ACTUALIZACIÓN 18 outubro: Estamos a verificar o "interese" do pobo no asunto. Todos queren o AVE o mais lonxe posible. Eso ten duas consecuencias: 1) Se fora cousa boa todos o quererían perto. 2) En lugar de debatir a necesidade ou non desta obra inútil, está a se discutir o trazado "sur" ou "norte", ¡moi maquiavélico!. O sur molesta ás persoas e o norte destróe mais medio natural...
Temos os planos 1:5000 sobre foto aérea do trazado Ourense Vigo, dos que adxuntamos unha mostra (3463 hasta 3467 de Carballiño Sur e 3474 hasta 3477 do Carballiño Norte), para quen os precise (vexa aquí os planos do trazado completo).
No arquivo adxunto tamén vai o escrito de alegacións que presentaremos, ás que calquera pode engadir as súas alegacións e presentalo na subdelegación do goberno ou no seu Concello, ou ben, facer e presentar o seu propio escrito.
O último día é o sábado 27 . Hai que saber que o orixinal dos planos están nos Concellos así como informes de impacto ambiental, etc. Hai que destacar que, en algún lugar, están a dar poucas facilidades para conseguir copias .
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Alegacións ao AVE.doc | 25.5 KB |
IMG_3463.JPG | 365.03 KB |
IMG_3464.JPG | 413.8 KB |
IMG_3465.JPG | 423.66 KB |
IMG_3466.JPG | 396.71 KB |
IMG_3467.JPG | 404.11 KB |
IMG_3474.JPG | 971.99 KB |
IMG_3475.JPG | 993.23 KB |
IMG_3476.JPG | 1.03 MB |
IMG_3477.JPG | 1 MB |
- Inicie sesión para enviar comentarios