Skip to main content

Perrera Carballiño

Tres grupos ecologistas, a juicio por visitar la perrera de O Carballiño

18-10-2009 - Noticia copiada íntegramente del Diario El País. (Vea aquí el original).(Gallego)

Fueron acusados de entrar sin permiso después de que hallasen 76 canes muertos

FANI LOSADA - Santiago - 18/10/2009

Varios ecologistas, de los colectivos Amigos da Terra, Adega y Matar por matar Non, serán juzgados mañana en O Carballiño por entrar en la perrera municipal de la localidad. José Ángel Hermida, trabajador de la concejalía de Medio Ambiente que dirige la socialista María Xosé Pérez, presentó la denuncia a raíz de lo ocurrido el pasado 3 de marzo, día en que los acusados visitaron las instalaciones

Carballiño - As "explicacións" ao Valedor

23-09-2009 - (Castellano) O alcalde do Carballiño remite ao Valedor do Pobo un escrito co que pretende xustificar ás razóns pólas que se prohibe a entrada á canceira a membros da nosa asociación.


Podémolos resumir en que lle bota a culpa aos anteriores xestores da instalación, xulga e condena asuntos que aínda nin foron admitidos a tramite, utiliza aos traballadores e outras persoas que dependen del para facer acusacións baleiras e acaba confirmando que quen emitiu a orden de prohibir a entrada foi ele mesmo en abril de 2009, utilizando nunha norma que ele mesmo inventou e que non existe na ordenanza da canceira aprobada en pleno por tódolos grupos.

Carballiño - Delegado do Goberno arquiva denuncia da Policía Local

07-09-2009 - (Castellano) O Subdelegado do Goberno,“... a la vista de las actuaciones reflejadas en el presente expediente en las que no se acredita que se hubiese alterado el orden...”
Resolve:
“Sobreseer el expediente incoado a D. Julio Fernández González con archivo de las actuaciones practicadas al efecto”.


Basicamente é o que se decide sobre a denuncia efectuada pola Policía Local de Carballiño na que nos acusan de “Originar desórdenes graves en espacios públicos, colocando una pancarta de aproximadamente 4x1 metro, en las escaleras de plaza mayor,…” (sic).

Carballiño - Seica pretenden pechar a canceira

28-08-2009 - -   Amigos da Terra recibe un demoledor informe, do Valedor do Pobo, sobre as graves deficiencias na canceira do Carballiño.(Vexa no final do artigo a noticias da prensa sobre o informe do Valedor do Pobo).

Artigo Orixinal:

26-08-2009 - Esta asociación vese na obriga de esixir ao Concello que aclare os insistentes rumores que, cada día con mais intensidade, circulan nesta Vila sobre o posible peche da canceira municipal, o que explicaría a presencia de cans abandonados polas rúas.

Carballiño - Os “argumentos” do Concello

12-08-2009 - (Castellano) Acabamos de recibir a citación para comparecer a xuízo o día 19 de outubro, no xulgado do Carballiño, como consecuencia da denuncia presentada por un representante do Concello, contra os representantes de ADEGA, Amigos da Terra e Matar por matar,NON xa que, segundo a súa teoría, entramos sen autorización na canceira o día 3 de marzo,e o que é peor (dicimos nos), descubrimos as ducias de cans que tiñan sido “suprimidos”.


Estes son os argumentos que utilizan no Concello de O Carballiño para tapar a súas carencias. Non é a primeira vez que acoden a eles para intentar calar a quen denuncia as terribles condicións, de vida e morte, dos animais que están ao cargo deste Concello, a pesar das enormes sumas de cartos que viñeron

Xustiza gratuíta para defender o medio ambiente

08-08-2009 - Un acordo de enorme importancia para a loita ecoloxista contra os abusos do poder económico e a desidia da administración.


Amigos da Terra tivo recoñecido, polo Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, o dereito á xustiza gratuíta para actuar no caso da denuncia que interpuxo, nos xulgados de O Carballiño, por un posible delito de maltrato animal co resultado da morte de ducias de cans. Nesta denuncia tamén está personada a asociación ADEGA


O recoñecemento dese dereito, segundo informa esta asociación, dáse por aplicación da

O Valedor do Pobo insiste, o Concello do Carballiño non responde.

06-08-2009 - Terceira carta do Valedor do Pobo informando que, o Concello de Carballiño, non responde aos seus requirimentos para que lle remita información sobre a prohibición arbitraria que nos impuxo, de entrar na canceira.


A primeira foi o 7 de maio, a segunda o 26 de xuño e a terceiro o 30de xullo. O Concello do Carballiño non responde. Para este Concello o Valedor é o “pito do sereno”. Non lle fai caso ningún.


Non e importante que sexamos víctimas de unha inxustiza, nesta vida hai moitas, pero o  importante é que, a alcaldía do Carballiño, desprece desa maneira a lei e as institucións, así como os motivos que o levan a facelo.

Contacto coa Embaixada de México

13-07-2009 - Con motivo da próxima Festa do Polbo, dedicada este ano a México, Matar por matar,NON, púxose en contacto coa Embaixada mexicana en Madrid co gallo de informar ao embaixador da situación e trato que reciben os cans acollidos na canceira municipal.

O obxectivo deste contacto é solicitar a mediación do sr. Embaixador, con motivo da súa posible visita ao Carballiño o día da festa invitado polas autoridades locais, para que interceda polos infelices cans que teñen a desgracia de ter que depender do lamentable trato, coidados e alimentación que reciben das autoridades municipais responsables da súa custodia e que atopan cartos para tirar e para viaxar á capital do reino, pero non para

Parece mentira, pero é verdade.

04-07-2009 - O Concello do Carballiño está malgastando 250 millóns de pesetas en quitar as baldosas das beirarrúas da Avda. Do Balneario, que están en perfecto estado, para colocar outras iguais.

Mentres, non consegue acadar os fondos necesarios para alimentar 140 cans que morren de fame na Medela ou sobreviven gracias á caridade de Coren e Castro Bello, que lles facilitan carcasas de polo crúas.


Os veciños asisten entre sorprendidos e indignados ao desatino de dilapidar esa enorme cantidade de diñeiro, mentres

O Carballiño - O Concello despreza as institucións.

01-07-2009 - O goberno do Carballiño, tan dilixente ele en facer calar a quen se manifesta en contra das súas trapalladas, non responde ao Valedor do Pobo cando este lle pide explicacións.


Esa é a fe que teñen algúns demócratas nas institucións. Válense delas para seu lucro pero cando non lle convén ignóranas.


Esfumáronse os 300.000 euros da canceira pero non queren dar explicacións no pleno nin contas de como se utilizaron os cartos.


Desapareceron con mais de 130 cans para no ter que os atender, pero non acoden á comisión de investigación que se acordou no pleno, por tódolos grupos, para aclarar o asunto.


Falan de mocións de confianza e agora andan buscando diálogo, despois de faltar á súa palabra.

Distribuir contenido