joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate A incineradora de Ourense e os políticos. | matarpormatarnon.org
Skip to main content

A incineradora de Ourense e os políticos.

Posted in

25-07-2010 - Significativas e reveladoras as declaracións do presidente da Deputación de Ourense, Sr. Baltar, en varios medios de comunicación (Vieiros e Faro de Vigo), sobre o asunto da incineradora de residuos que teñen previsto construír na provincia de Ourense, para queimar o lixo que producen as grandes cidades do sur de Galicia, en contra do que digan os veciños que resulten afectados e en contra de tódolos grupos ecoloxistas.


E dicimos que son reveladoras e significativas porque cando nos informa de que, intencionalmente, solo van falar do asunto despois das eleccións municipais, veñen a confirmar o tipo de políticos que temos por estas bandas, e quen o di é precisamente un deles e un dos mais significados persoeiros da política provincial.


Tamén chaman a atención as declaracións do alcalde de Carballeda Sr. Milia acusando a Coto do Frade de demagoxia porque, segundo ele, esta asociación agora non se preocupa do asunto do lixo, o cal non é verdade, porque Coto do Frade si que está sendo crítico coa nova política da Xunta neste asunto da incineración, como se pode ver neste documentoneste enlace.


Ao que íamos, manifesta o Sr. Baltar, textualmente e acorde co que se publica na prensa, que o debate sobre a incineradora non se vai producir hasta pasadas as eleccións municipais, porque os alcaldes son conscientes do rexeitamento dos veciños a este tipo de instalación e non queren perder votos manifestando a su postura ao respecto.


De maneira que se está recoñecendo publicamente que os nosos alcaldes, para acadar o cargo, non dubidan en calar ou mentir aos veciños sobre certos asuntos sabendo de antemán que, despois de eleitos, van actuar en contra dos desexos e da vontade deses veciños.


Que no que menos están preocupados é en atender os intereses dos seus veciños, e que o único que queren á manterse no cargo, que as disputas cos rivais políticos solo teñen a finalidade de conseguir ocupar eles o cargo en lugar do rival e que unha vez no poder o de menos é o que pensen os veciños, porque o que eles van facer é servir a intereses que moitas veces van en contra dos intereses de quen os elixiu.


A democracia consiste en que os representantes do pobo deben actuar sempre de acordo cos intereses da maioría dos cidadáns a quen representan, e non o revés. Non se trata de conseguir primeiro a maioría, neste caso incluso enganando aos votantes, e despois utilizar esa maioría para actuar en contra dos intereses ou os desexos da maioría dos cidadáns co argumento de que, o que eles deciden, representa a vontade da maioría.

Iso é o que ven sucedendo tódolos días na nosa política, pero é unha perversión e unha deturpación da representatividade popular e quen así actúa non ten lexitimidade para continuar representando aos seus votantes, e obvio que os enganou é  o obvio que lles está mentindo é obvio que os está utilizando.


Como exemplo macabro deste tipo de perversión no uso da representatividade popular, é o caso da votación para intervir na guerra de Irak.


Hai tempos atrás moita xente foi prescrita, foi fusilada, e foi encarcerada por alta traizón. Esperamos non ter que volver a eses tempos, pero desde logo quen así actúa perde toda lexitimidade para continuar no cargo, porque está actuando conscientemente, con premeditación e alevosía, en contra das persoas que lle entregaron a representación, está os traizoando e debe abandonar inmediatamente o cargo, porque o seu comportamento nada mais é que un motín de quen debe servir á soberanía popular en contra dos intereses e desexos desa soberanía.

Debemos, ademais, establecer un mecanismo, non solo para remover do cargo a ese tipo de político, senón tamén para que sexa castigado penalmente.


Un político ten a obriga de ser claro nas súas posturas, tomar decisións que sabe que son as maioritarias dos veciños e no caso de que non teña esa certeza debe consultalos – mediante referendo, se a cousa é importante, ou mediante enquisa – para non perder a súa lexitimidade actuando en contra dos intereses ou dos desexos maioritarios dos votantes e da soberanía popular, porque tal cousa non sería mais que unha traizón.

Sobre o asunto da incineradora tamén di o Sr. Presidente da Deputación, que incluso hai alcaldes do PSOE que queren instalar a incineradora no seu concello e como dicíamos, saben que o van facer en contra da vontade popular e de momento no din nada. Iso solo demostra que políticos podres hainos en tódolos partidos, pero iso xa o sabíamos. O que causa asombro é ver como estas cousas xa están a ser ditas abertamente, sen o menor pudor e poñendo de manifesto o tipo de inmoralidade que se está practicando diariamente en contra da soberanía popular e por parte dos seus supostos representantes.

O que sería recomendable é que, nas próximas eleccións da provincia de Ourense, tódolos votantes esixan aos candidatos que se manifesten sobre este asunto.


O que tamén queremos destacar sobre este asunto é que, como acostuma acontecer, tratan sempre de instalar este tipo de desfeita nun concello pequeno, fálase de Melón, O Carballiño, Cea, etc., para convertelos noutro monte de lixo igual a Cerceda. Iso ten por obxecto evitar polémicas nas grandes cidades, onde un solo barrio ten milleiros de veciños mais que calquera dos concellos da provincia de Ourense.


Tamén se está procedendo coa cada dia mais instaurada costume de  utilizar o rural como o lugar idóneo para alí mandar as empresas contaminantes, os parque industrias e toda a porcallada que os residentes nas grandes cidades non queren ó carón de súas casas, pero si queren aproveitarse dos bens e produtos que alí se producen.

O rural tamén ven sendo utilizado para construír as estradas e autovías que, ademais de destruílo, tamén  van servir para transportar con mais facilidade todo o lixo e a contaminación para o medio da natureza e para os pequenos concellos aos que pretenden converter nas lixeiras e nos parques contaminantes que serven as grandes cidades.


Calquera que teña feito sacrificios para ir morar no rural ou procurar alí unha residencia pensando no sosego e no aire puro, pódese atopar, da noite para o dia, con que ao lado da súa casa resolven colocarlle un polígono industrial, unha autovía, o AVE, unha incineradora de residuos ou calquera tipo de industria contaminante que os veciños das cidades rexeitan e que os oportunistas políticos non dubidan en colocar nestes pequenos lugares pisando os dereitos das minorías e dos que alí resolveron ir a vivir.

Xa o dixemos en mais de unha ocasión, quen produce o lixo é quen o debe xestionar, cada cidade debería tomar as medidas oportunas para reducir, reciclar e reutilizar os refugallos que produce. Levalos para o medio da natureza e pisar os dereitos de quen alí resolveu vivir, non tendo responsabilidade algunha na produción dese lixo, non é lexítimo en modo algún.


A estabilidade dos políticos durante o período de goberno tampouco, sobre todo cando estes políticos non serven aos intereses dos cidadáns e solo atenden as directrices e intereses dos seus partidos. Intereses que normalmente son establecidos polos poderes económicos.

 

AdjuntoTamaño
Coto do Frade Residuos.doc25 KB