Skip to main content

Programa violentos e antididacticos na TV

Hoxe en día tentamos, na educación dos fillos e da xuventude en xeral, inculcar valores de pacifismo, non violencia, preservación doutras especies, coidados a os animais,preservación do medio natural, respecto á vida, etc. Incluso hai leis que penalizan o maltrato ós animais, pero que, o que parece, so serven para “cubrir o expediente” e dar a aparencia de europeos.

 

 _A pesares de todos os esforzos que se fan na escola e outros medios para desterrar a crueldade, e fomentar a ética e o amor os animais que comparte con nós este mundo, estamos a ver estes traballos boicoteados por causa da dictadura da audiencia e da popularidade fácil, incluso en medios oficiais como é a TV de Galicia, con programas onde se mostra como os animais son acosados, perseguidos e despedazados por pura diversión.

_ Estamos a falar de programas como “Couto Vivo” e outros, emitidos en horario infantil incluso, onde se da como un valor positivo a mais, o que algúns individuos armados e provistos da mais alta tecnoloxía, se sintan mais importantes ou mais valentes, por acosar e dar morte a un ser indefenso que, o único que pretende, e defender a súa vida e a dos seus fillos.

_ Tais actos de crueldade, pensamos deben ser erradicados de calquera medio de comunicación con a mínima calidade , e con mais motivo dos medios oficiais e que son financiados, non o esquezamos, con os nosos cartos, na maioría, persoas que abominamos as prácticas crueis e sangrantes contra seres indefensos, aterrorizados e nobres, que non se meten con ninguén.

 

Pedimos a todas as persoas que así pensan e senten, que manifesten a súa repulsa contra estes programas, mediante escritos e correos á TV de Galicia e a outras emisoras que  promoven prácticas crueis contra os animais.

Enviar un comentario nuevo

El contenido de este campo se mantiene como privado y no se muestra públicamente.
CAPTCHA
Copie la imagen o letras en el recuadro antes de enviar
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.