joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Revista de Prensa. 14 sep 2010 | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Revista de Prensa. 14 sep 2010

Posted in

14-09-2010 - Revista da prensa de hoxe. A diaro aparecen nos xornais noticias que, por falta de tempo, non poden ser comentadas con detalle. Hoxe facemos breves comentarios de algunha delas. Van de incendios, xabarís, Fragas do Eume e cambio climático


La Xunta admite el abandono del monte pero asegura que no es la causa de los incendios; El director xeral de Montes recuerda que algunos fuegos se inician en zonas productivas:

 Engánase o sr. Dr. Xeral de Montes. Aínda que quen “causa” os lumes sexan os incendiarios e por encima destes os que gañan diñeiro apagando eses lumes, a causa de que se propaguen e pola que tal negocio, e tal delito, son posibles atópase no abandono do monte.
Un monte limpo non arde, non ten combustible que, como o sr. Dr. Xeral de montes sabe é, ademais do comburente ( o osixeno), o outro material necesario para que exista unha combustión.
Os incendiarios sempre poderán prender un lume, pero ese lume vaise deter de seguida cando non atope a abundancia de material combustible que hoxe en día sobra nos montes.
Lembre o sr. Dr. Xeral os tempos en que os trens eran de carbón e caian faíscas no monte. Ardían unha hora e logo se extinguían solos, porque os montes estaban limpos e coidados.


 «Eu xa non podo máis. O ano que ven non penso plantar»; Los habitantes del rural ourensano sufren de forma continua el ataque de los jabalíes en sus campos

Relacionada coa anterior, estamos na mesma. Hai por un lado unha sensibilización xeral no agro sobre o problema dos xabarís e a súa abundancia, así como unha tendencia a esaxerar un problema que de feito ten fundamentos reais.
Pero acontece igual que coa violencia, foi sementada unha psicoses de falta de seguridade na nosa sociedade que en realidade non existe. Por exemplo, para quen viviu e coñece Sur América, falar de violencia en Europa case provoca hilaridade, porque alí si que hai violencia e non o que acontece aquí. Dicir que "o ano que ven  non penso plantar" significa que, para comer, moito moito, non lle compre.
Pero como diciamos o problema existe, e o primeiro que hai que ter en conta é que ese problema foi creado polos mesmos persoeiros que agora din que o van resolver, ou sexa, administración e cazadores (neste caso Federacións de Caza). E creárono na época  en que desapareceron as demais especies, por exceso de caza e por abandono do monte, así que, para ter algo que cazar decidiron introducir os xabarís.
Pero non se preocuparon en darlles de comer nin en compatibilizar a súa existencia coa dos cultivos dos veciños, de maneira que agora eles divírtense cazando e comendo o animal e o agricultor ten que crialos e darlles de comer.
A maneira de remediar o asunto é a limpeza selectiva do monte, a creación de plantacións disuasorias por parte do tecores, o peche de fincas, etc.
Cazadores o ano enteiro no monte dando tiros son un perigo, non unha solución, e a única finalidade cando se propón tal tipo de irracionalidade é beneficiar o negocio da caza e dos “complementos” para tal actividade.

 

Fenosa alega que la línea eléctrica proyectada en las fragas del Eume atraviesa zona de monte bajo y pastos.

Como todo nesta época en que vivimos é relativo, hoxe invádese un pequeno anaco dunha zona protexida, maña un pouco mais porque xa está ocupado por esta liña de alta tensión de maneira que, pouco a pouco e antepoñendo os intereses económicos aos ecolóxicos vaise destruíndo outro espazo mais.
Estamos cansos de ver como o cemento cada dia invade mais a natureza, mentres que, a opción inversa, non se da nunca.
A isto chamase crecemento económico e pouco a pouco vai comer todo o espazo natural que resta.

 

 Un científico cree que cuando la tierra se caliente 5 grados el mundo cambiará.
James Lovelock afirma que habrá "un futuro muy difícil que hará que en algunas zonas de la tierra sea imposible vivir"

Causa estupor comprobar como estamos sendo envelenados polos que queren gañar cartos a costa do medio ambiente, como camiñamos para un mundo onde non vai ser posible vivir e no entanto estamos todos calados.
O sistema está aplicando unha vella táctica para que algo evidente se torne invisible. A estratexia consiste en falar tódolos días do asunto, incluso se crean os ministerios e comisións “para o cambio climático”, como se fora algo inevitable, ocasionado pola propia natureza e non pola man do home, e como se a única solución fora administrar o problema e non  atallalo.
En lugar de obrigar a quen contamina a que deteña o enorme crime que está levando a cabo contra un patrimonio común da humanidade para gañar cartos, vemos como, pola contra, a eses non lles tocan e van inventando organismos dos que viven algúns políticos mais e que dan a impresión de que se está facendo algo cando non se está facendo nada e se segue a permitir que os amos do diñeiro, e dos políticos, impoñan os seus intereses aos do resto da humanidade e dos seres vivos que quedan na terra.
O raro e que a humanidade siga calada e consentindo a desfeita. Cando queriamos espertar vai ser tarde demais. O úncio antecedente que se coñece de inacción da sociedade diante de un perigo inminente e grave que se vía chegar, foi na época da segunda guerra mundial, cando todos calaron diante do avance do nazismo.

Pasou o que pasou, moito menos se comparado co que vai pasar desta.