joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Maside, unha Vila nun parque industrial. | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Maside, unha Vila nun parque industrial.

Posted in

23-08-2010 - En Maside non van facer un parque industrial, Maside vai ser enterrado nun parque industrial. E non se trata de unha metáfora, tratase dunha realidade tan evidente como que a Vila de Maside ten 10 hectáreas (imaxe ao lado), medidas xenerosamente, mentres que o parque industrial que os seus rexedores teñen proxectado abarca nada menos que 80 hectáreas, ou sexa, oito veces mais que a propia Vila de Maside.


Maside está sendo destruído por todo tipo de obras que en nada o benefician. O enlace co Carballiño, así como a autovía de Santiago, ou o AVE, solo lle serviron a Maside para destruír o seu territorio, ademais, o enlace serve para ir facer as compras ao Carballiño. De maneira que, as compras que antes se facían en Maside, agora fanse no Carballiño e as que se facían en Carballiño, agora fanse en Ourense.


Nada do que se fixo en Maside, como tampouco este parque industrial, é para beneficio dos veciños da Vila. Se alguén estivera pensando nos intereses dos veciños xa tería obrigado ás empresas que hai en Cima de Vila, na Pobanza ou en Negrelle a se mudar para o polígono que ten Maside na Uceira e onde, en lugar de empresas, nas parcelas fixéronse chalés.

Pero non pensan nesas cousas, de feito, agora foi levantada outra nave industrial, en Negrelle, de mais de 1.000 m2 e con tódolos sinais de ser completamente ilegal, pero o concello nada di e semella que nin se enterou, aínda que está ben a vista e incluso a casa do alcalde ten vistas para o lugar.


Maside ten Industriais en A Uceira, nas Barandillas, En Negrelle, En Cima de Vila, e na Pobanza. Ou sexa, urbanísticamente é unha terra sen lei, así que os empresarios non precisan parque industrial porque fan naves onde queren.


Despois de arruinar Maside coas obras que se citaron antes, agora van arruinar o futuro de Maside como Vila residencial e transformala nun San Ciprian de Viñas, ou sexa, unha vila no medio dun inmenso parque industrial, barullento, sucio e contaminante, onde ninguén quere vivir.


O incipiente negocio de venta de casas antigas para restaurar, que se anunciaba na web do Concello, agora non ten mais futuro. Quen comprou, perdeu os cartos e quen aínda non vendeu xa non vai vender porque, a quen lle gusta vivir no medio dun parque industrial vaise para o polígono de San Ciprian de Viñas, o resto da xente, que compra e restaura casas antigas en vilas pequenas, quere paz e sosego, espertar co canto dos paxaros e non co ruído dos camións.


De maneira que, demostrado que este tipo de proxectos non serven aos intereses dos veciños, cabe preguntarse a que intereses serve ou como pretenden xutificálo, xa que alcaldes de tódolos signos, desde Punxín, pasando por Cea, hasta Raríz de Veiga, andan atrás da especulación o os cartos que se moven detrás destes "parques", desproporcinados para as suas vilas.


Nese senso lembramos tamén que, o sur de Galicia, precisa dun lugar para instalar unha incineradora de lixo. O Sr. Baltar xa dixo que hai moitos concellos que o queren, incluso moitos deles do PSOE, pero que non van dicir nada antes das eleccións.


Esta confesión do Presidente da Deputación aparte de amosar claramente o tipo de políticos que temos, que non dubidan en enganar aos veciños para despois traizoalos pasadas as eleccións, tamén nos pode dar unha pista dos intereses que poden estar detrás de un parque, esaxerado hasta o absurdo, que Maside non precisa para nada.


Alguén pode pensar que o problema é que, estes alcaldes do interior, confunden cemento con desenrolo e non entenden que o rural é o rural, o urbano urbano e o industrial industrial.


Pero semella que ese non é o problema e que o asunto é moito mais grave, pois podería tratarse de unha manobra premeditada para colocar no rural o que apesta e non se pode colocar nas cidades, porque alí están mais organizados, mais concienciados e son mais reivindicativos. Nestas pequenas vilas basta con arruinalos primeiro e despois acenarlle cos famosos "postos de traballo". Non falla.


A destrucción de Maside xa foi denunciada pola nosa asociación hai mais de tres anos, cando se proxectaba o famoso enlace coa autovía, agora os feitos dannos a razón.

Prensa:

Ourense Dixital

La Región de Ourense.

Programa, de COPE O Carballiño, sobre o asunto.