Skip to main content

REINCIDINDO NO ¿ERRO?

Posted in

Atasco en VigoSorprendentes (relativamente) as manifestacións da Conselleira de Politica Territorial Mª Xosé Caride nas que pon de manifesto os proyectos de construir mais autopistas en Vigo. Namentras os mortos nas estradas continúan.

Unha cidade xá completamente artificializada e inundada polos coches, con os seus arredores destruídos por autovías, suxeira e contaminación, pero que non se fala , como piroridade absoluta, de construir trens de proximidades para retirar parte dese tráfico.

Sería como mínimo aconsellable facer unha inquisa entre os moradores e traballadores da cidade e bisbarra, para verificar o cansanzo que exite con os problemas do tráfico para acudir ó traballo a diario, e a inseguridade e oposición dos veciños de Mos, Puxeiros, etc. á construcción de mais autovías que destroen o seu paisaxe e merman a súa calidade de vida.

Os arredores de Vigo vense, ó día de hoxe, completamente destruídos no que á natureza se refere, tendo sido construidas autovías que rodean toda a cidade e acabaron con o que de natural había nas súas aforas, tornado-o completamente hostil e mortífero para a fauna, que casi desapareceu do seu entorno.

A diario animais domésticos que se desorientan, e alguns da pouca fauna silvestre que queda, poden ser vistos vagando asustados por esa maraña mortal, que son estas autovías completamente anegadas de tráfico, e nas que, mais cedo ou mais tarde, morrerán atropelalos.

Está clara a completa indiferenza por resolver os problemas de transporte dos cidadáns e trraballadores de Vigo, Pontevedra, Porriño, Redondela, Cangas, etc. de modo racional, e a impasibilidade con o número de mortos na estrada que segue a medrar.

Aquí o asunto é continuar a gastar diñeiro en "infraestructuras". Como din os vellos "cambiarás de muiñeiro pero non cambiarás de ladrón" .

Lea AQUÍ impresionante artigo sobre o asunto.