joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Cea contra a planta de compost | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Cea contra a planta de compost

Posted in

05-09-2010 - (Actualización) A concentración en Cea contra a planta de compost foi un éxito (Vexa La Voz de Galicia e Faro de Vigo). Chaman a atención os comentarios do sr. alcalde que semella querer amedrentar co "rollo" da "autorización para manifestarse". Sr. Alcalde, NON COMPRE AUTORIZACIÓN, solo comunicar como xa se fixo. E coide os modos, porque na COPE, hai uns días, insinuaba que os cidadáns non tiñan dereito a reclamar documentos e explicacións na alcaldía. Eses tempos xa pasaron hai moito.

04-09-2010 - Sobre as últimas noticias publicadas e a manifestación de hoxe en CEA, ás 19:45, en contra da planta de compost:
A manifestación non precisa ser “autorizada pola delegación do goberno”, como fala algún xornal, solo hai obriga de comunicala e para iso sempre que sexan mais de 20 persoas, se son menos nin fai falta comunicar. De maneira que deberiamos informar correctamente aos veciños por medio dos xornais.

Di o sr. alcalde da Vila que ,a planta de compostaxe, solo é iso “unha planta de maduración e envasado de compost”. Desde logo, xa o sabemos e ese é o problema precisamente, que o compost, mentres madura e seca, emite verquidos de materia orgánica en descomposición (vexan a foto) que feden, atraen moscas, ratas, cocarachas, etc. Así que non se "comprometa" a dimitir si se fai "outra cousa" porque o problema, precisamente, é o que vostede quere facer.

Este tipo de plantas ademais de esixir que sexan construídas adecuadamente para evitar saídas de malos cheiros, a administración debería velar porque teñan unha balsa adecuada para recoller os verquidos de augas contaminantes.


Tamén se debe evitar que estean preto de lugares habitados, sendo a súa situación mais adecuada lugares xa degradados como canteiras abandonadas ou similares que estean lonxe de núcleos urbanos, vivendas, etc. e que os camións de transporte tampouco atravesen Vilas nin outro tipo de lugares habitados.


Coidado con referencias do tipo que se citan hoxe na prensa: “En la misma línea, apunta que 'o ex delegado de Medio Ambiente, Celso Fernández López, informou favorablemente a planta de elaboración de compost en Leiro, igual que o delegado de Sanidade'”. Escusado dicir que pouca ou ningunha garantía representa tal tipo de antecedentes moito menos se temos en consideración o que está acontecendo coa planta de Leiro así como o escaso interese polo medio ambiente que ten demostrado, e segue a demostrar, quen as fai.

Noticias a que nos referimos:

http://www.laregion.es/noticia/131374/valladares/defiende/planta/maduracion/compostaje/

http://www.ourensedixital.com/_novas/10/09/04_05.htm

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/09/04/0003_8706295.htm