Skip to main content

Señor alcalde de Ourense.

Posted in

ORA ourense21-06-2013 - (Gallego) Sr. Alcalde da cidade de Ourense, eu vivo nunha aldea, non son alcalde nin teño a miña residencia na capital da provincia, pero vaime permitir que lle diga un par de cousas a vostede que sí é alcalde e que reside na capital. Son cousas que, penso, un alcalde e un residente na cidade debería saber porque semella ser a súa obriga.
 
O día 16 de maio deste ano vinme na obriga de ir desde a miña aldea a Ourense capital. Cheguei ás 19:00 horas, minuto antes minuto despois, intentei saber o horario de vixencia da ORA para saber se a esas horas debería ou non colocar o tícket de aparcamento, así que fun hasta un poste de pago e mirei: Nada. Non había información algunha sobre horarios de vixencia.

Como tiña presa e por non desandar o camiño desde o poste ao coche e ter que volver de novo, considerei que era mais que probable que o horario rematara ás 19:00 e deixei o coche sen tícket (imprudencia miña, o recoñezo, aínda que inducida pola mala praxes do servizo).

ORA ourense 2Cando volvín, eran as 19:30, verifiquei que tiña una denuncia no parabrisas efectuada ás 19:00, así que dirixinme a un poste de pago e comprobei que (no meu entender) esta multa podíase anular mediante o pago de 2 Euros, e que tal feito podía ser levado a cabo hasta 30 minutos despois da hora de vixencia da autorización (como a multa era das 19 horas pensei que estaba dentro do horario e por outra parte o aviso e a información do poste para nada falan de excepcións).

Así que de acordo co artigo 5.3 (que en realidade é o artigo 5-C) da "ORDENANZA FISCAL REGULADORA DE LA TASA POR EL SERVICIO DE ORDENACIÓN Y REGULACIÓN DEL APARCAMIENTO DE VEHÍCULOS EN LA VÍA PÚBLICA" (que xa manda carall... eu chamaría-a ORDENANZA REGULADORA DO APARCAMENTO, porque é mais largo o nome que a propia ordenanza) paguei os 2 Euros, comprei o sobre que se supón debería estar no parabrisas e depositei todo na “rañura” do poste.

Onte chegoume una multa que, seguindo o nocivo exemplo da DXT, di que é de 90 euros pero “se non se recorre” rebáixana para 45 Euros. O que traducido a “Roman Paladino”, e para os que somos de aldea, significa que “ a multa é de 45 Euros ( que xa lle vale por media hora de aparcamento) pero si utilizas o teu dereito de recorrer vas ter que pagar 90 Euros” o que considero una coacción para obrigarnos a renunciar ao dereito de defensa.

O cal a súa vez demostra que os seus encendidos discursos de defender os intereses los ourensáns e o seu amor polo ben común son pura hipocrisía, e que vostede e un “marrulleiro” igual aos seus mentores de Madrid, que solo lle interesa recadar, porque ninguén o obriga a utilizar ese tipo de intimidacións para extorsionar aos veciños cando se produce unha denuncia, porque nin sempre os que pagamos o seu salario actuamos de tan mala fe que mereza ese tipo de comportamento perverso por parte de quen debería coidar do noso ben estar.

Pois ben señor alcalde, vou pagar a multa (que outro remedio me resta) pero o que me preguntei desde o primeiro momento é: ¿onde están os meus dous euros?.

ORA Ourense 3Porque supoño que tal tipo de continxencias debeu ser previsto no proxecto da ORA (mal asunto si non o consideraron nin foi previsto). Se tal extremo no se preveu significa que, ou ben houbo incompetencia, ou mala fe, pero supoño que no día a día terá acontecido este mesmo caso en algunha outra ocasión o que sería, para políticos de boa fe, una oportunidade para corrixir o que xa se debería ter previsto antes.

Chamei á policía local e dixéronme que debería falar coa empresa concesionaria. Estrañoume moito esta información e expuxen que quen mandaba a multa era o concello, que tódolos impresos contiñan o selo e o escudo do concello de Ourense e que o responsable, e beneficiario de todo este asunto, era o Concello de Ourense con independencia de que delegase en algunha empresa a xestión do servizo. Así que, quen me tiña que dar explicacións, era o Concello de Ourense e quen me debería devolver os meus DOUS euros era o Concello de Ourense.

Cheo de dúbidas (son así de inseguro coas cousas da cidade) chamei a empresa concesionaria a cal, como é lóxico, informou de que eles non se quedaban con nada e a quen debería reclamar era ao Concello de Ourense (obviamente).
Volvín chamar ao negociado de multas da policía local do Concello de Ourense, e un señor me informou de que “debía falar coa empresa”. Expliqueille que xa falara (acababa de o facer) e que me dixeron que era cousa do concello, que por favor, me pasara co xefe do negociado ou co responsable que cobraba por saber e entender destes asuntos. Dixo que estaba ele solo no servizo e que non sabía a quen me encamiñar. Pedinlle o teléfono da alcaldía: non me restaba outra.

Falei con unha persoa moi atenta na secretaría da alcaldía e expliquei o caso.Chegamos á conclusión de que este tipo de asunto salia mais caro resolvelo que os DOUS euros que eu reclamo, pero por cuestión de principios debería ser resolto.

Señor alcalde semella argucia de malandro, ou proba de incompetencia, o que este tipo de incidencias non estea previsto na normativa da ORA. Empeora todo o que, á vista da experiencia e de outros casos que  seguramente xa se teñen dado, non se resolvera de vez o  asunto. Da mala imaxe o que manden a un veciño de un lugar a outro e que faciliten informacións contraditorias de asuntos que deberían ser prístinos. Semella mala fe o que non se inclúa na liquidación da multa os 2 Euros xa pagados e calquera pode pensar que se “deixa para ver o que pasa” coa intención de que o cidadán perda o seu diñeiro.

Se eu como infractor (por descoñecemento ou pola mala información que non custaba traballo algún facilitar adecuadamente mediante unha “pegatina” nos postes) debo pagar 45 euros por aparcar na súa cidade media hora sen colocar un tícket (que pouco me importaría ter  pagado por ele 30 ou 40 céntimos), se actuei con toda a boa fe pagando 2 Euros intentando corrixir una infracción involuntaria con o pago de unha tarifa que está maliciosamente interpretada, se non se deron ao traballo de colocar un letreiro nos lugares de cobranza con os horarios da ORA, se os lugares de pagamento non devolven cambio para poder pagar a cantidade adecuada polo tempo estimado de aparcamento, se exceptúan maliciosamente (penso eu, porque na Ordenanza non fala para nada de excepcións e o artigo 5-C solo fala do importe da "tarifa de anulación de denuncias", así, en plural e sen citar excepción algunha) a posibilidade de anular a multa en casos como este cando se supón que o vixilante non debe demorar mais de media hora en cada rolda,  eu me pregunto ¿qué tipo de sanción lle corresponde a vostede como alcalde, que se supón ten o tempo todo para resolver este tipo de asuntos e polo que cobra un salario moitas veces superior ao meu?.

Por certo a "Ordenanza reguladora da ORA" (por non citar o grandilocuente, farragoso, pomposo e extenso nome completo) nos seus artigos 8º e 9º, que tamén tratan do asunto, prevé a anulación "...cando non se supere en mais de media hora o tempo máximo de estacionamento..." que segundo o artigo 8º-C son "dúas horas e media".  Non dice para nada que esta posible anulación se refira solo a cando se exceda o "tempo permitido no ticket". ¡Mire que son trapalleiros!.

ORA ourense 4Tal vez debería vostede pensar en dimitir do seu cargo, dedicarse a outra cousa que non cause tantos problemas aos veciños e deixar este tipo de traballos para quen estea mais preocupado por atender as necesidades da cidade, dos visitantes e en coñecer e facilitar a vida aos cidadáns. Cobran vostedes salarios moi esaxerados e teñen moitos asesores, recomedaríalle que aproveitara a primeira circunstancia para traballar con un mínimo de competencia no seu cargo (para non provocar vergoña allea), e o segundo para colocar a xente preparada, que cubra as súas carencias, en lugar de familiares e amigos que é o que se acostuma facer neste desgraciado país. Porque estas cousas pódenlle pasar a un da aldea como eu, pero a todo un señor alcalde de unha cidade como Ourense é unha vergoña que lle suceda tal acúmulo de tropezos, indicios de incompetencia e "chapuzas" operativas.

E por favor devólvame os meus DOUS Euros.

Prensa:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/07/04/reclama-reunion-alcalde-anular-multa/839999.html

http://www.laregion.es/noticia/258839/reclama/informacion/clara/sobre/anulacion/multas/

 

AdjuntoTamaño
Ordenanza ORA ourense.pdf133.93 KB
ORA ordenanza reguladora.pdf38.87 KB