Skip to main content

A caza non e un deporte

A caza non debe ser considerada un deporte. En primeiro lugar porque os principios e valores que o deporte pretende inculcar, nada teñen que ver con o que se fai na caza: Matar animais de maneira violenta, con acoso e aterrorizándoos  antes por pura diversión. En realidade, xunto con as corridas de toros, debería estar incluída nas prohibicións previstas na lei de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

_Ao “deporte” da caza a Consellería de Cultura e Deporte dedica cuantiosos fondos (por ser un grupo de presión numeroso – aínda que menos que os “non cazadores”), que a Federación Galega de Caza xustifica organizando “campionatos” como o de raposo,San Huberto etc..

_Pensamos que estes campionatos teñen, como único fin, acceder a estas subvencións xa que antes non existían e de feito, algúns, son organizados case sempre en Galicia, como é o caso do campionato de raposo.

_ Por outra banda, parécenos inmoral que se dedique tal volume de fondos á caza, por parte da Consellería de Cultura e Deporte,cando hai moitos deportistas  “de verdade”, con un elevado nivel, pasando verdadeiras penurias para financiar unhas zapatillas ou un viaxe.

_ Como se dixo antes,o intento de xustificar que a caza reciba tantos carto, fai que se organicen campionatos o ano enteiro, nunha actividade predatoria e pouco relacionada cos valores deportivos.

_ Pensamos que aquí se está a facer malabarismos para levar a cabo a “boa idea” que alguén tivo, para que os cazadores, como grupo de presión e votos fáciles, tiveran aceso aos cartos da Consellería de Cultura e Deporte, sen que ninguén se opuxera.

_ As consecuencias son a devandita proliferación de estes campionatos, que, de outro xeito, tal vez non tivesen lugar, de maneira que o prexuízo e dobre: Como acaparador de fondos que deberían ir destinados á cultura e ao deporte, e como fomentador de campionatos de matanzas de animais.

_ Pedimos a tódalas persoas sensíbeis, aos deportistas e aos amantes dos animais, que manden súas opinións e queixas sobre o asunto, á Consellería de Cultura e Deporte.
 
Centraliña da Xunta de Galicia
Teléfono 981 545400
 
Servizos Centrais da Xunta de Galicia
San Caetano s/n - Santiago de Compostela
Teléfono 981 544294 / 4299 - Fax: 981 545499
Rúa Doutor Teixeiro, 26 - entreplanta
15701 Santiago de Compostela
Teléfono 981 552436 - Fax 981 552437
Horario: De luns a venres, de 9 a 14 horas.
Correo electrónico: info.cidadan@xunta.es
Teléfono xeral (dende todo o estado): 902 120 012