Skip to main content

Transporte

ENLACE CARBALLIÑO-AUTOPISTA

Posted in

ENLACE POR MASIDE

ENLACE DO CARBALLIÑO CON A AUTOPISTA OURENSE SANTIAGO -¡¡ NON POR MASIDE!!

10-10-2007 - Como todos saben pretendese construir, polo concello de Maside, o enlace do Carballiño con a autopista Ourense Santiago.
Este enlace sale desde O Barazal, pasa ó lado do Puzo do Lago e acaba en unha rotonda na Fontela, á entrada do Carballiño.
Vai ter un ancho de casi 20 metros, e cinco kilometros de largo.

Unha tremenda invasión na parte mais rústica e natural do Concello de Maside, que pode afectar, non só ó Puzo do Lago, como tamén ós restos arqueolóxicos existenes no seu percurso. Pero o mais grave, é o brutal impacto paisaxístico no entorno rural do concello, con as consabidas molestias para os veciños, non só durante as obras, senón que, principalmente, depois con o ruído e a contaminación do tráfico e a división e destrucción do territorio.

REINCIDINDO NO ¿ERRO?

Posted in

Atasco en VigoSorprendentes (relativamente) as manifestacións da Conselleira de Politica Territorial Mª Xosé Caride nas que pon de manifesto os proyectos de construir mais autopistas en Vigo. Namentras os mortos nas estradas continúan.

Unha cidade xá completamente artificializada e inundada polos coches, con os seus arredores destruídos por autovías, suxeira e contaminación, pero que non se fala , como piroridade absoluta, de construir trens de proximidades para retirar parte dese tráfico.

RADIO ARENTEIRO

Posted in

  

Pode escoitar o programa "O Bosque Animado" sobre biocombustibles , pulsando AQUÍ

 

 

AVE - Reunión en CERDEDO

Posted in

Cartel Reunión AVEO 04 de agosto reunironse representantes de varios grupos ecoloxistas na sede da antiga Cámara Agraria de Cerdedo, para de debatir sobre a conveniencia e utilidade do AVE. Crónica do escritor Xosé. L. Santos Cabanas.

A Continuación pode ler o relatorio oficial das conclusións que se acadaron:

"AVE DE MAL AGOIRO"

"O sábado 4 de agosto, un grupo de colectivos atenderon a chamada da asociación ecoloxista e cultural Verbo Xido para participar na quinta edición dos encontros Terra de Tod@s, titulada ‘AVE de mal agoiro’. No salón de actos da antiga Cámara Agraria de Cerdedo expresaron as súas opinións os representantes de Adega, Vaiplolorrío de Pontevedra, Verdegaia, a asociación Outeiro e o centro de estudos Chamoso Lamas de O Carballiño, o sindicato Confederación General del Trabajo, a Coordenadora Anti-autopista e a asociación cultural Caleidoskopio de Vigo.

A VERDADE DO AVE

Posted in

Un interesante análisis, polo grupo Keleidoscopio, sobre o AVE. 

Tamén dous artigos sobre as curiosas posturas (cara e cruz), de grupos políticos supostamente progresistas e nacionalistas que, por un lado critican, e con razón, o pelotazo de Villar Mir con a mina de Serrabal (comprou por 60 millóns hai cinco anos e agora quere casi 900, namentras ós demais paisanos pagáronlle o que quixeron) e por outro, o mesmo grupo, defende esta irracionalidade centralista que é o AVE.

 "O Tren de Alta Velociade (TAV/AVE) e o seu grande impacto ambiental e social. "

MORTES NAS ESTRADAS - Hai moitos culpables

Posted in

As estradas matan, e matan 5000 persoas todos os anos.
Estamos cansos de escoitar que o motivo de que tanta xente morra ó volante é a imprudencia, a bebida,a velocidade,etc. Pois é moi posible que, ainda que en moitos casos iso sexa verdade, o maior responsable sexa quen nos acusa a nós.

Parece como se, quen ten a responsabilidade de determinar a moblidade dos cidadáns, ou sexa, os políticos ou mellor, os gobernos de turno,non tiveran responsabilidade algunha en tantas mortes como acontecen na estrada.Cando son eles os que nos obrigan a andar nelas.

OS COCHES TAMÉN MATAN DE FAME

Posted in

26/02/08 - Recente nova sobre os últimos estudos que falan dos problemas con os agrocombustibles.

-------------------------------------------------

OS COCHES TAMÉN MATAN DE FAME.

Sabemos que destróen o medio ambiente e a paisaxe, que matan a cotío traballadores a camiño do seu emprego por falta de transporte público, que matan por contaminación (lea), que acaban con a fauna por atropelos (estas mortes ó goberno non lle importan).

Agora tamén sabemos que nos van matar de fame, porque o aumento de precios por causa dos "biocombustibles" (que xá se está vendo que son unha peste mais) non está afectando só ó leite, tamén ós ovos, ó pan, ó azúcar, etc. (vexa interesante artigo aquí)

Distribuir contenido