Skip to main content

Caza

EXTERMINIO DE FAUNA

Posted in

masacre de animaisQue a fauna silvestre de nosos montes está desaparecendo é unha realidade que a ninguén se lle escapa a pouco que saia a o monte ou teña datos para comparar con hai poucos anos.
Esta realidade solo é ignorada por un gremio de cazadores obcecados por matar e que, aínda que eles mesmos se queixan da falta de fauna, non toman medidas, a non ser soltar algún coello, perdiz ou faisán manso nas vésperas da temporada e despois cazalos antes de que morran de fame por falta de comida, auga e adaptación a o monte.

A Consellería de Medio Ambiente, lonxe de cumprir con o cometido de preservar

ESCRITO A M. AMBIENTE

Posted in

Actualización 14 de outubro:

O noso departamento xurídico púxose en contacto con a Delegación de Medio Ambiente de Ourense e foi informado de que "están a estudar se lles é permitido dar copia do plan de aprovietamento cinexético". Levan mes e medio "estudando" o asunto. Parece que debería ser cousa pública con nada para esconder, e tamén que deberían saber xá o que lles está permitido e o que non.

Temos confianza no novo Delegado, pola sua trajectoria honesta, e confiamos en que os estudos dos tecores estexan á disposición dos demais interesados na conservación da fauna e do medio, para sabermos que as cousas se fan ben. Cousa que, por outra parte, debería ser comprobada pola propia Delegación, non sexa que carezcan da seriedade necesaria e sexa solo un trámite a o que se fai pouco caso.

-----------------------------------------------------------------------------------------

Con a preocupación que manifestábamos no artigo titulado “CAZA IRRACIONAL”; sobre a

ATENCIÓN ¡PERIGO!

Posted in

exterminio de rapososNoticia curiosísima, amplamente difundida polos colectivos de cazadores, vale a pena ler, que mostra as campañas pueriles que se utilizan con o fin de conseguir autorización para batidas de caza, de raposos ou do que sexa. Os “acosados” e “aterrorizados” veciños que se ven “acurralados” polos raposos que incluso “lles comen na pota dos cans”  e de tan “asustados” que están reclaman que, a mellor solución, é que veñan os valentes cazadores facer unha batida para rescatalos de tan terrible situación.

 “Incluso poden infectar ó gando”, segundo os autorizados coñecementos dos paisanos, tal vez instruídos por algún interesado

TRIUNFO PARA OS ANIMAIS

Posted in

zorzal realPor unha vez temos que nos alegrar de que unha Consellería de Medio Ambiente, significativamente en Cataluña, teña escoitado a os cidadans e suspendida a aprobación de un decreto que legalizaba unha práctica "tradicional" de caza indiscriminada.

O prazer é maior por termos participado nesta campaña.

Outra vez a diversión de seres que se chaman "racionais" e a tradición mal entendida están a ter como víctimas os animais, case é un milagre que queden algúns ante o

A CAZA IRRACIONAL

Posted in

En unha publicación da Consellería de Medio Ambiente, a todo luxo, está a lista de especies que se poden cazar, tanto aves como mamíferos, así como unha sínteses da propia orden de vedas.


Calquera, que saia algo ó monte, pode dar fe da extrema escasez da maioría dos animais que aparecen na lista de posibles víctimas. Tal feito, aparte de mostrar a total falla de criterio e racionalidade que prevalece nesta actividade, ven a nos convencer, unha vez mais, de que é unha actividade totalmente depredatoria e que, xunto con outros factores (autovías, AVE, urbanismo, etc.) está a constituír, non só en un enorme perigo para os frecuentadores pacíficos do monte, como tamén  a principal causa da desaparición das especies silvestres da nosa fauna.

Recomendamos ler as consideracións

CAZA O ANO TODO - Perigo no monte

Posted in

valente xabarín abatido

ACTUALIZACION 15 de outubro.

Como xa dixemos, confiamos no bo talante e na rectitude do novo Delegado de Medio Ambiente. En consonancia con tal criterio, enviámoslle un escrito, con esta data, solicitando que se extreme a vixilancia na comarca, a causa das infraccións a lei de caza que se están dando incluso antes de que a tempada de caza menor comence. Tamén encamiñamos copia a o SEPRONA.

Animamos a todos os veciños que observen infraccións na caza, sobre todo en seguridade de terceiros, das que informamos en "información ó cidadán e leis", que avisen a o SEPRONA. O teléfono é 988 270 092, confiamos que as denuncias empecen a "ir adiante".

 

ACTUALIZACIÓN 14 de outubro.

Noticia da morte de un pacífico sendeirista o sabado día 14, por parte de cazadores que, moi probablemente, non estaban a respectar as zonas de seguridade.

Ainda por enriba hai alguns destes suxeitos que se andan jactando de que lles quitan as multas na Delegación de Medio Ambiente . A cousa non é nova porque

CONSELLERIA DE M.A. E CAZA

Posted in

A consellería de Medio Ambiente segue a practicar un inexplicable favoritismo con os cazadores que, sabemos, non representa en modo algún o sentir da maioría dos galegos e galegas que, esta institución oficial, debería representar.

As cantidades que se citan (non esquezamos as que receben da Consellería de Cultura e Deporte, 700.000 euros no ano pasado) solo contribuen para destrozar o noso medioambiente e promover espectáculos como o "Campionato de Raposo" e "Tiro de pichón".

Lean o pedido da Sociedade Galega de Historia Natural á Consellería de Medio Ambiente... 

"SEGUROS E SEGURIDADE PARA TODOLOS CIDADÁNS NO MEDIO NATURAL
Petición da S.G.H.N. a Consellería de Medio Ambiente

Programa Radio Arenteiro - Tiro ó pombiño

Posted in

100_0921[1] Nova fabulosa, solo falta que sexa verdade. Parece que o "Tiro ó Pombiño", en O Grove, vai rematar de vez.

No pasado ano sumabámonos ás protestas contra o "tiro ó Pombiño" que ano tras ano, para divertimento de catro señoritos, que non podían practicar este "deporte" no resto de Europa e de casi toda España, viñan a Galicia a saciar as suan ansias de sangue. Parece que vai rematar.

15.000 pombiños fusilados impunemente, sen oprtunidade algunha de fuxir e o que é pior, os milleiros deles que

Distribuir contenido