O final a diferencia entre predicar grandes verbas, falando do protocolo de Kyoto, defensa do medio natural, reducción de gases, etc. e a dura realidade, acaba sando á luz.
As desaforadas políticas, dos comisionados que ocupan cargos públicos, de entregar tódolos recursos do Estado e o froito dos nosos impostos ás grandes constructoras, queda en evidencia nos informes emitidos por Nacións Unidas, onde España aparece como o País que mais aumentou as emisións de gases de efectos invernadoiro e o que mais incumpre o Protocolo de Kioto.
15-11-2008- Curiosas as cousas da caza ... unha osa seica ataca a un cazador (quen previamente a molestou nunha batida de xabarí e ademais chamou a súa atención con gritos cando ela se retiraba) e agora queren rematar con tódolos osos (solo hai 20 en todo o Pirineo) do Val de Arán. E eso que a tal osa nunca pretendeu matalo xa que, se así fora, o “cazador” non o estaría contando.
Por outra banda resulta que un cazador matou a un parente con CATRO tiros porque seica o “mirou mal”. Evidente e loxicamente a ninguén se lle ocorre que hai que rematar con tódolos cazadores. E neste caso si parece que se pretendeu matar porque, entre outras cousas, tivo que recargar a escopeta para poder disparar os catro tiros.
Houbo outros casos nestes días como
- 01/11/2008- Xa publicamos fotos da canceira do Carballiño cando
estivemos alí, por primeira vez, en abril.
Agora tivemos ocasión de visitar a canceira de Santiago.
Vexa aquí as fotos da Canceira do Carballiño.
Vexa aquí as fotos da Canceira de Santiago.
Tamén publicamos un informe de ADEGA sobre a mala planificación
- 09-09-2008 - Hoy iniciamos una nueva galería de fotos, que se irá ampliando
en el futuro, donde vamos a exponer algunos de los perros que hay recogidos en la perrera de Carballiño. Par visualizar la imagen en tamaño mayor basta con que pinchen en cada una de las fotos.
La intención es que, quien quiera adoptar un perro, pueda
12-11-2008- Últimas novas.
10-11-2008 - Foron moitas e moi grandes as expectativas cando cambiou (¿cambiou?) de cor o goberno de Galicia. Tan grandes como a frustración que agora sentimos ante as idénticas políticas medio ambientais e as idénticas manipulacións para calar ós críticos. Tan idénticas que parece existir unha crise de identidade entre ámbalas opcións de goberno que nos ofrecen e que, cando instalados no poder, actúan de maneira mimética. De pouco vale cambiar de A a B porque o resultado é o mesmo.
Resulta que había unha trintena de asociacións ecoloxistas en Galicia e que, nestes últimos anos, conseguiron acadar un elevado porcentual de desacordos coas políticas da Consellería
- 30/10/2008 -Matar por matar,NON, négase a entrar na dinámica de insultos e descualificacións sobre a canceira.
Pensamos que se está descualificando moito, eso si, despois de un eloxio envelenado. Tamén é certo que o que se está dicindo é moi forte, insultase, fanse insinuacións contra uns mentres se acusa do mesmo ós outros, etc. E chegase a puñaladas incomprensibles a quen se apoiaba antes. Ou sexa a nós e sentímonos feridos e traizoados porque o único que procuramos sempre foi o ben estar dos animais. Exclusivamente.
Para rebater as cortinas de fume que se están lanzando, precisaríamos páxinas e páxinas, polo que pensamos que é mellor obvialas e ir ó fondo do problema.
- 25-10-2008 - Matar por matar, Non, quere amosar o seu total apoio ó acordo tomado póla corporación municipal do Carballiño que, por maioría, acordou que a xestión da canceira municipal pase a ser responsabilidade total do propio Concello.
Os motivos son varios así que trataremos de explicar os mais destacados.
En primeiro lugar, pensamos que a ninguén se lle pasará pola cabeza que os dous grupos que apoiaron a moción foran actuar de mala fe ante unha boa xestión da canceira. Cremos que ámbolos dous, ademais de representar a maioría dos veciños do Carballiño, teñen a suficiente responsabilidade para, antes de tomar unha decisión dese tipo, documentarse dabondo.
Sinal dos tempos. Agora resulta que os animais “provocan” accidentes.
As imaxes na TV de un xabarí circulando póla A-6 en Madrid penso que as vimos todos. Ó final a nai resultou atropelada e o fillo foi retirado.
Non é o primeiro nin será o última caso, incluso xa houbo mortos, son incontables as noticias que aparecen na prensa sobre accidentes ocorridos pola presencia de animais nas autopistas que invaden o seu territorio, pero as “infraestructuras” das que tanto presumen os nosos políticos, seguen a se facer sen pasos de fauna que permitan a libre circulación dos animais sen
A falta de normativa sobre armas perigosas aumenta o número e a gravidade dos accidentes de caza
Nos últimos tempos, a utilización de armas de canón raiado para a caza maior, ten aumentado o número así como a gravidade dos accidentes de caza, debido á clase de munición que utilizan (balas), como ó seu elevado alcance (mais de 3 quilómetros).
Noticia relacionada: (Faltan axentes para vixiar.Pinche...)
Ademais, no accidente deste domingo, en Carballedo, a víctima puido resultar morta de ser alcanzada no peito en lugar de na perna, mentres que, se o disparo fora feito cunha escopeta de perdigóns, a gravidade das feridas sería ben menor ou inexistente.
O incremento de actividades de caza maior así como a autorización para utilizar armas que disparan balas ou postas nestas batidas, aumenta a área de risco para terceiros en mais de 600 veces. Ou sexa, mentres
Matar por matar,NON, quere amosar a súa desconformidade coas continuas declaracións de destacados dirixentes do colectivo da caza que, en defensa dos seus intereses, non dubidan en facer reivindicacións e afirmacións que, ó noso xuízo, solo teñen como finalidade aumentar as prerrogativas do colectivo de cazadores, en prexuízo manifesto do medio ambiente, da fauna e dos intereses dos agricultores, gandeiros e propietarios de terras.
No artigo aparecido nun xornal de ampla difusión na nosa provincia, e repetindo case literalmente o manifestado hai un ano, non dubidan en asegurar que os cazadores son esenciais no equilibrio das
