Tagged:

FERVENZA BALEIRO

Co gallo do programado Apagón de todas as luces hoxe, das 20:00 ás 20:05 é ocasión para recapacitar a onde nos está levando a procura cega do lucro.

Cando está a piques de rematar, no noso país, a intervención do estado sobre os prezos da electricidade e do gas, e cando se está a falar, por parte da patronal, de aumentos de hasta un corenta por cento  no prezo da electricidade (producida á costa do noso territorio) a partir de xaneiro, supomos que con a finalidade de que amorticen o antes posible o que pagaron por Endesa, debemos pensar no espolio que estamos a sufrir con os aumentos desorbitados, non só da enerxía  e das hipotecas; para maior gloria dos lucros astronómicos de bancos e petroleiras, entre outras; senón tamén na cesta básica da compra.

Se en Europa somos reféns indefensos da depredación medio ambiental

CANCEIRA DOS HORRORESCando está a piques de saír á información pública o proxecto da nova lei de  protección dos animais, é o momento de comprobar o espírito progresista do goberno de Galicia así como dos grupos do parlamento galego. Imaxes como as que, a diario, circulan na rede, non son propias de seres civilizados.

Confiamos en que certas actividades como os campionatos de raposo e de tiro ó pombiño, prohibidos no resto de Europa, non sigan tendo en Galicia o seu “paraíso fiscal” . Tampouco estaría de mais que se prohibiran os campionatos de caza, como os que se realizan o ano todo na nosa comunidade.

Matar animais de granxa para que algún “deportista” poida satisfacer os seus instintos

Tagged:

Defendendo o litoralPor se había dúbidas, no programa “Hai Debate” última parte, do día 12 de novembro, quedou claro, por parte dos grandes partidos, cales son os intereses que defenden e que pretenden encher Galicia de Macro piscifactorías en detrimento da pesca tradicional e dos intereses naturais,  medio ambientais,  ecolóxicos e económicos do noso litoral.
Acontece que, tanto a empresa privada, sobre todo multinacionais, como os fondos europeos, teñen unha grande cantidade de diñeiro para inverter neste tipo de industria. Solo fai falta un pobo que cale e que deixe instalar estas granxas de plástico, que producen grandes cantidades de agoas residuais e cargadas de antibióticos, no seu litoral. E escolleron Galicia.
Exactamente o mesmo asunto que cons os parque eólicos

Tagged:

DEPORTE...En Galicia, hai mais ou menos trinta anos, ninguén sabía o que eran os xabarís. Aquí había perdices, coellos, pombos, teixugos, raposos, codornices, rulas, gaios, pegas, xinetas, etc. Posiblemente moitos nunca viron a algún destes animais tan abundantes entonces.


Introducir o “porco bravo” para ter o que cazar, porque as demais especies están a piques de se extinguir, e agora dicir que hai que matalos porque derraman as colleitas, é o caso do incendiario que se presenta despois como bombeiro voluntario. O mesmo se pode dicir dos corzos, agora escasos pero que,

Tagged:

Infraestructuras...Aí está a noticia/publicidade, “sen complexos”, de política territorial para os investimentos futuros en Vigo. Hai que pensar en cómo interpretala.
Nin un só kilómetro de tren de cercanías. Seguir enchendo Vigo de cemento e chapapote, seguir aumentando a emisión de gases de efecto invernadoiro, seguir promocionando e incentivando o uso do vehículo privado, seguir  destruíndo o territorio, seguir acabando con a calidade de vida dos veciños e, sobre todo, seguir contribuíndo ás mortes nas estradas.
Alguén vai gañar moitos cartos á conta diso.
Solo cabería preguntarnos se realmente é iso o que

Tagged:

CASAS A SOMBRAImpresionantes a imaxes de casas en Ourense que van quedar, xa están, embaixo de curvas perigosas da autovía.Aviso para os de Maside e, tamén, para todos os que andan a facer manifestacións para que lles constrúan autoestradas polos seu pobos e comarcas.Que vexan a realidade cando aínda é tempo e que non sirvan de obxecto para defender os intereses de outros.

Impresionante tamén o mapa de autovías de Vigo e aínda impresiona mais ver e circular por a patética, triste e sucia realidade desa maraña de "vías de alta capacidade" vendo o que destruíron. O que era o cinturón verde de Vigo, o seu espacio natural, o lugar de lecer e quietude destruído e

Tagged:

España, o país que presume de ter mais kilometros de Ave e de autopistas de toda Europa, agora vai permitir que se cace o lobo porque, polo visto, non hai cartos dabondo para indemnizar, con rapidez e como é debido, as catro ovellas que pode comer este animal emblemático ó cabo do ano.


Para empezar,habería que ver cal é o problema. Se hai moitos lobos ou, o que hai, é demasiada xente á que lle acaba estorbando a presencia do lobo porque, esta xente, se mete no seu espacio natural. De feito hai décadas había moitos mais lobos e, sen embargo, molestaban moito menos. Agora o que está pasando é que, en algúns lugares,  hai moitos, mentres en outros hai poucos. A razón é que as novas barreiras artificiais, sobre todo as autopistas e autovías, e a falta de pasos de fauna, están a

Tagged:

percorrido manifestaciónLembramos a todos os que defendemos Galicia e súa riqueza natural que, mañá domingo, día 4, ás 12:00 hs., en Corrubedo comeza a concentración (e van...) e manifestación en contra do plan acuícola da Xunta de Galicia, que pretende encher o noso litoral con 3 millóns de metros cuadrados de cemento para instalar macropiscifactorías, que contaminan o mar e destroen o litoral.

E inaudito que levemos tantos anos querendo pasar páxina de governos conservadores que

Tagged:

danos nos ríosAs recentes noticias sobre un campionato de motos, realizado en Nogueira de Ramuín, dentro dos limites dun espacio natural de monte, así como as declaracións do alcalde e do secretario da comunidade de montes, reclamando sobre os seus beneficios económicos e ausencia de danos lévannos, unha vez mais, a recapacitar sobre o prezo que algúns poñen á nosa riqueza natural. Sobre todo cando, como é este caso, escoitamos certas declaracións de persoas que teñen responsabilidade no seu coidado e ocupan cargos de responsabilidade na súa xestión.


Hai que dicir que estas "probas" xa foron feitas en outros lugares e que non se volveron repetir porque a xente acabou vendo os problemas

Tagged:

accidente obras AVEO sábado 27 presentamos alegacións contra o AVE porque,como vimos repetindo, o noso país ten necesidades mais importantes antes que malgastar os nosos cartos en destruír o territorio con un proxecto megalómano, caro e elitista como este.

A diario falase de falta de fondos para:
Transporte de proximidades, listas de espera, ambulatorios, camas de hospital, residencias para a terceira idade, asistencia social, inspección de traballo, erradicación do chabolismo, aumento de pensións, garderías públicas, limpeza de montes e erradicación de mimosas, e un largo etcétera.

Vexan o escrito de alegacións  e as novas, en xornais ,(3, 4, e 5) e outras sobre o asunto .

Distribuir contido