joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Sr. Alcalde de Punxín: Explíquese por favor. | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Sr. Alcalde de Punxín: Explíquese por favor.

Posted in

15-06-2010 - “Que se trataba, simplemente, de unha ampliación da nave de escaiola de Listanco”. Así trataba o alcalde de Punxín de desmentir, hai dous anos, as nosas denuncias sobre un absurdo parque industrial que se pretendía instalar en Vilamoure e para o que, daquela, xa encomezaran os movementos especulativos.
Agora descubrimos que o Concello de Punxín xa remitiu o proxecto de PXOM á Consellería de Territorio, xa recibiu o “informe previo” e solo está pendente de aprobación en pleno un proxecto de PXOM que inclúe un parque industrial nese lugar de, a lo menos, 30 hectáreas.  Así que de “ampliación” da nave de escaiola, nada.


Lamentamos ter que dicilo, pero non solo tiñamos razón cando denunciamos especulación na área mellor preservada do Concello de Punxín, senón que o Sr. Alcalde tratou de confundir á opinión pública, conforme se pode ver nos xornais da época.

Ademais, como explicaremos mais adiante, pensamos que tamén lle está ocultando información, sobre este asunto, ao MARM e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil.


E non solo intentou confundir á opinión pública senón que, á vista do rexeitamento dese proxecto por parte dos veciños, tódalas xestións relativas tanto a redacción do PXOM como o que di respecto ao parque industrial, foron feitas ás caladas e non informou de nada aos afectados que, por outra banda, son os seus propios veciños de parroquia. Ou sexa, os veciños de San Estevo, Vilamoure e Lamas, onde tamén vive o sr. Alcalde.


Como se pode supoñer, a indignación na parroquia é maiúscula, xa que a Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística, no seu artigo 100, prevé a publicidade e participación veciñal na redacción de calquera PXOM pero que, como residente nesa parroquia, non teña consultado aos seus veciños un asunto tan dramático para o seu futuro, como son 30 hectáreas de parque industrial no medio das tres aldeas, é surrealista.


A Xunta remite un informe demoledor, (no que destacamos as referencias mais importantes) tanto sobre ese desproporcionado e innecesario parque, como sobre as alegres previsións de “crecemento” urbanístico (O proxecto de PXOM prevé 355 novas vivendas en 14 anos), lembrando aos redactores que, o Concello de Punxín, perdeu un 29% de poboación entre 1981 e 2007.


ADEGA, Amigos da Terra e Matar por matar,NON, tamén xa presentamos un informe exhaustivo (pinche no enlace para leelo), tanto aos veciños como ao propio alcalde, sobre o absurdo deste parque e con o cal esperamos que o grupo de goberno poida recapacitar sobre a procedencia do mesmo.


Así as cousas, os veciños pregúntanse que beneficios espera obter o alcalde de Punxín en destruír a zona mellor conservada do Concello, con un parque que, primeiro desmentiu que estivese programado, e agora resulta que foi enviado á xunta para ser aprobado, as caladas e con total secreto.


Os motivos desta falta de transparencia cos veciños deberá ser explicada polo sr., alcalde, pero o informe da Xunta agora dálles a razón a eles e ás asociacións que, xa na época, nos opuxemos a ese desatino, porque di que non se xustifica nun concello de menos de 900 habitantes case todos xubilados.


Pero é que, ademais, o lugar onde quere situar o parque atópase no extremo norte do Concello, lonxe dos enlaces coas autovías de Vigo e Santiago que están en Barbantes, no extremo sur e na parte mais baixa. Para subir hasta Listanco compre salvar unha pendente media do 6%.


Vai contaminar todo o Vale do Barbantiño, e en consecuencia o Concello enteiro, cos vertidos e emisións, vai arrasar con as mellores carballeiras do Concello, vai ter un impacto visual tremendo debido á orografía da zona e ao movemento de terras necesario para adaptar o terreo, vai frustrar a incipiente recuperación da zona como área residencial, onde numerosas casas antigas están sendo reconstruídas e vai arruinar os bens dos veciños que perderán o seu valor debido á proximidade dun parque que xera ruídos, contaminación e outros inconvenientes incompatibles co sosego actual da zona e coa súa vocación agrícola e residencial.


Como é obvio tamén serán importantes as consecuencias negativas para a flora, a fauna e os refuxios de fauna que existen nos montes do lugar, así como para os acuíferos dos que manan os poucos mananciais que aínda restan na Parroquia.


Pensamos que o proxecto aínda non foi presentado para aprobación provisional en pleno porque, o debate que vai xerar, podería dar ao traste co investimento de 1.350.000 Euros que se está levando a cabo na zona termal do Bañiño. Subvención que acaba de outorgar O Goberno de España, a través do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, as caes poderían repensar o asunto de levar a cabo eses investimentos, xa que se poderían ver arruinados polos vertidos procedentes do tal parque e que irían dar á zona termal.


Repetimos que ignoramos a qué intereses serve este parque absurdo - ao lado de parques como o de Maside e Carballiño, onde a diario pechan empresas ou onde hai parcelas ocupadas con residencias - que vai destruír o lugar mais privilexiado do Concello de Punxín.


Desde logo non é para atender aos intereses dos veciños, e a mellor proba é que se lles está ocultando a desfeita.

Esperamos que se impoña o bo senso e se dea un xiro radical neste proxecto, se anule o parque industrial previsto no PXOM e se tranquilice aos veciños sobre este grave asunto que pode dar ao traste coa súa calidade de vida e co valor das súas propiedades.


En todo caso, se algún veciño ou parroquia está moi interesada no asunto, que se lle coloque o polígono industrial na súa zona, en Vilamoure NON.

Referencias de Prensa sobre o asunto:

http://www.laregion.es/noticia/63635/carballi%C3%B1o/punx%C3%ADn/desminti%C3%B3/alcalde/carteles/aparici%C3%B3n/particular/compra/terrenos/zona/r%C3%BAstica/recal/
La Región 24/07/2008 "Ampliar fábrica de escaiola".


http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2008/07/22/0003_7002442.htm
La Voz 22/07/2008 Ecoloxistas denuncian compra para parque residuos.


http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2008/09/02/0003_7105500.htm
La Voz 02/09/2008 Adega denuncia alcalde Maside favorecer especulación. p/parque.


http://www.laregion.es/noticia/63414/maside/carballi%C3%B1o/aparici%C3%B3n/carteles/particular/compra/terrenos/zona/r%C3%BAstica/alerta/asociaci%C3%B3n/defen/
La Región 22/07/2008 Adega denuncia especulación Maside Punxín.


http://www.laregion.es/noticia/109730/punx%EDn/aguas/sulfurosas/complejo/termal/ba%F1i%F1o/aprovechamiento/
La Región 21/11/2009 Punxin remite proxecto á confederación.


http://www.laregion.es/noticia/118554/termas/punxin/
La Región 28/02/2010 Asinan inversión.


http://www.ourensedixital.com/_novas/10/02/25_04.htm
Ourense Dixital 25/02/2010 Asinan convenio área termal.


http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/02/25/medio-ambiente-destina-13-millones-euros-espacio-termal-concello-punxin/414850.html
Faro 25/02/2010 M.A. destina mais de 1.300.000 Euros ao espacio termal.

 

Prensa actual:

http://www.laregion.es/noticia/126753/parque/industrial/punxin/despierta/recelos/

AdjuntoTamaño
Iforme inicial PXOU Punxín 11-2009.pdf66.21 KB
Destaques PXOM Punxin.doc52 KB
Informe asociacións p. industrial Punxín.pdf1.04 MB