Skip to main content

PUDO SER UNHA MASACRE

Posted in

mozas coraxosas12-01-2008 - Puideron cometer unha desfeita, a pesar de que non se detectaron moitos raposos, porque o sistema de acoso e moi eficaz e o terreo totalmente favorable ó cazador e mortal para a fauna. (algunhas das fotos, aínda que non moi boas, dan unha idea).
Non se convocou a membros de outros grupos aínda que a coraxosa Marga, de Verdegaia, saiu ás sete da mañá vindo dende Vigo, para estar no lugar de encontro.

Dato do día: As mulleres dobraron en número ós homes.
Non había información e os organizadores, como dixemos, sixilo total, que no final non lles valeu de nada. Pero non queríamos mobilizar ós grupos nin dar traballo a outros profesionais que habían ter mais o que facer e, se cadra, perdían o día. (Prensa de hoxe 1, dous , tres . VieirosMais novas)


Como era cuestión de prurito, arriscamos e fomos alá. Ás oito xa estabamos esperando que a “peza” saíra da “madrigueira”, eso si, botabamos de menos os cafés quentes que eles estaban tomando mentres nós fregabamos as mans dentro do coche, apagado por discreción, para quentalas.
Pero era a única maneira de que,entre poucos (catro grupos), puideramos acadar o máximo de eficacia. Saír con eles e non ter que os andar buscando.


Saímos canda eles e solo se decataron cando aparcaban no monte e sacaban de pan e chourizo para “preparar” as forzas de cara á mañá que nos agardaba. "¡Bos días!", da nosa parte "¡bos dias!" de parte deles, un irónico ¿queredes un pouco de pan? non graciñas, comedeo vos. Esperamos a que remataran e alá nos fomos a facerlles compaña.


De entrada logo se viu que a tarefa non era doada, terreo moi plano e despexado, o que implicaba liña de tiro moi longa (case un quilometro entre oitos tiradores) e moita visibilidade. Malo para o raposo e malo para nós. Bo para eles, cubrían unha grande área con pouca xente, en terreo mais pechado teñen que ir mais xuntos. Houbera sido preciso un de nós para cada tirador. De feito, os raposos que mataron foron á vista nosa, pero a unha distancia de mais de cen metros, cando o raposo fuxía do noso “acompañante”, a o que lle cantabamos diversas “melodías”, e acabou meténdose no alcance do seguinte.

 

Os membros desta cuadrilla destilaban profisonalidade, non só se adiviñaba na táctica como no equipamento e preparación da matanza. Estaban perfectamente coordinados e comunicábanse por medio de emisoras portátiles, adiviñábase claramente a experiencia e compenetración dos menbros do grupo en moitas outras "fazañas" anteriores. Un grupo cohesionado e ben entendido que uitilizaba, incluso, un vehículo para desprazarse a postos mais avanzados e cans ben entrenados nestas lides. Está claro que en calquera disciplina nova que xurde, sexa ésta a informática ou os bailes de salón, acaban aparecendo verdadeiros especialistas. Un abuso de poder fronte ós limitados recursos do raposo: As súas pernas.

 

A batida efectúase de maneira sistemática e barrendo todo o territorio adeito. Sen deixar recuncho algún sen verificar, sexa por parte dos cans ou por parte dos cazadores. As zonas van sendo exploradas de maneira contínua e procurando que non quede nada para trás. Unha técnica de caza sistemática, eficaz e depredadora. Os raposos que se viron eran os que había, nin mais nin menos, aproximadamente tres ou catro en case dous quilómetros cadrados. Os outros doce que debería haber segundo certos "plans cinexéticos", desta vez tampouco se viron.

 

É nestes acontecementos onde botamos en falta que as autoridades de Medio Ambiente non destaquen algún especialista, biólogo ou incluso guarda forestal (había un todo terreo de M.Ambiente "deixándose ver" a o lonxe), para que comprobe o verdadeiro estado da nosa fauna autóctona e dispoña de datos propios, en lugar de emitir opinións e sentenzas basadas únicamente nos datos, nada precisos, que lles aportan os tecores.

 

Non foi visto ningún outro tipo de fauna, nin perdices, codornices, lebres, coellos...¡nada!. Sabemos que hai xabrís pero porque os intereses da caza os promoveron e o abandono do campo fixo con que proliferasen, o cual non demostra nada sobre o resto de fauna que debería haber no monte. Pola contra, estes animais, consecuencia da influencia do home na natureza, depredan os ovos e crias de outras especies xa escasas por falta de alimento e abusos da caza.

 

O animal que vimos caer, un macho magnífico, de uns doce quilos de peso, sano e que sen dúvida vai deixar un lugar baleiro no ecosistema que será ocupado, con moita probabilidade, por outro mais débil e incluso doente que, se non fora a intervención do home, tal vez non tería posibilidades fronte a este espléndido exemplar que houbera dado una descendencia forte e herdeira da experiencia que, a este, lle permitiu sobrevivir á falta de recursos nos campos, baleiros de diversidade e sobrados de monocultivo, de Xinzo da Limia.


Moito lixo no monte, un “museo” de cartuchos usados que alguén deixou durante a tempada de caza que rematou o día 6. Casi todos do número 7 hasta o 10 (mais munición e mais miúda) propia para cazar aves e con os que, de seguro, exterminaron en outubro, as poucas perdices mansas que costuman soltar en setembro.

 

Estivemos ata as 13:00 e, como había quen tiña cousas para facer e a fame era grande, non fixemos mais actos, mesmo porque tampouco levamos o material para tal cousa.

Seguramente non vai faltar ocasión.

Valoración do día: Excelente. Todas as cuadrillas foron neutralizadas ainda que, tal vez, houbera outra mais que se quedara rezagada tras a nosa saída. Raposos mortos, debido ás circunstancias que explicamos, tres. As outras cuadrillas (tres), con as que estiveron con os demais grupos, non mataron nada.

 

Por certo e sobre as novas na prensa. Dicen agora os directivos da Federación Galega de Caza que, os raposos abatidos, "aproveitanse para peletería e investigación". Á peletería non lles valen as peles furadas por perdigóns. Canto á investigación, ahí vai o que investigamos sobre o que, estes mesmos persoeiros, lle dicían ó Faro de Vigo o día da matanza, hai case un ano, no Carballiño:

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2907&pIdSeccion=8&pIdNoticia=118628

Faro de Vigo Lunes 19 de febrero de 2007

"Después de algo más de una hora de concentración, y cuando el equipo de veterinarios estaba a punto de concluir la comprobación de cada uno de los zorros que hasta la zona habilitada habían sido trasladados por los cazadores, y que según los organizadores del evento se entregarán a una empresa especializada en este tipo de residuos, al no ser destinados a su consumo ni a peletería, los ecologistas se fueron retirando, y la tranquilidad retornó al lugar".

Reiteramos o que xa dixemos no seu día, estes animais non valen para nada, é matar por matar:

¡¡VAN PRO LIXO!!

Se, como dicen dende Medio Ambiente "teñen diereito a facer campionatos", que os fagan de tiro ó branco, de tiro ó prato u á hélice, pero que se deixen de intentar xutificar estas matanzas.

AdjuntoTamaño
Voz A 12 - 1 - 08.doc41 KB
Voz B 12 - 1- 08.doc53 KB
Voz C 12-1-08.doc40 KB
Novas na prensa.doc44 KB