Skip to main content

La ley y los argumentos de cada uno.

Posted in

20-04-2010 – (Gallego) Atendiendo a las numerosas solicitudes que hemos recibido, reproducimos literalmente el contenido completo del artículo 34 de la Ley de Caza de Galicia, del cual, en los expedientes incoados a los ecologistas, se está aplicando el apartado 19 de dicho artículo. Infracción prevista en el art. 57/16 que también reproducimos.
El texto completo de dicha ley se puede consultar pinchando en este enlace.


Asimismo reproducimos, como documentos adjuntos, tanto el texto del expediente que se incoa, como las alegaciones presentadas, la propuesta de resolución así como las alegaciones presentadas a dicha propuesta de resolución.

Lei 694/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia. 

..................
Artigo 34.–Doutras prohibicións.
1.–Queda prohibido:
1) Cazar en época de veda.
2) Cazar fóra do período comprendido entre unha
hora antes da saída do sol e unha hora despois do
seu ocaso, agás nas modalidades de caza nocturna
expresamente autorizadas.
3) Cazar en tempo e lugares nos que, como consecuencia
de incendios, epizootias, envelenamentos,
inundacións, secas ou outras causas, os animais se
ven privados dos seus hábitats e das súas facultades
normais de defensa e obrigados a concentrarse en
determinados lugares.
4) Cazar en días de neve, cando esta cubra de
forma continua o chan ou cando por causa dela queden
reducidas as posibilidades de defensa das pezas
de caza. Esta prohibición non lles será aplicable
á caza maior de alta montaña nin a determinadas
especies de aves migratorias nin a outras especies
cinexéticas ás que a existencia de neve non lles
reduza as súas posibilidades de defensa nas condicións
que regulamentariamente se fixen.
5) Cazar cando por circunstancias metereolóxicas
e calquera outra circunstancia estea reducida a visibilidade,
de forma que poidan producirse perigos
para as persoas ou para os seus bens.
6) Cazar servíndose de animais ou de calquera
vehículo como medio de ocultación.
7) Cazar en liña de retranca, tanto que se trate
de caza maior coma menor.
8) Cazar en refuxios de fauna, en terreos vedados
temporal ou permanentemente en razón de plans
cinexéticos legalmente aprobados ou en estacións
biolóxicas ou zoolóxicas, agás que se estea en posesión
dun permiso especial.
9) Entrar en terreos sometidos a regulamentación
cinexética especial debidamente sinalizados, sen o
oportuno permiso, levando armas, cans ou artes dispostas
para cazar.
10) Cazar combinando a acción de dous ou máis
grupos de cazadores ou facendo uso de medios que
persigan o cansazo ou esgotamento das pezas, agás
nos casos de batidas e monterías debidamente
autorizadas.
11) Cazar ó axotamento sen autorización expresa.
12) Portar armas de caza desenfundadas ou dispostas
para o seu uso cando se circule polo campo
en época de veda.
13) Cazar con armas de fogo quen careza dos requisitos
esixidos para iso ou non dispoña dos oportunos
permisos.
14) Dispararen con ningunha clase de armas os
axotadores, batedores, secretarios ou podengueiros
que asistan en calidade de tales a axotamentos, batidas
ou monterías.
15) Cazar sen estar provisto da documentación preceptiva
ou sen levala consigo.
16) Cazar, ter ou transportar especies non cinexéticas
ou pezas de caza das que a súa idade ou sexo,
sempre que sexan notorios, non concorden ou non
cumpran os requisitos legalmente permitidos.
17) Cazar con chamariz de perdiz, incumprindo
as disposicións que regulen esta modalidade.
18) Destruír tobeiras e niños, así como a recollida
de crías ou ovos e a súa circulación e venda.
19) Calquera práctica que tenda a alterar e alarmar,
atraer ou espanta–la caza existente en terreos
alleos.
20) Usar ou posuír sen autorización animais, aparellos,
artes ou productos aplicables á captura ou
atracción de pezas de caza ós que se refire o artigo
anterior.
21) Posuír en catividade individuos de especies
cinexéticas de caza maior sen a oportuna autorización.
22) Dispararlles ás pombas nos bebedoiros habituais
ou a menos de mil metros dun pombal autorizado,
sempre que a súa localización estea debidamente
sinalada. Así mesmo, dispararlles ás pombas
mensaxeiras e ás deportivas ou bochonas que
teñan marcas regulamentarias.
23) Empregar ou posuír postas ou balas explosivas,
así como calquera tipo de proxectil no que se producisen
manipulacións.
24) Cazar con arma longa raiada ou empregar cartuchos
de bala ou postas para especies de caza menor
ou utilizar municións de perdigóns ou postas para
a caza maior.
25) Cazar en terreos que carezan de plan de ordenación
cinexética ou de plan de aproveitamento
cinexético anual e que teñan a obriga legal de telos.
26) Cazar con pistola e armas de aire ou outros
gases comprimidos.
27) Cazar con armas que disparen en refachos
ou con armas automáticas ou semiautomáticas provistas
de cargador que poida conter máis de dous
cartuchos, así como coas dotadas de silenciador,
visor para o disparo nocturno ou munición non
autorizada.
28) Calquera outro sistema establecido ou que se
estableza en disposicións legais ou regulamentarias.
2.–A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes,
de oficio ou por petición de organismos ou institucións
públicas ou privadas ou dun particular,
poderá acordar, por medio dunha resolución motivada,
o emprego de calquera dos medios, modos ou
formas prohibidos neste artigo ou no anterior.
3.–Neste caso, a autorización que se conceda será
por prazo determinado, persoal e intransferible, fixará
as condicións para a súa utilización e responsabilizará
expresamente o titular da autorización,
solicitándolle, se se considera pertinente, a oportuna
fianza.

Artigo 35 - …………

Artigo 57.–Das infraccións leves.
Son infraccións leves:
1) Cazar sendo menor de dezaseis anos.
2) Cazar con armas de fogo sen ter acadada a
maioría de idade cando se faga a máis de cincuenta
metros do cazador maior de idade encargado da vixilancia
do menor ou cando non se cumpran as súas
indicacións.
3) Non vixiar eficazmente as actividades cinexéticas
do menor que utilice armas de fogo o cazador
maior de idade encargado desa vixilancia.
4) Non levar consigo durante o exercicio da caza
a documentación preceptiva, aínda sendo titular
dela.
5) Abater ou intentar abater unha peza que fose
levantada e sexa perseguida por outro ou outros cazadores
e polos seus cans.
6) Practica–la caza dacabalo cando non se dispoña
de autorización para iso.
7) Cazar pombas nos seus bebedoiros habituais
ou a menos de mil metros dun pombal agroindustrial
debidamente sinalizado.
8) Establecer pombais agroindustriais sen autorización.
9) Cazar pombas mensaxeiras, deportivas ou
bochonas que teñan as marcas establecidas para o
efecto.
10) Non impedir en época hábil que os cans propios
vaguen sen control por terreos cinexéticos.
11) Transitar con cans sen a debida dilixencia
para evitarlles molestias ás pezas de caza, ás crías
ou ós seus ovos.
12) Non exerce–la debida vixilancia sobre os cans
pastores de gando para evitar que lles causen prexuízos
ou molestias ás pezas de caza.
13) Incumpri–las normas que regulen o adestramento
de cans nas zonas que se establezan para
o efecto.
14) Non cumpri–las normas sobre caza en camiños
e augas públicas que atravesen ou linden con terreos
sometidos a réxime cinexético especial, ou cazar nestes
lugares sen o debido permiso.
15) Incumpri–las normas que se establezan sobre
a actividade cinexética en relación con determinados
terreos por razón de cultivos ou repoboacións
forestais.
16) Calquera práctica que tenda a alterar e alarmar,
atraer ou espanta–la caza en terreos alleos ou
zonas protexidas
.
17) Infrinxi–lo disposto respecto da entrega e do
cobramento de pezas de caza feridas ou mortas que
entren en terreos cinexéticos doutra titularidade,
cando o peticionario de acceso acredite que a peza
foi ferida en terreo onde lle estaba permitido cazar.
18) Entrar con armas ou cans en terreos abertos
sometidos a réxime cinexético especial, para cobrar
unha peza de caza menor ferida fóra del, sempre
que se encontre en lugar visible desde o lindeiro.
19) Infrinxi–las limitacións ou prohibicións que
regulen o exercicio da caza en terreos sometidos
a réxime cinexético especial, cando o infractor estea
en posesión do correspondente permiso para exercita–
la caza neles.
20) Incumpri–lo que se estableza regulamentariamente
sobre a caza de aves migratorias.
21) Contravi–las disposicións sobre a caza de aves
acuáticas desde postos fixos e sobre cans de persecución
ou cetrería.
22) Practicaren a caza con armas ou con calquera
outro medio ou arte os auxiliares dos cazadores que
asistan en tal calidade.
23) Estar en posesión de armas ou municións non
permitidas para a modalidade de caza que se estea
practicando.
24) Solicita–la licencia de caza estando inhabilitado
para obtela por resolución firme, en tanto dure
a inhabilitación ou estea pendente de pago algunha
sanción firme.
25) Posuír sen autorización ou identificación lazos,
trampas, garamelos, costelas, buíces, nasas ou
esparrelas, arbolillo, varetas, rametas, barracas ou
paranys, artefactos que requiran para o seu uso o
funcionamento de mallas, redes abatibles, redes
néboa ou verticais ou redes canón, todo tipo de
medios que impliquen o uso de visgo, furóns e postas,
entendendo por tales aqueles proxectís múltiples que
teñan un peso igual ou superior a 2,5 gramos.
26) Posuír, con fins de caza, aparellos electrocutantes
ou paralizantes, cebos, gases ou substancias
velenosas, paralizantes, tranquilizantes, atraentes ou
repelentes, productos para crear rastros de olor,
explosivos, anzois e arames.
27) Anelar ou marcar pezas de caza sen a debida
autorización, ou non remitirlle á Administración os
aneis ou as marcas oficiais que posúan as pezas
abatidas.
28) Incumpri–las condicións que se fixen nas autorizacións
para realizar batidas.
29) Incumpri–la obriga de dar conta do resultado
das cacerías.
30) Incumpriren os cazadores as limitacións contidas
no plan de ordenación cinexética oficialmente
aprobado, agás que estivese tipificado como infracción
específica de maior gravidade nesta lei.
31) Non cumpri–las disposicións específicas dictadas
ou cursadas ós titulares de terreos suxeitos
a réxime cinexético especial sobre o seu funcionamento.
32) Transportar caza morta sen cumpri–las disposicións
que a regulamenten ou non cumprir cos
requisitos que, para o efecto, se establezan.
33) Transportar en vehículos motorizados armas
desenfundadas e listas para o seu uso, aínda que
non estivesen cargadas, en época hábil.
34) Estar en posesión, en épocas de veda, de pezas
de caza menor mortas das que non poida xustificarse
suficientemente a súa procedencia.
35) En xeral, incumpri–los requisitos, as obrigas,
as limitacións ou as prohibicións establecidas nesta
lei, cando non sexa constitutivo de infracción grave
ou moi grave.

............

AdjuntoTamaño
Expediente sin1.doc160.5 KB
Alegaciones.doc27 KB
Propuesta.Res. sin1.doc447.5 KB
Respuesta propuesta .doc47 KB