Skip to main content

Maltrato animal

España Cañí

Posted in

Hoxe estivemos lendo novas do que acontece nun País de saguinarios e a pregunta é se, con esta xente, os animais terán algún día a consideración que se lle debe nun País civilizado.

Pasen e vexan...

A fe, á Virxe do Rocío, que mata cabalos :

http://www.eltorrenti.com/editoriales/200805/20080516-001.htm

O Ministro Bermejo matando cervos a 6.000 euros día, mais 3.000 por cada peza:
http://www.lanacion.es/?p=5817

http://www.abc.es/20080517/nacional-nacional/bermejo-cazador-cazado_200805170251.html

 

IBERDROLA "Ecolóxica e verde"

Posted in

18-04-2008 - Ahí tendes unha mostra mais da diferencia que hai entre a publicidade "verde" das "grandes" empresas, que pagan para difundir na TV e a cruda realidade do seu inmoral comportamento.

Consulte a noticia completa aquí.

Para esta empresa, igual que para as que fan "infraestucturas" sin pasos de fauna e para as "autoridades" que deberían facer o seu traballo, os animais non existen e son un motivo de perdas económicas, gastos "innecesarios"e un estorbo.

RECOMPENSA : 200 Euros

Posted in

Atopamos unha camada de catro cans no monte. Teñen entre 5 e 6 meses. Procuramos quen os queira adoptar e ofrecemos unha recompensa de 200 Euros a quen poida identificar e levar ante a xustiza ó tarado que os abandonou.

Pretendemos non entegálos á canceira porque os van sacrificar, ademais teñen un valor engadido: Formaron unha auténtica manada, moi unida, onde hai un macho dominante, outro inferior e duas femeas. Teñen unha relación asombrosa e

MORTES NAS ESTRADAS

Posted in

A saída de semana santa, e só no primeiro día, deixou un raposo, dúas xinetas e un gato atropelados á altura da Cañiza. Habería que estudiar o total de víctimas que a "operación saída" deixou entre a fauna por culpa da falta de pasos adecuados. Seica son mais de 30 millóns ó ano nas estradas españolas.

É incrible que a diario saia na TV e outros medios a, no caso de Galicia, responsable de política territorial, anunciando novas "infraestructuras", que destrúen o noso monte e esquilman a nosa fauna, sen que ninguén faga a mínima referencia á maneira trapalleira e irracional en que se invade o medio natural, sen por os medios mínimos para paliar tanta morte innecesaria.

INSOLITO...

Posted in

De seguro non se trata do pior que está acontecendo no mundo en termos de maltrato animal. Hai cousas tan ruíns ou piores que esta. A crueldade humana non ten limites.

Ésta e a nova que saiu publicada, en varios diarios.

O que chama a atención é a cantidade de "persoas", ou "membros da especie humana", que participan pasivamente nesta crueldade sen reaccionar. Dende o tarado que ideou o asunto, pasando por quen o autorizou, os responsables do local e, sobre todo, o enorme número de visitantes que asistiron, impasibles, a esta demostración da indignidade que pode acadar a nosa especie.

09/03/08 - Lean o comentario onde, dentro do debate, hai un enlace que inclue unha nota de prensa que, ó parecer, emitiu a Galería.

LEI DE PROTECCIÓN ANIMAL

Posted in

CANCEIRA DOS HORRORESCando está a piques de saír á información pública o proxecto da nova lei de  protección dos animais, é o momento de comprobar o espírito progresista do goberno de Galicia así como dos grupos do parlamento galego. Imaxes como as que, a diario, circulan na rede, non son propias de seres civilizados.

Confiamos en que certas actividades como os campionatos de raposo e de tiro ó pombiño, prohibidos no resto de Europa, non sigan tendo en Galicia o seu “paraíso fiscal” . Tampouco estaría de mais que se prohibiran os campionatos de caza, como os que se realizan o ano todo na nosa comunidade.

Matar animais de granxa para que algún “deportista” poida satisfacer os seus instintos

DE TORDESILLAS PARA O MUNDO

Posted in

manifestación en TordesillasFinalmente levouse a cabo, un ano mais, a barbaridade do "Toro de la Vega", no entanto estamos a ver como, cada ano, crece mais o número de manifestantes españoles e estranxeiros que se manifestan contra unha das maiores crueldades da España profunda.

A prensa deu ampla cobertura das protestas e hai na rede videos sobre o asunto. Tamén traemos de volta un interesante artigo de de Pérez Reverte que, ainda que do ano 2003, está de total actualidade e poden leer ó final deste texto.

MASACRE EN TORDESILLAS

Posted in

Morte cruelA segunda semana de setembro acontece en Tordesillas, (Valladolid) un dos feitos mais saguinarios da españa incivilizada e cruel con os animais indefensos. É en honra de unha virxen, o que non ven ó caso dado o comportamento hipócrita de moitos "meapilas" que, depois de ir á misa, adicanse a estas barbaridades. 

Chámanlle o "Toro de la Vega". Onde uns cobardes, ben protexidos, todos os anos se adican a perseguir, acosar, espetar con varas ata a morte e, finalmente, cortarlle os testículos, a un touro sen posibilidades de fuxir. Hai ampla información, así como a posibilidade de acudir a unha manifestación no lugar o dia 9, ou assinar un manifesto en contra desta barbaridade.

TOUROS EN PONTEVEDRA - Outra Masacre

Posted in

Xá non é de hoxe, pero Pontevedra está a ser unha das poucas cidades que ainda ten catro "aficcionados" a sangue é a ver o maltrato e tortura de animais, pública e legal.  Ainda que cada vez mais contestada.

Esperamos que rematen en pouco tempo barbaridades como os "Campionatos de raposo" e "Tiro al vuelo" como os que se fixeron en Carballiño e na Toxa respectivamente. Pero o asunto dos touros é unha patoloxía que ten oríxens no centralismo de Madri.

Grandes interese e grandes gandeiros, que herdamos do franquismo, están a manter viva esta "tradición" como eles lles chaman, ainda que sexamos o escarnio do resto do mundo e cada día menos os que, neste País, se interesan por tal barbaridade totalmente minoritaria.

Distribuir contenido