Skip to main content

Biocombustibles e fame

Posted in

29/05/08 - Tódalas novas apuntan que hai que deixar de utilizar, e promover ,o coche particular, para que o mundo non morra de fame (e contaminación). Pero as nosas "autoridades" seguen con a fixación das autopistas e esquecen o transporte público. Hai que "crecer", acabar con todo, e que as constructoras sigan gañando cartos.

Xa o denunciamos hai tempo e, como dicimos sempre, gustaríanos non ter acertado pero, infelizmente, tamén se cumpriron

Representantes...¿de quén?

Posted in

Estaba un paisano a se perguntar a razón de que se gasten camións de cartos e se autoricen concesións e obras que non queremos, que non son primordiais, que derraman o noso medio, que están mal feitas, que rematan con a nosa fauna, que solo benefician ás grandes empresas.

Ó mesmo tempo, tamén se perguntaba por qué non se resolvían os problemas dos ciudadanos, como cultura, educación, xustiza, saúde, terceira idade, transporte seguro e limpo, conservación do medio, salarios baixos,listas de espera...

Cavilaba e cavilaba con lóxica. Se os que administran os nosos cartos son representantes de todos, debe acontecer algo errado para que tomen decisións e outorguen concesións que non queremos, e nos prexudican, cando hai moitas outras cousas que sí precisamos e non se ocupan delas.

Amazonia - ¿brasileira?

Posted in

26/05/08 - Carta de Frei Betto á Ministra dimitida por estar contra o desmatamento.

8/05/08 - Parece claro, polas declaracións de Lula, que están pensando en destruir a Amazonia. O argumento o de sempre, o pobo. Se lle deran ó pobo todo o que gañaron roubando e destruindo os depredadores, estaban todos ricos, o problema é que falan do pobo pero os cartos levanos catro hienas. Ó final vai ser que non teñen condicións de administrar e conservar esa riqueza, a lo menos polo que se ten visto hasta agora.

ARTIGO ORIXINAL:

É útil ler os comentarios da interesante noticia sobre as restricción que Brasil pensa impor ó acceso de estranxeiros á amazonia.
Neles podemos atopar case todas as posturas que dan lugar, no Brasil e no resto do mundo, ó debate sobre a cuestión.


Un tipo de postura, que sempre chama a atención, é a dos brasileiros que

Carballiño e suas miserias - "perrera"

Actualización 03/07/08 - Boas novas e malas. As boas que o sr. Delegado mandou unha empresa para arranxar os viais da canceira, de maneira que se poida distribuir a comida cun vehículo e que non se sigan formando charcas.

A mala, a sra. Concelleira de M.Ambiente prometeunos o fontanero para arranxar definitivamente o asunto da auga pero levamos tres dias sen ela, tendo que repartila como antes, en caldeiros, porque parece ser que é mais urxente arranxar unha fonte que bota torto ou algunha farola que alumbra mal. Non nos parece lóxico...

Actualización 29/06/08 - Onte o traballo dos voluntarios de "Matar por matar, NON" deu os seus primeiros froitos: Xa hai auga en tódalas gaiolas.

Velenos "Naturais"

Posted in

Entre os grandes tópicos da Galicia rural, destaca a crenza de que o que alí se cultiva é do mais san e “natural” cando, posiblemente, os productos das hortas que cultivan os nosos labregos, sexan os mais contaminados e envelenados que se poden atopar.


Parece que esta é unha afirmación gratuíta xa que, os minifundios de Galicia, continúan sendo cultivados a “eixada” e manualmente en case todos as aldeas.
Aínda que esto sexa certo non impide que o afirmado ó principio tamén sexa verdade.É explicámonos:
Os grandes productores de alimentos teñen sido acusados de utilizar productos tóxicos

IBERDROLA "Ecolóxica e verde"

Posted in

18-04-2008 - Ahí tendes unha mostra mais da diferencia que hai entre a publicidade "verde" das "grandes" empresas, que pagan para difundir na TV e a cruda realidade do seu inmoral comportamento.

Consulte a noticia completa aquí.

Para esta empresa, igual que para as que fan "infraestucturas" sin pasos de fauna e para as "autoridades" que deberían facer o seu traballo, os animais non existen e son un motivo de perdas económicas, gastos "innecesarios"e un estorbo.

Mais asfalto

Posted in

Imaxen do día 17 as 7 da maña. Outro accidente causado pola entrada de un animal na autoestrada, que non ten pasos para a fauna.

Xa andan os nosos politicos defendendo os intereses das constructoras e vendendonos a "moto". Cartos dos traballadores para que as empresas non noten a crisis económica, algunha contrata de fora do País, e moita maquinaria que non xera emprego.

Nada de hospitais e residencias ou garderías: Chapapote. Van asfaltar Galicia enteira. Xa non saben onde facer mais autopistas.


Mais autopistas mal feitas
, mais destrucción do territorio, mais invasión do hábitat dos animais, mais parcelamento do monte . Non vaia ser que as constructoras

RECOMPENSA : 200 Euros

Posted in

Atopamos unha camada de catro cans no monte. Teñen entre 5 e 6 meses. Procuramos quen os queira adoptar e ofrecemos unha recompensa de 200 Euros a quen poida identificar e levar ante a xustiza ó tarado que os abandonou.

Pretendemos non entegálos á canceira porque os van sacrificar, ademais teñen un valor engadido: Formaron unha auténtica manada, moi unida, onde hai un macho dominante, outro inferior e duas femeas. Teñen unha relación asombrosa e

COUREL Mandan os Cartos

Posted in

Este é o correo que nos chegou dende SOS Courel. Pensamos que non hai nada que engadir e reproducimos o seu contido tal cual chegou. Unha mostra mais de como o diñeiro manda e os políticos entregan, en noso nome e contra nós ,as nosas riquezas:

EN GALEGO
Difunde canto poidas, para que tod@s sexan testemuñas da desfeita do Courel.
Vídeo completo de “El escarabajo Verde” en internet:

O' COUREL, LA JOYA DE LA BIODERSIDAD GALLEGA

Ollo !!! Despois de premer en “ Vídeo”, busca debaixo da pantalla do visor : “parte 1 - parte 2”, e preme en calquera delas

Péchase o círculo macabro

Posted in

morte na estradaAnte as inaceptables respostas que o responsable da Consellería de Medio Ambiente dá ó xornal El País, sobre a falsificación de censos de fauna presentados polos cazadores, autopistas sen pasos de fauna e batidas para matar animais onde éstes son atropelados, debemos saír, unha vez mais, á palestra para informar á opinión pública.

En primeiro lugar dicir que, nun país civilizado, as denuncias sobre falsidade nos datos que presentan os tecores e que permiten cazar un número de animais que non existe, xa houberan dado lugar a o inicio de unha investigación por parte das autoridades competentes- neste caso a Consellería de Medio Ambiente- non só dos casos que se denuncian senón que , tamén, de outros tecores. Se non de todos, a lo menos de unha mostraxe deles.

Nese caso, as autoridades competentes, estarían facendo o traballo polo que se supón que se lles paga e nós estaríamos

Distribuir contenido