joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Canceira do Carballiño - crueldade e abandono | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Canceira do Carballiño - crueldade e abandono

07-12-2008 - Estendese o escándalo que afecta á canceira do Carballiño. Debido á gravidade do caso (pinche para ver a galería de fotos), outras agrupacións decidiron denunciar os feitos que nós estabamos esperando para ver si se solucionaban. Os intereses políticos e a omisión do Concello están ocasionando numerosas víctimas entre os animais . A concellería de medio ambiente, así como a alcaldía, son coñecedores das deficiencias que houbo na construcción desa instalación, así como da falta de dilixencia e do abandono que permitiron que ningunha deses deficiencias foran corrixidas, a pesar de que nunca faltaron recursos económicos que,  como tamén eles saben e pretenden ignorar, poderían ter servido para mellorar eses condicións.

Seguen a defender unha suposta xestión, teórica que non práctica, que foi letal para os cans pero que serve de escudo á súa falta de compromiso na vixilancia das responsabilidades cedidas e da utilización dos recursos aportados.

As nulas inversións e a falta total de atendemento da canceira foron as notas dominantes durante este tempo. Conforme se probou en outros artigos recursos non faltaron, a media estivo en volta dos 30.000 euros anuais, cos que se podería ter dado unha vida digna aos animais e ter a canceira nun estado aceptable, pero ignoramos de que maneira foron gastados.

A comida é gratis -carcasas de galiña crúas en días alternos,  fins de semana e pontes nada - o combustible tamén, os traballadores son por conta do Concello, non hai gasto de auga nin luz, o material de limpeza é reutilizado hasta o inservible, etc.

Así que non se entende que non se inverteran neste tempo nin os 3.000 euros que valeu instalar auga nos caniles, ou que non se compre pienso para alimentar os cans a diario e os fins de semana, ou que os medios de traballo se limiten a un par de cepillos, dúas palas vellas, caldeiros rotos  e unha carretilla. O que alí se pode ver non xustifica nin 100 euros ó mes, porque ese material utilizase hasta que está inservible.

Outros investimentos ou melloras tampouco hai, como tampouco hai un responsable quen se ocupe de facelas, promovelas ou supervisar o funcionamento da canceira.

Co gallo da moción que traspasa a responsabilidade da instalación ó Concello, o que por outra banda xa era un feito desde hai tempo, estamos a ver que os cans se utilizan como reféns e con fins políticos, para atacar a quen denuncia as enormes deficiencias que hai. A falta de sensibilidade e a crueldade de quen deberían velar polo seu ben estar, impídelles  entender que o único interese dos que estamos pendentes do asunto é, única e exclusivamente, os ben estar dos animais.

Tampouco se están dando pasos para executar a moción e mellorar a vida dos animais.

A instalación amosa un completo estado de abandono, que solo se ve interrompido cando se realiza nela unha rolda de prensa onde sinalan a existencia de bebedoiros e grifos, ocultando o feito de que foron instalados gracias á mediación, e cartos, de persoas alleas a esa responsabilidade.

Os pisos sen varrer e cheos de follas, as mangueiras destruídas, a ferramenta, pouca e mala, abandonada en calquera lugar, os cans á intemperie, pasando frío e durmindo encima de charcos, os feridos sen o tratamento e refuxio adecuado, cans soltos fora da instalación, a planchada vella sobre a que se instalou o depósito de auga apuntalada de mala maneira e con risco de afundimento, o botiquín segue sendo unha caixa de luz sen uso e onde non hai menciñas adecuadas en calidade nin en cantidade e sen hixiene algunha. Os traballadores, agora sen supervisión e sen testemuñas, pódense ver circulando polo centro de Carballiño, nos bares, en horas de servicio mentres o traballo está sen facer.

Diante todo o descrito e moito mais - como o burato dos cans mortos que xa se encheu de cadáveres e tiveron que  abrir outro novo, seguramente debido a alta mortaldade de animais - os responsables do concello seguen a impedir a intervención de voluntarios. Testemuñas incómodos que poderían “denunciar” estas carencias así como a irresponsabilidade e desidia de quen debería estar facendo  o seu traballo. Desa maneira cada quen fai o que quere e as víctimas son os cans que non se poden queixar. Aínda pretenden botarlle a culpa as persoas que están intentando mudar este estado de cousas, semella que a intención é pretender demostrar que “antes” estaba mellor.
Que esto aconteza precisamente no Carballiño, onde cabería esperar que fora exemplo de bo trato ós animais, resulta incomprensible...