Skip to main content

Transporte

AVE POR CERDEDO (II) - Alegacións

Posted in

ACTUALIZACIÓN 18 outubro: Estamos a verificar o "interese" do pobo no asunto. Todos queren o AVE o mais lonxe posible. Eso ten duas consecuencias: 1) Se fora cousa boa todos o quererían perto. 2) En lugar de debatir a necesidade ou non desta obra inútil, está a se discutir o trazado "sur" ou "norte", ¡moi maquiavélico!. O sur molesta ás persoas e o norte destróe mais medio natural...

Temos os planos 1:5000 sobre foto aérea do trazado Ourense Vigo, dos que adxuntamos unha mostra (3463 hasta 3467 de Carballiño Sur e 3474 hasta 3477 do Carballiño Norte), para quen os precise (vexa aquí os planos do trazado completo).

No arquivo adxunto tamén vai o escrito de alegacións que presentaremos, ás que calquera pode engadir as súas alegacións e presentalo na subdelegación do goberno ou no seu Concello, ou ben, facer e presentar o seu propio escrito.

Enlace Maside e "PELOTAZO URBANISTICO"

Posted in

O pasado xoves día 26/06/08 o alcalde de Carballiño presumía, na TV local, do "enlace" con que vai contar a nosa Vila. Seica non hai outra que poida "presumir" de tal. Por algo será.

Xa remataron coa carballeira do Puzo do Lago e vai comezar a desfeita, as marcas están en todalas pistas que vai cruzar o "monstruo", Maside arrasado para que O Carballiño teña catro carriles de entrada e saída. Vai semellar Madrid. Agora xa case non se da entrado e hai atascos, veremos despois como o arranxan. Posiblemente poñan unha trituradora de coches na Fontela.

Tamén están acelerando as obras os constructores para que aquí sexa a "cidade dormitorio" de Ourense. O ano pasado fixeronse mais

Plano do AVE Ourense - Vigo (I)

Posted in

Actualización 14 de outubro: Onte sábado día 13 realizouse a xuntanza, en Tenorio, de grupos ecoloxistas para falar deste proyecto. Esta é a nota que se mandou a prensa e noticia aparecida en GZnacion:

 

Aqui tendes o estudio do AVE a situación no tramo do carballiño e o tramo de pontevedra .

Incluimos o plano en escala 1:25000, do tramo Cerdedo - O Carballiño, (mapas ,1 ,2, 3 e 4) con o que o detalle é ben maior. Hai que gardar o arquivo e logo seleccionar "vista previa" e aumentar o tamaño que se queira

SOLUCIÓNS "INTELIXENTES"

Posted in

projecto ampliación puente randeAs noticias para os vigueses non deixan de mellorar, entre o AVE e os proyectos de AUDASA e da Consellería de Politica Territorial, os residentes en Teis ( e demais barrios) que se preparen para vivir á sombra dos viaductos. Ampliación do Puente de Rande e da autopista hasta García Barbón... ¿e depois qué? ¿un viaducto por todo García Barbón e rúas limítrofes para desconxestionar o tráfico que vai chegar por esas "infraestructuras"?.

Qué mais dá, o caso é que as concesionarias de autopistas gañen cartos eses aniños (10 ou 15) de atascos na entrada de Vigo e depois

MOITO LUXO E POUCO PAN

Posted in

Mentres que, segundo os nosos "representantes políticos", somos o pais de Europa con mais kilómetros de autopistas e de AVE, Alemaña incluída,estamos á cabeza tamén en mortes nas estradas e en mortes no traballo.Tamén somos o país da UE que ocupa os últimos lugares en renda “per cápita”,salarios, camas de hospital por mil habitantes,salario mínimo, axudas á familia, etc.

Cumpría ver o que habería de pasar se, o mesmo empeño, esforzo financeiro, rapidez de xestións, interese político e orxía de millóns que se manexan e con que se executan proxectos e obras de autopistas, AVE, parque eólicos, etc. se puxera na construcción de

PRESUPOSTOS CONTAMINANTES

Posted in

Pintada anti AVEA pesar dos grandes discursos na sede da ONU, o noso goberno segue apostando por continuar a contaminar e a destruír o medio ambiente fomentando o transporte individual, a construcción de autovías hasta os últimos recunchos do País, e o AVe que,ademais destes dous prexuízos, está a acaparar recursos inxentes nunha infraestructura elitista e cara, cando temos graves carencias de servicios básicos na nosa Comunidade.

O presidente da Xunta demanda ¡Por Fin! trens de cercanías para Galicia pero mentres tanto e na práctica, seguen a proxectar accesos por autopistas ás cidades esquecendo que eso non resolve os atascos porque á hora de entrar na cidade o atasco é inevitable xa que na cidade non caben mais coches.

Cartos para accesos ó aeroporto de Peinador e para un aparcadoiro novo,

AVE POR MASIDE E CERDEDO

Posted in

accidente en obra do aveAcaba de saír no BOE de hoxe, día 21 de setembro de 2007, a exposición pública do estudio informativo do AVE Vigo - Ourense por Cerdedo. Xa sabemos que e un paripé para cubrir as aparencias porque o asunto xa está decidido e van acabar con a Serra do Suído e con o que faga falta porque "hai que facturar", aínda que as listas de espera continúen e o hospital comarcal de Carballiño non se fagan, pero se alguén pensa que vale de algo pode presentar alegacións.

Concellos afectados Maside, O Carballiño, Boborás, O Irixo, Beariz, Forcarei, Cerdedo, Cotobade, Campo Lameiro, Moraña e Barro, aínda que

MORRER NO CAMIÑO

Posted in

atasco en VigoSó no día de hoxe, 16 de setembro, nun xornal galego, e falando de Galicia, pero en particular dos atascos de Vigo e área metropolitana, así como das solucións (parches) que están en estudio, como a construcción de outra autovía dende Pontevedra hasta Porriño con enlace a Peinador, ampliación da Ponte de Rande, construcción de unha nova ponte, etc. case todos os comentarios levan á conclusión que as solucións propostas son parciais e de curta ou nula validade. Curta no caso de que dentro de pouco tempo, tal vez meses, xa haberá outro atasco en un lugar próximo á “infraestructura” recen feita e nula solución no caso  de tentar resolver os múltiples atascos que hai en todas as grandes áreas de Galicia.

Tamén, na mesma edición se fala do tremendo número de accidentes

O FUTURO QUE QUEREMOS

Posted in

lugar sen infraestructurasHoxe aínda oímos alguén dicir que un acontecemento, sexa festa,romaría, etc. tivo éxito porque
"había moitos coches" ou "había mais de... tantos coches".

Antes, cando había moi poucos si, agora que calquera ten un coche NON.
Agora o equivalente seria que houbera 20 ou 30 Jets privados. Non 200 ou 300 coches.
Os suízos van ás festas en trens. Ben bonitos por certo, e nas festas báixanse de trens coloridos no medio do bosque onde non se ve nin o primeiro coche, por respecto ó medio ambiente, para non o contaminar nin visual nin atmosféricamente con coches, e ter unha festa mais "natural".

Pero aquí aínda seguimos nos anos cincuenta, aínda que queiramos deixalos atrás. O problema

TREN DE CERCANÍAS - Empezan a darnos a razón.

Posted in

vítima do automóvelAs declaracións de membros do PP sobre a conveniencia de empezar a construir trens de cercanías nas principais cidades de Galicia, para acadar unha disminución significativa de automóveis nas estradas e rúas, lembra o pirómano que se presenta o primeiro en apagar o lume. Pensemos que foi durante o mandato dese partido cando mais autovías, AVE, e incluso corredoiras se asfaltaron nunha orxía de gasto e destrucción do territorio.
No entanto, consideramos que deberíamos darlle apoio e resonancia para tratar de que o asunto pase a formar parte do debate de actualidade, debido a súa transcendencia na seguridade vial e na promocion do transporte público.

Distribuir contenido