Skip to main content

AS PROBAS DO EXTERMINIO ( III )

Posted in

Xa o viñamos denunciando nos artigos "As probas do exterminio" (I) e (II): Os censos de fauna estan sendo manipulados nos Plans de Aproveitamento Cinexético que presentan os Tecores.

Hoxe, "ADEGA" e "Matar por Matar NON" ,realizamos unha rolda de prensa, en Santiago, onde amosamos as barbaridades que se están a certificar neses "Plans", para poder seguir matando uns animais que non hai. Os detalles neste comunicado conxunto.

Conteñen datos tan curiosos como afirmar que, en unha mañá, seis "ojeadores" son capaces de "avistar" 36 xabarís en Un Tecor de Ourense, ou 58 en un de Lugo.

Que, en unha hora, vexan 25 coellos e perdices Á NOITE, cando se supon que as perdices, no caso de que as houbera, estarian recollidas dende hai tempo, igual que as galiñas.

Ademais de afirmar que viron esa cantidade imposible de animias, ainda se dan ó luxo de extrapolar ó resto da superfície dese tecor os datos que, segundo eles, recolleron nese lugar. Ou sexa ,se ven dous coellos nun monte de 1 hectárea, xa multiplican ese número de coellos polas hectáreas que ten o tecor. Alucinante. Se atopan con unha granxa van deducir que o resto da provincia ten a mesma densidade de animais...

Sospeitosamente, hai "plans" de diferentes tecores que conteñen os mesmos erros de texto. Unha orxía de despropósitos que veñen acontecendo, impunemente, dende hai anos.

O dito, faise así para poder seguir indo ó monte a dar tiros. Se poñen a realidade, habería que suspender a caza, porque non hai nada. Eles mismo o din e, de feito, teñen que botar perdices e coellos mansos no monte un par de días antes da caza, para ter algo que matar.

Levamos o traballo de pedir estes "Plans" a Medio Ambiente, repasálos, comprobar os datos fantásticos que conteñen, facer recorridos no monte para contrastálos, etc. Agora estamos a nos preguntar a razón de que, os responsables de verificar estes estudos, non se teñan decatado do absurdo dos datos que conteñen.

Acabáronse as xustificativas de que "hai moitos raposos e hai que controlálos" para facer campionatos. As que din que "hai que cumplir os cupos que nos impon Medio Ambiente" porque son imposibles de cumplir xa que ese número de animais non existe. As de que "cazouse unha ínfima parte dos raposos que hai" porque non os hai e os datos están manipulados.

Vamos continuar a esixir que se fiscalicen estas actuacións inmorais, que están a rematar con a fauna da nosa terra,solo para manter funcionando o negocio da caza e dos campionatos de matar animais con argumentos falsos. Iremos a onde faga falta e queremos que, quen ten a obriga, faga o seu traballo e rematen as complicidades que puidera haber con esta manipulación.

 

Vexa a repercusión na prensa.

AdjuntoTamaño
Manipulacion censos-1.doc141 KB
Prensa censos.doc26.5 KB