Aquí denunciaremos as actividades humanas, onde prima la codicia e o beneficio económico, con total desprezo por a vida dos animais e o seu hábitat. Como exemplos adiantamos:
_ As autopistas e autoestradas das que, os animais que entran, non poden saír porque son un verdadeiro labirinto onde están condenados a morrer atropelados.
_ As mesmas “infraestructuras” (autoestradas, AVE) valadas en toda a súa extensión, de maneira que forman barreiras infranqueábeis que os animais non poden cruzar para reproducirse, ir ós lugares de comida ou ós lugares onde hai auga. Os pasos de fauna, por enriba ou por debaixo, feitos de maneira racional, practicamente non existen.
_ A maneira trapalleira e barateira, totalmente populista, de construír estas “infraestructuras”, nas que case non hai túneles nin viaductos que permitan o paso dos animais, por aforrar, fanse con grandes movementos de terras, quitando terra e removendo verdadeiras montañas para encher vales, o que é moito mais barato.
_ Os ríos deixan de ser ríos e pasan a ser un tubo de metal debaixo de unha estrada, non deixan espacio nin para que poidan ser utilizados para que pase a fauna dun lado a outro.
_ A falta de consideración e de escrúpulos de moitos destes constructores que, non só degradan e contaminan os ríos e montes onde traballan, senón que, ademais, atúan as madrigueiras onde se refuxian os animais, provocando o seu enterramento vivos.
_O descaso da Administración, cómplice destes abusos e só preocupada en dar beneficios ás grandes empresas, que non lles esixe que cumpran unhas normas
medioambientais mínimas.España está denunciada perante a Comunidade Europea, con pedido de retirada de fondos, por non respectar os espacios naturais na construcción de estradas e autovías.
_ A entrega dos cartos dos impostos dos traballadores ás grandes empresas, está a facer con que, a pesares de que os enfermos están nos corredores, de que as operacións médicas están con listas de espera de meses ou de anos, de que non teñamos garderías para os fillos dos e das traballadoras, ou que non haxa prazas de residencia para persoas da terceira idade, sexamos o país de Europa con mais kilómetros de autopista.
