Skip to main content

DIA 20 EN MONFORTE

Posted in

21-01-2008 - O Sábado estivemos en Monforte de Lemos. Era o "Campionato Galego de Caza de Raposo" seica participaban 16 cuadrillas (160 escopeteiros) non sabemos a desfeita que cometeron porque non fomos ó monte, había neboeiro e avisamos á Garda Civil do feito para que comprobaran si se suspendera ou non.

Tamén fixemos unha denunica porque, na Garda Civil, informaronos de que non había comunicación oficial (como e obrigado pola normativa de caza), por parte dos organizadores da matanza á Garda Civil, dicindo que se iba realizar a cazata. Tamén teñen a obriga de informar ós Tecores limítrofes. Imaxinamos o pior.

Canto ós viandantes e frecuentadores do monte, saíron a pasear sen saber nada dos tiroteos. Agochan todo e están pondo en perigo á xente.

Estivemos na rúa do Cardenal repartindo información e alertando ós paseantes de como unha empresa privada e mais a Federación Galega de Caza, están a se aproveitar dos "cazadores/deportistas" para gañar moitos cartos, así como dos Tecores onde cometen a desfeita e, sobre todo, dos donos das fincas que non ven un can pero danlle de comer á fauna que, eses "deportistas", depois levan para as súas "paparotas".

Saiu unha noticia curiosa dicindo que hai unha "explosión" de fauna silvestre en Galicia. Claro que lendo a letra miúda o que hai son xabrís e corzos. Fauna que os escopeteiros soltan para depois poder divertirse matandoa, que os labregos alimentan con suas colleitas e que o abandono do rural fai que prolifere. Pero o que son coellos, lebres, perdices, pombos, etc. o que se di fauna autóctona e diversa non hai nada de nada.

Que pregunten en Xinzo, onde non vimos en catro horas no monte nin unha perdiz. Moito menos coellos e lebres. E se non hai de eso en Xinzo, o que estará pasando noutros lugares ten que ser de medo.

 

As fotos son de MARGA de Verdegaia. ¡Gracias Marga!