joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Lodos fecais en Maside, compost en Cea e cinismo político. | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Lodos fecais en Maside, compost en Cea e cinismo político.

Posted in

11-10-2010 (Español) Por unha estraña coincidencia hoxe facía acto de presencia, nunha emisora de radio de Carballiño, o portavoz da executiva local do PSOE,  D. Guillermo Dopazo, para falar (mal) da planta de compost de Cea.

Coincidía a hora da súa comparecencia na radio coa visita que fixemos ao concello de Maside para solicitar copia do pleno onde, supostamente, se acordou, coa aprobación unánime de tódolos grupos políticos da corporación, a instalación de unha planta de tratamento de “lodos fecais” no parque de 20 has. que teñen programado levar a cabo nas Barandillas., a menos de 500 metros da Vila de Maside.

Despachouse a gusto o sr. Portavoz do PSOE contra a planta de compost de Cea, contra o sr. Alcalde de Cea que a aprobou, contra o procedemento de tramitación e contra as súas consecuencias presentes e futuras. 

Falou dos estraños acontecementos e secretos que rodean o asunto, a falta de información pública, da súa tramitación inusitadamente dilixente por parte do Concello de Cea, dos prexuízos para os veciños, da mais que probable contaminación do entorno e das vilas por onde se transportará o lixo que vaia para nesta planta, das posibles futuras ampliacións deste primeiro paso e que pode, nun futuro mais ou menos próximo, dexenerar en actividades mais contaminantes e variadas.

Razóns polas que, tódolos veciños, así como o seu grupo e as corporacións dos concellos de Maside e O Carballiño, se opoñen a devandita planta e, nese senso, aprobaron unha moción pedindo a suspensión do proxecto.

De maneira que nos tomamos a liberdade de lle mandar unha pregunta, para ser exposta no mesmo programa, na que se poñía de manifesto que as mesmas razóns e argumentos que ele expuña contra a planta de Cea, a súa tramitación, a falta de información, non consultar cos veciños e os prexuízos que lles vai causar, tamén eran de aplicación á planta de tratamento de “lodos fecais” de Maside. Pois parece ser que o sr. portavoz non aceptou a pregunta.

As razóns parecen evidentes, o sr. Portavoz do PSOE foi pillado nunha tremenda contradicción porque está criticando, e con razón, unha alloada que se pretende levar a cabo en Cea, mentres teñen organizada unha moito peor en Maside. Porque os argumentos que ele expuxo en contra da planta de Cea son mais que válidos, un por un, para a planta de "lodos fecais" de Maside.

Por certo, que tampouco os concellos limítrofes con Maside saben nada deste asunto a pesar de que tamén resultarán afectados e dos evidentes prexuízos e contaminación que para eles vai "exportar" Maside en termos de malos cheiros, contaminación de augas, fontes, ríos e regatos que pasan tamén polos outros concellos. Pensamos que, a lo menos, deberían ter sido informados ou consultados. Pois non saben nada de nada.

E como as cousas da vida son así, acontece que, en Maside, os dous grupos políticos (PP e PSOE) puxéronse de acordo para aprobar, en secreto, ocultado todo aos veciños porque saben que o van rexeitar, sen consultar con eles e sabendo que lles van causar un enorme prexuízo, un asunto que saben vai prexudicar, e moito, os intereses dos seus veciños, o valor das súas propiedades e a súa calidade de vida, pero que ámbolos grupos, por razóns que descoñecemos, teñen grande interese en aprobar nunha verdadeira traizón aos intereses dos seus representados.

Sobre a nosa petición, hoxe, da copia da acta do pleno de Maside onde se aprobou por unanimidade autorizar esta planta de tratamento de “lodos fecais”, pareceunos, en determinado momento e pola reacción do secretario do concello, que estabamos cometendo, ou a punto de cometer, algún tipo de grave delito penal, tal foi a reacción do mesmo diante da nosa solicitude.

Cando lle aclaramos que eran documentos públicos (cousa que ele xa debería saber, ou que sabe pero finxe que non o sabe) mostrouse mais colérico aínda, puxo diversos “problemas” e, por fin, notificounos que deberíamos presentar unha solicitude por escrito, para nos facilitar, “si se consideraba conveniente”, a copia da acta do pleno que solicitábamos así como para poder acceder aos documentos e proxecto desa planta de tratamento de “lodos fecais”.

Informaremos de si nos conceden, e de cando, desde o concello de Maside, o dereito de información e de acceso a documentos públicos garantizado por diversas leis, xa que, nesta nosa terra, semella que en lugar de dereitos, o que temos, son  privilexios que os alcaldes poden ou non outorgar conforme lles pete. Tan faltos de costumes democráticas estamos.

Confiamos en que non se demore moito ese acceso á información porque, si o asunto da planta de compostaxe de Cea é grave, mais grave parece este da planta de “lodos fecais” e moito lamentaríamos que estes nosos políticos estean utilizando un dobre raseiro para segundo que asuntos.

Neste caso ademais, asusta comprobar o nivel ao que vai chegando a clase politica que, para repartir os costes electorais de unha canallada en contra do seu povo, cheguen ao punto de se unir goberno e oposición para levar a cabo, en total secreto, un proxecto letal para a sua comarca e que serve a intereses que desde logo non son os dos seus veciños.

Esta é unha proba  clara de que os politicos reciben as ordes "de arriba" e levanas a cabo ao marxen dos intereses do pobo (lembremos a guerra de Irak). Aqui o mais probable que aconteceu foi que, o que goberna, para non pagar ele solo o precio desta desfeita contra Maside, esixiu que a oposición tamén votara a favor e así repartir o coste político.

Prensa:

http://www.laregion.es/noticia/133301/ecologistas/alertan/planta/lodos/maside/

http://www.ourensedixital.com/_novas/10/10/13_02.htm

http://www.ourensedixital.com/_opinion/_gringoviejo/2010/101013.htm