, cando hai moitos deportistas “de verdade”, con un elevado nivel, pasando verdadeiras penurias para financiar unhas zapatillas ou unha viaxe.

_ Non parece ético nin civilizado que o feito de matar animais, que na sua orixe era unha necesidade para poder comer, hoxe caia na inmoralidade de constituirse nunha competición e moito menos exhibir o título de deporte. Os valores que o deporte promove son outros e de moi diferente contido ético.

 

6_ Prohibición de acceder ó monte con vehículos e, sobre todo, prohibir os todoterreos(esto xa está prohibido pola lei de montes pero os cazadores non coñecen a lei de caza moito menos a de montes).

_ Se algo de deporte podería ter a caza sería que os que a practican camiñasen un pouco. Os todo terreos degradan o chan, fan ruído, contaminan, e danan a vista entre as fragas e no medio da natureza. A prohibición de vehículos para a caza debería incluír a prohibición de saír con eles fora de estradas nacionais. O resto do camiño para acceder ó monte debería ser “a pé” gozando da natureza.

 

7_ Reforma total do “comité de caza” na Consellería de Medio Ambiente.

_ O comité de caza é u órgano que, basicamente, vela polos dereitos e prerrogativas dos cazadores. Está composto por 22 persoas entre as que solo 2 (duas) son ecoloxistas.

_ Este comité ten tanto poder que fixa as épocas de caza, as especies que se cazan e as que non, si se conceden segregacións de fincas a quen as solicita sendo lexítimo propietario, etc. _ Actualmente estamos considerando a posibilidade de que os dous ecoloxistas que teñen participado neste comité, sen que as suas propostas sexan atendidas nunca, que se retiren e deixen de dar lexitimidade as barbaridades que nese comité se aproban.

 

8_ Creación de un comité de M.Ambiente plural e participativo.

_ Creación de un “Comité de Conservación da Fauna e do Medio Ambiente” onde os cazadores teñen igual número de representantes como cada un dos demais grupos participantes que serían : ecoloxistas, sendeiristas, micólogos, propietarios de montes, ornitólogos, labradores, zoólogos, etc.ou calquera colectivo, usuario do monte, que o solicite.

_ En fin que sexan unha parte da natureza, non os seus donos, xa que a industria é importante, pero mais importante é conservar o medio natural.

 

9_ Exames serios para quen vai utilizar unha arma de fogo.

_ Obrigatoriedade de que os cazadores pasen un exame teórico e outro práctico para poder ter unha licencia de armas de un permiso para cazar.

_ É evidente que se estes requisitos se esixen para poder levar un vehículo (coche ou moto) con mais razón debe ser esixido para levar unha arma de fogo.

 

10_ Fiscalización rigorosa da alcohlemia na caza.

_ Probas de alcoholemia frecuentes nos montes, e nos seus accesos, para os practicantes da caza. _ Tanto perigo ten conducir baixo os efectos do alcohol, como levar unha arma de fogo, e andar dando tiros baixo eses mesmos efectos, sen embargo , ó día de hoxe ,aínda non se fan rutineiramente estas probas a os cazadores.

 

11_ Inspección rigorosa , por parte de técnicos da Consellería de Medio Ambiente, dos estudios e plans de aproveitamento cinexético que presentan os cotos e tecores.

_ Estes plans, nos que se deben presentar estudios da fauna que existe nun terreo cinexético, así como do seu aproveitamento, numero de exemplares, etc. Asemellan, en moitos casos, os informes de impacto ambiental que se copian de unhas obras para outras, e son asinados por quen cobra a quen lle paga. En moitos casos, a rigorosidade é nula.

_ É evidente que con estas prácticas extínguense moitos animais debido a que se explotan mais da conta porque, os que así actúan, queren cazar canto mais mellor, sen pensar nas consecuencias

_ Outras veces pode acontecer que non hai medios nin coñecementos técnicos necesarios para levar a cabo, ou pagar, un estudio serio sobre o estado da fauna nese lugar e, en consecuencia, actúase irresponsablemente comprando un informe para renovar a documentación na Consellería.

 

12_ Prohibición definitiva da munición de chumbo nos cartuchos.

_ O chumbo,metal altamente contaminante que envelena as augas, os animais, as plantas e ás persoas, aínda está a ser sementado por toneladas, todos os anos, nos nosos montes por medio da caza.

 

13_ Suspensión da caza., a lo menos durante tres anos, nos lugares onde se produzan repoboacións de animais e creación de "santuarios de fauna".

_ Na actualidade están sendo cazados animais de granxa, que foron soltos no monte un par de meses antes da tempada de caza.

_ Estes animais, asustados e perdidos, que aínda non atoparon refuxio, que non saben onde comer, onde beber, e que son mansos, son abatidos o pouco tempo de ser ceibados, tal como se fora unha grande fazaña de quen os mata.

_  O Tecor que repoba con animais de granxa debería considerarse coa fauna esgotada.

_ La zona de repoboación debería ter un mínimode 200 hs, e ser "zona vedada" a lo menos durante tres anos hasta que os animais se adapten e se reproduzan de forma silvestre.

_  Crear en cada Tecor "Santuarios de fauna" de alo menos 200 hs. e en lugares aislados, sosegados, e idóneos para a fauna, onde os animales se reproduzan de forma natural e pasen a colonizar outras áreas. Nestes lugares non se poderá cazar nunca.

_ Aumentar superficie de vedados polo menos as 200 hs. da antiga ley. Vedados de 50hs. non serven para nada.

_ Interconectar os vedados territorio e sobrepoñer periodos de veda, dos vedados. Ou sexa, crear "corredores" para que os animais pasen de un vedado a outro, así como sobrepoñer, a lo menos durante un ano, o teritorio de un vedado co territorio do novo vedado, de maniera que non se practique a caza masiva, xa no pirmeiro ano, nos vedados que queden libres.

 

14_ Protección e rexeneración de zonas queimadas. Esta norma é competencia da ley de incendios e foi cambiada na nova lei de montes, reducindo a protección destas zonas, de maneira incomprensible a solo DOUS anos.

_ Ampliación a cinco anos da prohibición de cazar en zonas queimadas e establecemento de unha área de protección de 300 metros nas lindes da zona queimada.

_ Estudios demostran que unha zona queimada non se renova hasta cinco anos despois de arder, de maneira que os os actuais tres anos de carencia, para poder cazar nesas zonas, son totalmente insuficientes.

_ Neses terreos, próximos a onde houbo incendios, é onde se puideron refuxiar os animais que non morreron queimados e que aínda non teñen refuxio nin se adaptaron o novo hábitat.

_ As ordes de vedas teñen previsto no seu articulado a modificación destas zonas no caso de incendios, secas, etc. que modifican particularmente o medio ambiente dos animais. Este artigo raramente se executa, cando sería moi necesario aplicalo mais veces

 

15_ Realización de un exame SERIO para acceso á licencia de Caza .

_ O actual exame que propón a Consellería de Medio Ambiente para acceder á licencia de cazador contén diversas carencias ( Os actuais cazadores están exentos de realizala, o examen é supervisado polos propios cazadores, etc.). Estamos a elaborar unha proposta de exame mais acorde con a realidade e os intereses do monte , non que sexa un “paripé” para que calquera continúe matando animais sin o mais mínimo criterio e coñecimento.

 

16_ Control de armas e zonas de seguridade.

_ As distancias de seguridade, para protección de terceiros, están establecidas no suposto de utilización de escopetas, cujo alcance non vai mais alá de 100 metros. A, cada vez mais, extendida utilización de rifles e carabinas de cañón raiado, que disparan balas, e cujo alcance vai mais alá dos 3.000 metros fai que tales zonas de seguridade sexan inútiles xa que, un solo disparo, pode atravesar dúcias destas zonas. Debese regular a utilización destas armas e prohibilas a menos de 4.000 metros de lugares habitados.

 

 

 

 

 

_ Cómo podemos actuar para conseguir estas odificacións:

_Cartas e correos deben ser enviados á Consellería de Medio Ambiente e á Consellería de Cultura e Deporte para que os visitantes manden mensaxes a estas consellerías reclamando contra a actual Lei de Caza, a Orden de Vedas e as subvencións á caza como deporte.

Consellería de Medio Ambiente:
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible:

Tlf.: (981) 54.17.15
Fax: (981) 54.17.27

Dirección Xeral de Conservación da Natureza:

Tlf.: (981) 54.72.02/01
Fax: (981) 95.71.06

 

  • Centraliña da Xunta de Galicia
    Teléfono 981 545400
  • Servizos Centrais da Xunta de Galicia
    San Caetano s/n - Santiago de Compostela
    Teléfono 981 544294 / 4299 - Fax: 981 545499
  • Rúa Doutor Teixeiro, 26 - entreplanta
    15701 Santiago de Compostela
    Teléfono 981 552436 - Fax 981 552437
  • Correo electrónico: info.cidadan@xunta.es
  • Teléfono xeral (dende todo o estado): 902 120 012

 

 

Este é o actual exame que pretenden instaurar os cazadores en connivencia con as autoridades do ramo:

AdjuntoTamaño
exame cazador.pdf71.35 KB

mirade este

idevos a merda todos os

idevos a merda todos os ecoloxistas e deixarnos en paz!!!!

Enviar un comentario nuevo

El contenido de este campo se mantiene como privado y no se muestra públicamente.
CAPTCHA
Copie la imagen o letras en el recuadro antes de enviar
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.