caza
Tagged:

A audiencia de Ourense acaba de dictar sentencia, sen posibilidade de recurso, pola que se condena, por insultos e amezas, a un dos participantes na batida que relatamos no nos artigo “A morte preto”.


Seguramente non foi o mais culpable pero ó “responsable” da batida non atoparon probas dabondo para condenalo. Non é de estrañar, xa que no lugar eran maioría absoluta.


Sobre a denuncia administrativa que presentamos perante a Delegación de M.A. de Ourense, e a onde remitiremos esta sentencia penal, temos presentado un recurso de alzada perante o conselleiro, porque na Delegación estiveron dando tódalas voltas posibles para non facer nada contra estes “deportistas”. Vale a pena contalo.

Tagged:

13/07/08 - Nova na Voz de Galicia. Sairon para  cazar xabarís, que "hai moitos", pero non atoparon nin o primeiro. Son un perigo para os coches, porque constrúen estradas por tódolos lados, non deixan pasos para a fauna e agora botanlle a culpa ós animais. Pero non pasa nada, os cazadores divertíronse, anduveron asoballando o monte en época de cría, molestaron ós demais animais, puxeron o monte en risco de lume e van voltar outro día, que se non atopan xabarís atoparán outra cousa para lle dar un tiro...Por certo, hoxe en día, ten o millo derramado quen non pecha a finca, que sai ben mais barato que andar organizando batidas, así que disculpas para organizar "cazatas" sí, pero que non pensen que enganan a alguén.

Artigo Orixinal:

Coa desculpa dos "danos", a Consellería de Medio Ambiente xa

Tagged:

Xa tivemos que falar noutra ocasión do trato que o "Parque Natural dos Picos de Europa", versión "Asturiana", dispensa ó Lobo Ibérico. Mal pode ir un parque natural que mata ó simbolo da fauna Ibérica e non pode, ou non quere, financiar a súa conservación.

Claro que en Galicia xa van comezar a matar animais porque lles fan estradas no seu hábitat, sen pasos de fauna e agora son "perigo para a circulación vial", xa o denunciamos antes.

Cumpriránlle os cartos para cousas mais "importantes". ¡País!...

Ahí vai a copia literal do correo que nos envía a xente sensible que se ten que preocupar polo que a administración debería coidar e para o que están, cobran e teñen medios dabondo, pero falta vocación e sensibilidade:

Tagged:

morte na estradaAnte as inaceptables respostas que o responsable da Consellería de Medio Ambiente dá ó xornal El País, sobre a falsificación de censos de fauna presentados polos cazadores, autopistas sen pasos de fauna e batidas para matar animais onde éstes son atropelados, debemos saír, unha vez mais, á palestra para informar á opinión pública.

En primeiro lugar dicir que, nun país civilizado, as denuncias sobre falsidade nos datos que presentan os tecores e que permiten cazar un número de animais que non existe, xa houberan dado lugar a o inicio de unha investigación por parte das autoridades competentes- neste caso a Consellería de Medio Ambiente- non só dos casos que se denuncian senón que , tamén, de outros tecores. Se non de todos, a lo menos de unha mostraxe deles.

Nese caso, as autoridades competentes, estarían facendo o traballo polo que se supón que se lles paga e nós estaríamos

Tagged:

Rematou a xuntanza do Comité Galego de Caza, e acordouse a orden de Vedas para o período 2008/2009, esto é o que nos parece:

Queda claro que, por parte dos cazadores, o fin último é que, cantas mais especies e canto mais días se poida cazar mellor. Limitacións cantas menos mellor, van de ecoloxistas, pero queren moratoria para o uso do chumbo nos humedais. Non digamos nada se houbera que prohibilo en calquera tipo de cacería, como sería o lóxico.

O período de caza menor (art.2): déixano como sempre (19/10 ó 06/01), pasan por alto que non hai fauna e os POC está falsificados.

Métodos de caza (art.11): Melloran as masacres. Nos ganchos e monterías agora pódenlle tirar a todo o

Tagged:

Xa o viñamos denunciando nos artigos "As probas do exterminio" (I) e (II): Os censos de fauna estan sendo manipulados nos Plans de Aproveitamento Cinexético que presentan os Tecores.

Hoxe, "ADEGA" e "Matar por Matar NON" ,realizamos unha rolda de prensa, en Santiago, onde amosamos as barbaridades que se están a certificar neses "Plans", para poder seguir matando uns animais que non hai. Os detalles neste comunicado conxunto.

Conteñen datos tan curiosos como

Tagged:

Despois das amezas vertidas por parte de… “Francisco González Buendía, consejero de Medio Ambiente; Belén Fernández, la viceconsejera; y Cristino Ruano, director general de Recursos Naturales; se reunieron ayer con los representantes de las organizaciones agrarias UCA y ASAJA para tratar la situación del lobo en la sierra del Cuera…” por fin dan remate á existencia do último lobo na “paisaje protegida de la Sierra de Cuera”. Parece que a esa “paisaje” estórballe o animal mais emblemático que resta en Europa.

Cal si de una “valentía” decimonónica se tratara, relatan a fazaña de acabar

Tagged:

Estas son as fichas "de campo", de un "Plan de Ordenamento Cinexético" (POC) con os animais que "viron" os "técnicos" que fan os plans cinexéticos.

No día 05 de outubro entre as 08:00 e as 11:00 hs. (aprox.30km. de percorrido) 33 animais "avistados" entre zorros,coellos e perdices.

En un día e oito horas : 6 batidas en 6 lugares diferentes, no día 5 de setembro, 49 animais "avistados" entre corzos e xabrís.

Pretendíamos presentar o informe en Medio Ambiente antes de publicálo, pero,

Tagged:

Hoxe, 17/01/08, publicamos a curiosa resposta de M.A.-Ourense ás nosas denuncias (si non chega con que hai presentaremos mais probas).

Vamos publicar, en varios artigos, os datos que está presentando algún Tecor onde calquera pode comprobar o irreal e esaxerado dos mesmos.


Nesta primeira entrega publicamos un “plan anual de aproveitamento cinexético”, aprobado por Medio Ambiente, onde se aportan datos de densidade de raposos ( e outro tipo de fauna) que multiplican en hasta 16 veces a media publicada por estudios científicos, así como as referencias literais destes estudios.
-----------------------------------------------------------------------------------------
Para inicio, algúns datos sobre a caza e as consecuencias de

Tagged:

estorballes...Hai novas que parecen sen importancia pero, en algúns anos, podemos sentir non ter reparado nelas.
No “Campionato Galego de caza menor con can” realizada no Irixo, di a Federación Galega de Caza, que o “campión” matou UNHA PERDIZ” igual que o segundo.Canto a o terceiro matou unha arcea, os demais postos foron adxudicados “por sorteo”.

Esto dá unha idea da “abundancia” de fauna silvestre que hai hoxe en día en Galicia porque o Irixo non se pode dicir que sexa un lugar excesivamente degradado.


Paralelamente, a mesma federación, en un acto de irresponsabilidade extrema, ten programados, algúns xa se realizaron, unha ducia de “Campionatos de caza de raposo”. Din que hai moitos.
Se non hai coellos nin perdices,deberían explicar cómo é posible que haxa moitos raposos, tendo en conta

Distribuir contido