Skip to main content

Perrera Carballiño

Á xente honrada do Carballiño

08-06-2009 - Votos en branco e nulos no Carballiño: 97.

28-05-2009 - Co gallo das elección europeas queremos lembrar á xente honrada da nosa comarca que, na canceira da Medela, seguen estando moitos animais, bos e leais, que viven nun auténtico campo de concentración.


Nunca saen de paseo, dormen o ano todo no cemento, pasan frío no inverno e calor no verán, non teñen quen lles faga unha caricia, beben auga quente no verán e no inverno non a teñen porque se conxela.

Comsión de in...ación

20-05-2009 - Tralos portentosos dribles que o grupo de goberno está dando a formación da comisión de investigación sobre a canceira e a morte mais que sospeitosa de mais de cen animais, e trala posibilidade de que o fracaso de unha moción de confianza teña levado ao Sr. Alcalde do Carballiño a se desdicir das súas ameazas de presentala, e tralas probas de que unha comisión de investigación sexa mais que legal a pesar das “pegas” esgrimidas para impedila, agora os grupos da oposición presentan as suas preguntas sobre o asunto.

Queixa ó Valedor do Pobo

13-05-2009 - Co gallo da prohibición de que entremos na canceira municipal, imposta polo sr. Alcalde de maneira que consideramos discrecional, autoritaria e sen amparo legal, por non se axustar á lei procedemento administrativo, presentamos queixa diante do Valedor do Pobo.


A mesma foi admitida a trámite e así nos lo comunicou con data 07 de maio e que recebemos o día 12.


Ó marxe de que consideremos tal prohibición unha inxustiza, tamén está o feito de que  sospeitamos que as verdadeiras razóns de tal prohibición son impedir que se saiba

Cortinas de Fume (Do Concello)

07-05-2009 - Concellos onde o PSOE pide "comisións de investigación"...  e normativa que as ampara (ver ao final do artigo e documentos adxuntos: 1, 2, 3, e 4).

05-05-2009 - O Sr. Alcalde e demais implicados, estiveron traballando, e seguirán a facelo, para que a comisión non se leve a cabo.
Se non se podía facer unha comisión de investigación o momento de avisar era antes do pleno no cal se acordou a mesma - no que eles, nun xesto fariseo, tamén votaron a favor - non esperar ó mesmo día en que se iniciara a  comisión e parar todo de novo.
Os motivos reais son outros.
Primeiro sacaron unhas “pseudo explicacións” na prensa, coa intención de ridiculizar a quen llas pedira e pensando que esa información non ía ser contrastada

Convocada comisión Canceira

30-04-2009 – Despois de 15 días, durante os cales estivemos diariamente fronte ó Concello do Carballiño, esixindo que se forme de unha vez a comisión acordada o día 26 de marzo polo pleno, en votación unánime, para investigar a fondo todas as irregularidades acontecidas na canceira do Carballiño, e sobre todo, a morte inxustificada de mais de cen cans, finalmente, no día de onte, o Sr. Alcalde presidente da corporación, tivo a ben iniciar os traballos o luns día 4 de maio.


Esta primeira reunión fora marcada para o día seguinte ao do pleno, e dicir, para o dia 27 de abril, o que significa que se convoca con mais de un mes de atraso. Ademais convócase para as 9 da mañá, unha hora inusual e que,

Dez policías armados.

23-04-2009 (Actualización) - Vimos as "explicacións" dos municipais, no canal 26, e dicimos:Identificar a quen non está molestando a ninguén e se coñece de toda a vida, solo pode ser coa intención de provocar .

Si había dous gardas facendo a identificación ¿por qué viñeron outros tres? ¿é que os primeiros non saben pedir o carnet eles solos?.

Se a pancarta "non tiña problema" ¿por qué nos la quitaron? ¿tamén para provocar?.

Si os Garda Civis estaban "de paso" ¿por qué tamén apuntaron os nosos datos e asitiron ao cacheo do coche? ¿non "confiaban" no traballo dos municipais?.

Non vai haber comisión de investigación

18-04-2009 - (Ou eso pretenden...) Onte día 17 estivemos no despacho do alcalde.
Despois de nos facer esperar o que lle deu a gana ó final pillámolo no corredor e tivo que nos atender.
Hoxe puidemos ver como un alcalde, que debería ser exemplo de respecto á lei, se ría na mesma cara de un concelleiro da oposición, cando lle lembraba que había que reunir a comisión de medio ambiente, cada quince días, por acordo do pleno.


Cando lle reclamamos que debería formar a comisión de investigación para aclarar a masacre que eses “valentes” fixeron cos pobres cans, respondeu, tamén rindo e con o maior cinismo, que andaba con outros asuntos “mais importantes” e desafiou a ese concelleiro a “que presentara unha moción de censura”. Non queremos imaxinar

Comisión de investigación ¡¡XA!!

16-04-2009 - A partir de hoxe e hasta que se forme, de una vez por todas, a comisión de investigación sobre a morte masiva de cans na canceira do Carballiño, vamos levar a cabo unha campaña que consiste en lle lembrar, tódolos días, ó grupo de goberno, que teñen a obriga de cumprir coas resolucións do pleno.

Estaremos a diario frente ó Concello do Carballiño repartindo un folleto informativo no cal, ademais das fotos de algún dos nosos fieles amigos que foron victimas da crueldade humana, tamén contará co seguiente texto:

Dineros esfumados y perros enterrados.

13-04-2009 - A falta de poner nombres, parece evidente que alguien, para no llevar trabajo y carente de capacidad para gestionar sus responsabilidades, no solo ha mentido sino que ha ordenado la eliminación de más de 100 perros. (Bastantes más y la cosa sigue).


Como las cuentas de  la obras no aparecieron en abril de 2008, ni en octubre del mismo año, cuando solicitadas en el pleno y lo hicieron “milagrosamente” meses después en la prensa, hemos estado averiguando algunas cosas sobre ellas que podrían estar “dificultando” que se forme la “comisión de investigación”.


Se movieron 300.000 euros en este asunto y lo primero que habría que hacer, a la vista de la lamentable calidad de la obra, es una peritación

Por qué non fomos ó Pleno da Canceira

07-04-2009 - Agora discuten se a comisión será de"investigación" ou "informativa". Saben que todos sabemos o que hai e non queren entregar as probas. Lóxico...

04-04-2009 - Seguimos polas "ramas"  e a comisión non "arranca" dez días despois do que debería ser a primeira reunión...si deles dependera a cousa quedaría impune.

01-04-2009 - Mais desculpas para non crear a comisión e o grupo de goberno segue "desaparecido", incumprindo os acordos do pleno. Teñen moito que agochar...

28-03-2009 - Comezan os problemas para aclarar o asunto. O grupo de goberno da plantón ós demais grupos 24 horas despois de acordar ,en pleno, a constitución da comisión.

Distribuir contenido