joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Punxín – Desfeita ambiental no Río Moure | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Punxín – Desfeita ambiental no Río Moure

Posted in

13-09-2010 - Foi solo gracias a rápida e eficaz intervención da Confederación Hidrográfica, que se evitou unha grave desfeita ambiental en Punxín (Pinche nas imaxes para aumentalas).

Ignoramos se as causas foron debidas a incompetencia ou a outros motivos menos claros, porque supoñemos que, cando se proxectou a reforma do saneamento de Vilamoure e Lamas, debeuse ter en conta que a separación de augas residuais e augas limpas debería ser eficaz. Para eso se proxectou a reforma.

Tamén supoñemos que, na dotación orzamentaria, estaría incluída a adquisición de terreos onde instalar os filtros para sanear as augas do alcantarillado antes de ser vertidas no río.

De maneira que os veciños aínda non se explican como o sr. Alcalde pretendía tolerar, primeiro, que se enterraran os tubos do saneamento no mesmo cauce do río coa finalidade de unir as fosas de Lamas e Vilamoure e así colocar solo un filtro (vexa as fotos ao lado)e despois, colocar os filtros, tanto de Lamas como de Vilamoure, dentro do mesmo cauce do río, en zona asolagada e que no inverno queda coberta pola auga.

Foi a Confederación Hidrográfica, avisada pola nosa organización e polo grupo da oposición, despois de ser alertados polos veciños, quen paralizou os traballos e ordenou a instalación de fosas separadas para cada vila, lonxe do río.

Parecía todo arranxado porque o primeiro filtro, para a vila de Lamas, foi colocado en un lugar seco e a mais de 70 metros do río.

 

A sorpresa foi enorme cando nos avisaron de que, os segundos filtros, tanto de Lamas como de Vilmaoure, pretendían enterralos no mesmo cauce do río e nunha zona alagada, incluso agora, que estamos en pleno verán e o río vai case seco. Pódese ver, nas fotos que seguen, as condicións de asolagamento do lugar e incluso precisaron utilizar unha bomba de achique para retirar a auga, que entraba no lugar, mentres se colocaban as partes do filtro.

Novamente houbo que recorrer á Confederación Hidrográfica que, igual que da vez anterior, actuou con eficacia paralizando uns traballos que, despois de que se fixo a denuncia, verificaron unha aceleración inusitada.

Como se pode ver nas fotos, tratábase de unha auténtica irracionalidade xa que, no primeiro caso, a auga do río entraría nas tubarias e iria se mesturar cos excrementos e augas do alcantarillado.

No caso dos segundos filtros, tanto de Lamas como de Vilamoure, parece evidente que seria un traballo inútil e un desperdicio dos fondos invertidos unha vez que, ao ser colocados en zona asolagada, a auga do río entra neles, e mesturase coas augas do alcantarillado, impedindo que realicen a súa función e contaminando o río.

Resta saber as razóns polas que este segundo incidente aconteceu, tendo en conta que, como é de supoñer, o proxecto da C.H. debeu ser elaborado de maneira que as augas do saneamento e as do río non se mesturen, tendo tamén en conta que o sr. Alcalde acordou cos técnicos da C.H. a colocación dos filtros en lugar adecuado e tendo en conta que o sr. Alcalde debería ter instruído ao contratista, a quen adxudicou outras moitas obras no concello, sobre os lugares adecuados onde instalar os filtros.

Prensa: