Skip to main content

Servicio de Caza – Del. de Ourense – Vergonzoso.

Posted in

Raposo 2013 Ruta a Trives24-01-2013 – (Gallego) Una vez más nos vemos obligados a difundir el lamentable comportamiento del Servicio de Caza de la Delegación de Ourense, dependiente de la Consellería de Medio Ambiente. Éste es el correo que nos hemos visto obligados a remitir al jefe del servicio a la vista de la falta de transparencia de dicho servicio y las “pegas” que se nos han puesto para facilitar la, obligatoria por ley, información medio ambiental cuya ocultación representa un riesgo para los ciudadanos.
 
Una actuación propia de otros tiempos y por razones que se nos escapan.

Sr. Xefe do Servizo:

No dia de hoxe púxenme en contacto con esa Delegación, falei, despois de tres días intentándoo, con D. Xxxxxx Xxxxx.
Solicitei información medio ambiental segundo o previsto na lei para ese tipo de información, concretamente os Tecor onde se vai realizar, o próximo sábado, o campionato nacional de matar raposos.

A devandita información debería ser publicada na prensa, e outros medios, co obxecto de que os veciños estean alerta e prever un accidente, xa que moitos contan con que a caza rematou o dia 6 de xaneiro.

Dito iso, semella que, unha vez solicitada expresamente por un cidadán, neste caso eu mesmo, non debería haber problemas en facilitar esa información. Porque é unha información de seguridade e porque o manda a lei.

Atopeime con trabas e a negativa de me proporcionar o dato. O que consideramos impresentable xa que representa un posicionamento desa Delegación ao lado dos intereses do colectivo da caza e concretamente dos intereses mercantís da Federación Galega de Caza. Sempre interesada, esta FGC, en agochar o lugar deses eventos, de maneira a que non lles interrompan ou molestan no negocio que moven con eses campionatos financiados pola Consellería de Cultura e Deporte, pero a costa de un evidente risco para os demais cidadáns.

Pensamos que a administración pública non está para ser cómplice desas cacicadas e debería ser imparcial e facilitar as informacións solicitadas. Non pedir que se manden escritos xa que, a boa vontade, non depende deso a aínda menos cando a FGC espera ao último día para rematar as xestións relativas a eses campionatos, tendo todas as facilidades, mentres aos demais se nos poñen pegas.

Esperamos non ter que asistir, o próximo sábado, ao lamentable espectáculo, xa visto noutras ocasións, de ver ao xefe do servizo, ao delegado ou calquera funcionario desa Consellería, comendo na mesma mesa que os organizadores da matanza.

Solicítolle que transmita ao Delegado a noso malestar por este desagradable asunto, propio de lugares atrasados, incultos e carentes de dereitos e de transparencia. Afortunadamente aos 5 minutos xa tiñamos o dato que precisábamos, facilitado por funcionarios mais demócratas, e mais imparciais, aínda que lamentamos ter que acudir, para atopar mais transparencia, a fora de Ourense, provincia onde semella que o caciquismo e a prepotencia seguen sendo a nota predominante nas relacións entre o cidadán e a administración.

Manifesto tamén que este incidente representa unha mostra mais do mal que acostuma funcionar esa delegación así como da súa omisión en vixiar os comportamentos ilícitos dos cazadores. Cuestión que vimos denunciando con frecuencia sen que se tomen medidas nin se vexan gardas forestais os días de batida. Gardas que, por outra banda, acoden en forma masiva as comidas que lle paga a FGC os días de campionatos de raposo.
Saúdos
JFG – Presidente

Raposo 2013 Tecores gral.XPor cierto, los TECOR que se nos trató de ocultar y que se han prestado a que cientos de escopeteros arrasen su teritorio en este campeonato, son:

 Terras de Caldas         -    nº 10.074
                                   San Xoan de Rio          -    nº 10.242
                                   Eido de Aguiar             -    nº 10.020
                                   Pobra de Trives           -     nº 10.247
                                   Manzaneda                  -    nº 10.241
                                  Xungas                         -    nº 10.013
                  Luintra – Nogueira de Ramuín     -     nº 10.039

Lo que ponemos en conocimiento de los vecinos al objeto de que sepan que el sábado, día 26 de enero, habrá disparos indiscriminados en sus tierras a pesar de que la temporada de caza menor haya terminado el día 6 de enero.