Skip to main content

O negocio do lume

Posted in

22-07-2009 - (Castellano)   Catro mortos en Cataluña entre os bombeiros que apagaban o lume dun monte. Non e a primeira vez nin vai ser a última.

Nunca antes houbo tantos lumes, nin cando as locomotoras eran de carbón e, de vez en cando, caía unha faísca e plantaba no monte. Claro que agora hai infinitas pistas polo medio do monte que se prestan a que, quen o desexe, pida provocar un lume impunemente.

Pero, o caso que nos ocupa hoxe, é intentar desvelar as razóns de que haxa tanto lume provocado, ano tras ano. E eso que, ano tras ano, aumentan mais os medios e os cartos para apagar eses lumes.

Parece evidente que o asunto de apagar lumes chegou ao punto de ser, pos si mesmo, un lucrativo negocio onde grandes empresas inverteron cartos.

Por exemplo, as diversas compañías de helicópteros que había en  España, foron absorbidas por dúas de grande tamaño, onde teñen intereses grandes corporacións, quedando todo o negocio de apagar lumes con helicópteros, así como outras actividades, como o salvamento marítimo, evacuación de feridos ,etc., en mans de unha sola empresa.

Esa empresa xa amortizou, con creces, as inxentes cantidades que pagou para se facer con aquelas mais pequenas que lle facían a competencia, porque agora solo ela contrata coa administración ao prezo que quere e paga aos traballadores o que lle da a gana.

Por incrible que pareza, hoxe en día, esas empresas e mais as de avións de apagar lumes, teñen mais helicópteros e mais avións que o exército do aire de España.

Para se facer unha idea do lucrativo que é ese negocio apuntar que, a maioría das empresas que se dedicaban a fumigar plantacións agrícolas con avións, deixaron o negocio e pasaron a se dedicar a apagar lumes.

Parece evidente que, o negocio dos incendios forestais, solo é lucrativo para as empresas que se dedican a apagálos, porque calquera pode imaxinar que, apagar lumes con helicópteros, que levan unha especie de "caldeiro" colgado (no argot chámase "bambi") e se dedica a facer viaxes para encher o caldeiro de auga e despois vertela enriba do lume, é un negocio ruinoso. Calquera outra medida contra os incendios sería mais eficaz que esa, porque esa, desde logo, é un auténtico luxo de costes astronómicos.

Eso si, resolveu os problemas das empresas de helicópteros que antes poucos negocios facían transportando algún rico, ou contratando con plataformas de petróleo. Hoxe, a cada ano que pasan, duplican a flota de aparatos para atender a un "negocio" que sobe como a espuma.

Pero como todo, neste País de "espabilados", aplicanse as medidas onde mais cartos se moven, con independencia da sua eficacia ou rentabilidade, aquí o asunto é mover moito diñeiro, contratar con grandes empresas e facer "bos acordos", ao final, eles non pagan do seu peto. Ninguén fala nada sobre aplicar eses cartos en outro tipo de solución, como limpezas selectivas do monte, mellora e racionalización do rural, etc. porque semella que,con ese tipo de medidas, ainda que mais eficaces e económicas, non se prestan a levar a cabo "acordos productivos".

Os avións de fumigar teñen un sistema para soltar o producto, de acordo coa intensidade que se queira. Por exemplo, para sementar é diferente que para botar abono, ou para esparexer insecticida nos piñeiros. Para dosificar esa distribución teñen diferentes sistemas de aplicación. Pero o que todos teñen é un sistema que permite tirar con todo o producto de unha vez. Utilizase en caso de emerxencia para se desfacer do peso e poder facer unha aterraxe de urxencia.

Ese foi o principio da utilización dos avións agrícolas para apagar lumes. Sistema que aínda é utilizado polos aparatos mais antigos. Cargábanse con auga o depósito de producto e esa auga era soltada despois sobre o lume mediante o sistema de solta de emerxencia. Hoxe en día hai sistemas mais sofisticados, que permiten soltar a auga en diversas etapas, ou con diferentes caudais.

Case tódalas empresas aéreas que se dedicaban a estas labouras agrícolas, e que dependían das choivas e doutras variables de temporada para determinar si se sementaba ou non, si se trataba ou non, si había traballo ou non, deixaron o incerto negocio do agro, para se dedicar ao seguro e lucrativo negocio dos lumes provocados.

Mantemos que, mentres o asunto de apagar lumes siga movendo as astronómicas cantidades de cartos que move hoxe en día, os lumes nunca van deixar de existir. Son un novo negocio que da moitos cartos e que non pode rematar. Igual que tódolos demais, debe “crecer” de un ano para o seguinte.

Que o digan os portugueses que aínda hai pouco tempo que lles comezou a atacar esa “praga”, e case queima Portugal enteiro. Porque os negocios tamén hai que expandilos a outros países.

Mais informaión:

http://www.google.es/search?hl=es&q=inaer+participaci%C3%B3n+accionarial&btnG=Buscar&meta=

http://es.wikipedia.org/wiki/INAER

http://www.grupoinaer.com/index.php?/inaer/flota